2010-2011
ANIMACIÓN LECTORA
NA BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO ESTANSE A DESENVOLVER DISTINTAS SESIÓNS DE ANIMACIÓN Á LECTURA DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS DOS NOSOS ALUMNOS.
DESTA VOLTA, DANIEL QUIXO ABRIR A SÚA BIBLIOTECA ÓS PRIMEIROS RESPONSABLES DA INTRODUCIÓN DOS NOSOS PEQUENOS NO MUNDO LECTOR.
DANIEL SÁBECHE MOI BEN O QUE FAI...!
ver
Memoria de Relixión Católica . Curso 2010- 2011
Ao longo deste curso na asignatura de Relixión Católica traballamos un montón e aprendimos moitas cousas, por iso querémosvos mostrar un resumen do noso traballo.
Aprendimos moitas cousas sobre Deus e Xesús, sobre os valores cristiáns e sobre a Igrexa traballando cos nosos libros de fichas:
Tamén aprendimos cousas sobre a Biblia, lendo e xogando cos libros das historias da Biblia:
Fixemos debuxos dos Reis Magos, de procesións, ou sobre a nosa familia...e cando rematabamos o traballo a profe deixábanos debuxar o que nos quixéramos, pero moitos días preferíamos xogar un pouquiño, por iso non fixemoa moitos debuxos:
Tamén traballamos co ordenador e ca pizarra dixital, ben para ver ou facer actividades no portal educativo do CRA, como cando fixemos un intercambio de tarxetas para conmemorar o Día da Paz, ou ben para aprender xogando cos CD-Rom interactivos de "Historias de la Biblia" que a profe Celia nos leva as escolas:
E despois fixemos "cousiñas" para levar para a casa. Polo Nadal fixemos uns adornos para colgar na árbore, que vos mostramos a continuación:
Cando estudiamos o Sacramento do Bautismo deseñamos a nosa propia Cuncha Bautismal:
E os compañeiros de primaria fixeron unhas bonitas "Flores da Amizade", que supoñemos xa vístedes:
Bueno pois todo isto fixemos en Relixión, agora solo queda desexarvos a todos unhas felices vacacións, todo o mundo a descansar e a recargar pilas para iniciar o próximo curso cheos de ilusión i enerxía. Moitos , moitos bicos de todos os nenos e nenas de Relixión, vémonos en setembro ¡ata o curso que ven!
- APIs de Blogue
EDUCACIÓN VIAL EN PAZO
XOSÉ, UN DOS POLICÍAS LOCAIS DO NOSO CONCELLO
VEU Á NOSA ESCOLA A DARNOS UNHA INTERESANTE CHARLA
SOBRE EDUCACIÓN VIAL.
RECORDOUNOS ALGUNAS COUSIÑAS QUE OS MAIORES XA SABÍAMOS,
PERO ERAN NOVIDADE PARA OS MÁIS PEQUENOS
( POR ONDE TEMOS QUE IR ANDANDO, OS PERIGOS DE XOGAR CERCA DA
ESTRADA, COMO IR NOS COCHES E NOS AUTOBUSES,....).
LOGO PÚXONOS UN VIDEO QUE NOS GUSTOU MOITO,
XA QUE ADEMÁIS DE INTERESANTE ERA DIVERTIDO.
PERO DE TODO, O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI QUE
ALGUNHAS MAMÁS, AVOS, PRIMAS E IRMÁS VIÑERON A CHARLA.
A VER SE A PRÓXIMA VEZ SOMOS MÁIS!
- APIs de Blogue
LIDIA CONVIDOUNOS A MARMELADA
LIDIA FIXO COA SÚA AVOA MARMELADA DE MAZÁ
E TROUXOA Á ESCOLA PARA QUE A PROBÁRAMOS....
E PROBÁMOLA. E ESTABA TAN E TAN BOA QUE
CANDO CHEGOU
A CÁMARA DE FOTOS XA NON QUEDABA NADA.
COMO NOS GUSTOU, LIDIA!
MOITAS GRAZAS
- APIs de Blogue
FESTA DE ZUMES EN PAZO
ESTES DÍAS PABLO TROUXO A PAZO DOUS APARELLOS,
UN DELES ÉRANOS COÑECIDO, O OUTRO NON TANTO.
CHÁMANSE ESPREMEDOR E LICUADORA.
O QUE DESCUBRIMOS É QUE OS DOUS SERVEN PARA FACER
RIQUÍSIMOS ZUMES.
FIXEMOS ZUMES DE LARANXA, MAZÁ, PLÁTANO E CENORIA
E,...QUE BOS ESTABAN!!!
- APIs de Blogue
NON CALES A BOCA / NON PARES OS PES / FALA A TÚA LINGUA / A LINGUA QUE TES
cha cha cha
merengue
rap
- APIs de Blogue
RIANXO E AGUIÑO
O venres recibimos na escola de Outeiro uns invitados especiais, os nenos e as nenas de Aguiño que viñeron a pasar connosco unha xornada de confraternidade.
Interesáronse polo proxecto do universo e tamén polo material para xogar no patio que lles pareceu "un bosque encantado".
Troxeron galletas para compartir. Que por certo, estaban boíiiiiiiiiisimas.
E nos levámolos a coñecer o río Te.
- APIs de Blogue
COÑECEMOS UN NOVO DEPORTE
COMEZAMOS O MES DE XUÑO CUNHA TOMA DE CONTACTO CUN NOVO DEPORTE ACUÁTICO: O PIRAGÜISMO.
A IDEA INICIAL ERA VOGAR POLO ULLA E FACER UN ROTEIRO POLA SÚA MARXE, PERO NON NOS FOI POSIBLE POLO ESTADO DO RÍO, ENTÓN ACOLLÉMONOS AO PLAN B: PROBAR NA LAGOA ARTIFICIAL DE CAMPAÑA - VALGA.
O RESULTADO FOI FANTÁSTICO.
VELAQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA DESTA PRIMEIRA XORNADA QUE AGARDAMOS TEÑA CONTINUACIÓN EN ANOS VINDEIROS:
COMEZAMOS CUN PEQUENO PASEO ARREDOR DA LAGOA, ONDE HAI PLANTADAS MOITAS ÁRBORES DE DISTINTAS ESPECIES.
MANUEL EXPLICOUNOS A ORIXE E HISTORIA E DEUNOS UNHAS NOCIÓNS BÁSICAS DESTE DEPORTE.
E PREPARADOS, LISTOS, XA!!
ALGÚNS TIVERON DIFICULTADES.
PERO A MAIORÍA DESENVOLVEUSE MOI BEN:
HOUBO INCLUSO QUEN SE ATREVEU A REMAR SOA, QUE VALENTE!!
E COMO TODO O BO TEN UN FINAL, TIVEMOS QUE DESEMBARCAR
REMATAMOS A XORNADA CUNHA MERENDA SAUDABLE PARA RECUPERAR ENERXÍAS
MOITAS GRAZAS AOS MONITORES: DANI, IRIA, MARÍA E MANUEL DO CLUBE DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA POLOS BOS MOMENTOS QUE NOS FIXERON PASAR.
O PRÓXIMO CURSO REPETIMOS!
- APIs de Blogue
PRACTICANDO PIRAGÜISMO
O MÉRCORES OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA
TIVEMOS UNHA EXPERIENCIA MOI DIVERTIDA
FOMOS FACER PIRAGÜISMO.
A MAIORÍA DE NOS, PASÁMOLO ESTUPENDAMENTE!
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »