2010-2011

CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS

OUTRO ANO MÁIS CELEBRAMOS EN CAMPO MANEIRO A XORNADA DAS LETRAS GALEGAS.

VELAQUÍ UNHAS IMAXES DAS CARREIRAS, DESDE OS MÁIS PEQUENOS ATA OS MAIORES, TODOS SE EMPREGARON BEN A FONDO E MERECERON AS MEDALLAS E DIPLOMAS, ADEMÁIS DA ESTUPENDA MERENDA QUE NOS PREPARARON AS FAMILIAS.

                              PREPARADOS, LISTOS,... XA!

 

 

 

        POR CERTO, QUE CADA ANO AUMENTA O NÚMERO DE ADULTOS PARTICIPANTES. 

                  VIVA A XENTE DEPORTISTA!

XIRIMBAO

OLA, SON RODRIGO.

HOXE QUERO FALARVOS DO XIRIMBAO ( PONTEVEA, TEO )

MOITOS O COÑECEREDES POLA SÚA PONTE COLGANTE, PERO EU QUERO AMOSARVOS ADEMÁIS ALGO QUE NOS PARECEU MOI INTERESANTE: O DISPOSITIVO DE FRANQUEO PISCÍCOLA, OU ESCALA DE PEIXES, QUE HAI NESTA ZONA DO RÍO ULLA.

A PRESA QUE VEDES ÁS MIÑAS COSTAS IMPÍDELLE OU DIFICULTALLE ÓS PEIXES SUBIR RÍO ARRIBA, MESMO ÓS QUE ESTÁN CAPACITADOS PARA DAR BÓS SALTOS, COMO OS SALMÓNS.

PARA FACILITARLLE OS DESPRAZAMENTOS ÁS ANGUÍAS, LAMPREAS, TROITAS, REOS E SALMÓNS QUE HAI NESTE RÍO CONSTRUÍUSE UNHA ESPECIE DE LABIRINTO. É O DISPOSITIVO DE FRANQUEO. A AUGA SAE DA ESCALA CREANDO UNHA CORRENTE QUE ATRAE ÓS PEIXES. ESTES MÉTENSE POLA ENTRADA, OU CHAMADA, E NUN PLIS PLAS ESTÁN RÍO ARRIBA E A PRESA QUEDOULLE DETRÁS!!


CRÍAS DE ÁGUIA IMPERIAL

NO PARQUE NACIONAL DE CABAÑEROS ( CASTELA- A MANCHA), ACABAN DE NACER TRES CRÍAS DE ÁGUIA IMPERIAL.
SE PICAS NESTE ENLACE PODERÁS CONECTAR CUNHA WEBCAM QUE AMOSA AS IMAXES EN DIRECTO DO NIÑO

http://82.98.163.12/aguilaimperial/webcamcabaneros.php

MUÍÑOS DE BAROSA

  PAULA FOI, COA SÚA FAMILIA, VISITAR ÓS MUÍÑOS DO RÍO BAROSA, EN BARRO, E PARA QUE VEXAMOS O FERMOSO QUE É O LUGAR ACHÉGANOS ESTA PRESENTACIÓN

FONTE DA BURGA

OLA, SON PAULA.
QUÉROVOS AMOSAR A FONTE DA BURGA, EN CALDAS DE REIS.
FOI CONSTRUÍDA NO ANO 1881, TEN XA 130 ANOS, PERO NON É ESPECIAL POLOS SEUS ANOS, SENÓN PORQUE É UNHA FONTE TERMAL:
DESTES DOUS CANOS QUE AQUÍ VEDES SAE AUGA QUENTE DO INTERIOR DA TERRA.
SAE A UNHA TEMPERATURA ENTRE 40 E 48º CENTÍGRADOS.
ESTÁ MOI QUENTIÑA!
SEINO BEN EU PORQUE METÍN NA AUGA OS PÉS !!



O AGASALLO DE LUCAS E LIDIA

LIDIA E LUCAS FORON DE VACACIÓNS A CADIZ NA SEMANA SANTA. PASÁRONNO MOI BEN, E.....ACORDÁRONSE DE TODOS NOS.


TROUXÉRONNOS UN AGASALLO EN FORMA DE DOCE, "ALFAJORES". OS ALFAJORES SON UNS DOCES DE AMÉNDOAS E AVELÁS MOI TÍPICOS DE MEDINA SIDONIA. A NÓS GUSTÁRONNOS MOITO.


 



 


    MOITAS GRAZAS, AMIGOS


 

XOGOS TRADICIONAIS

POR CORTESÍA DE DEPORTE GALEGO DA XUNTA DE GALICIA, DISFRUTAMOS ESTA SEMANA DUNHA HUCHA CON XOGOS TRADICIONAIS.


COMO A HUCHA É MOI GRANDE E NON CABE NO MALETEIRO HOUBO QUE SELECCIONAR O MATERIAL.


LEVAMOS O XOGO DA CHAVE, OS AROS E OS BAILARETES OU BAILARICOS.


           


           


           


           


           


           


FIXÁDEVOS QUE HAI DISTINTOS TIPOS DE CHAVES SEGUNDO A COMARCA NA QUE SE XOGABA:  CHAVE DE OURENSE, CHAVE DE FERROL E DE SANTIAGO.


QUE BEN O PASABAN OS NOSOS AVÓS, BISAVÓS...!   E CANTO PODEMOS APRENDER DELES!!


 

VOUTE AMAR

PAPÁS, MAMÁS, AVÓS, AVOAS, FILLOS E FILLAS, NETOS E NETAS...

 AMOR PARA A TODA A VIDA


AGASALLO DE DANIEL

DANIEL VEN DE DEIXARNOS ESTES DÍAS NA SÚA BIBLIOTECA, NA NOSA BIBLIOTECA, UN AGASALLO PARA CADA ESCOLA.

GUSTOUNOS REENCONTRARNOS, Ó ABRIR O PAQUETE, CON "LA FÁBRICA DE NUBES" E " CHOVE NOS VERSOS"
.
GUSTOUNOS DESCUBRIR TAMÉN " O MAGO GOMA".
POIS SI QUE É UN AGASALLO BEN AXEITADO PARA ESTE MES DAS LETRAS...!

GRAZAS, DANIEL!!!

RÁS NO PAZO DO TAMBRE

OLA,SON RODRIGO.

ESTIVEN NO PAZO DO TAMBRE COS MEUS PAIS E A VERDADE É QUE O PASEI MOI BEN. SE AINDA NON O VÍSTEDES, ANÍMOVOS A QUE O FAGADES PORQUE PAGA A PENA VIR.

ESTÁ EN PONTE NAFONSO, Ó FONDO DA RÍA DE NOIA, ONDE DESEMBOCA O RÍO TAMBRE.

 TEN UNS XARDÍNS MOI GRANDES E O ESPAZO PARA CORRER ESTÁ GARANTIDO.

A MEDIDA QUE ÍA ENTRANDO, ESCOITÁBASE O CROAR DAS RÁS, HABÍA MOITAS:

UNHAS ENRIBA DE FOLLAS, OUTRAS NADANDO, UNHAS PEQUENIÑAS…

SÓ ESCOITARA UNHA VEZ O CROAR DUNHA RÁ E AQUÍ O ÚNICO QUE SE OÍA ERA "CROÁ,CROÁ” TODO O TEMPO !!!

HAI CABALOS E ATA ME QUERÍAN SUBIR A UN PERO EU DIXENLLE QUE PREFERÍA SUBIR ÓS DE MENTIRA QUE TAMÉN HABÍA.

ANIMÁDEVOS A IR,  QUE VOS IDES DIVERTIR!!!


Distribuir contido