2010-2011
AS ARQUETAS
OLA,SON NEREA.
SABEDES
O QUE SON AS ARQUETAS?.
POIS ESTES DEPÓSITOS DE AUGA
PROCEDENTE DAS FONTES E QUE
ABASTECEN AS CASAS DAS ALDEAS.
CADA VECIÑO TEN A SÚA.
NO INVERNO ESTÁN MOI CHEOS, PERO
NO VERÁN A AUGA QUE CHEGA
É POUCA.
- APIs de Blogue
OS LITROS
Os nen@s de Rañó estivemos investigando cantos vasos de auga tiñamos que beber ao día. Para iso empregamos unha botella de 1 e 2 litros. Investigamos como verdadeiros científic@s, facendo as nosas hipóteses previas e apuntando os resultados nas nosas folliñas de científicos/as. E vaia sorpresas levamos! Como queremos aforrar auga, decidimos empregar a auga utilizada para o experimento, lavando con ela as mans antes de merendar.
- APIs de Blogue
O noso xardín segue florecendo!
xe estivemos traballando un pouquiño máis no noso xardín, arrancando as malas herbas e aproveitándoas para o noso compós. A mamá de Samuel tróuxonos tres árbores (nogueira, carballo e castaño) para que plantáramos no patio, xa que nos días de sol pasamos moito calor. Aprendimos como prantar unha árbore: facer o burato profundo empapándoo en auga, orientar a árbore, colocar as raíces, non movela a lo menos ata pasares 3 días... GRACIÑAS ALICIA!
Tamén agradecer a colaboración de todas as nais implicadas no coidado do xardín: grazas por axudarnos a limpar e abonar o terreo, prantar, polas flores e remolachas e, por suposto, por estar pendentes dos coidados diarios que esta bonita labor require. A todas vós, GRAZAS.
- APIs de Blogue
AGASALLOS
AO REMATAR O OBRADOIRO DE PROBADORES RECIBIMOS UN ESTUPENDO AGASALLO, VELAQUÍ:
ABUIN
CAPELA INF.
CAPELA PRIMARIA
CRUCEIRO A
CRUCEIRO B
PAZO INF.
PAZO PRIMARIA
CUVIDE
QUINTÁNS
RAÑÓ
VACARIZA
OS CADERNOS QUE APARECEN NALGUNHAS FOTOS SON O COMPROMISO QUE ADOPTAMOS PARA CONTINUAR PROBANDO NOVOS ALIMENTOS NA CASA.
ÁNIMO PARA TODOS!!
- APIs de Blogue
PROBADORES
A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS UNHAS FOTOS REPRESENTATIVAS DA ACTIVIDADE PROBADORES DE ALIMENTOS, LEVADA A CABO AO FINALIZAR A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE.
NESTE CASO ATREVÉMONOS A PROBAR A REMOLACHA CULTIVADA NA HORTA DE JOSE.
A ALGÚNS GUSTOULLE MOITO E REPETIRON, A OUTROS NON TANTO.
EN TODO CASO, FIXÁDEVOS COMO NOS QUEDOU A LINGUA!!
- APIs de Blogue
FERVENZA DO TOXA
Raúl e a súa familia convídannos a visitar a fervenza do río Toxa, en Silleda.
E, para que nos animemos, envíannos unha fermosa presentación...
- APIs de Blogue
DESPPRAZAMENTOS E SALTOS
ESTES DÍAS NAS ESCOLAS DESPRAZÁMONOS E SALTAMOS.
PROBAMOS A SALTAR Á CORDA
E DESPRAZÁMONOS SOBRE RODAS
- APIs de Blogue
PARABÉNS MAMÁ!
Hoxe, 1 de Maio, queremos felicitar a todas as mamás do mundo e especialmente ás nosas. Para elas fixemos, con moito agarimo, estes abanos tan bonitos:
FELIZ DÍA DA NAI!!!
- APIs de Blogue
IMONOS FACENDO MAIORES
Este venres festexamos os aniversarios do mes: Kevin xa ten 8 anos, Noelia Fernández 7 e Laura 6.
A festa foi especial,pois como o tempo o permitiu festexamos o primeiro "picnic"-aniversario do curso.
Os biscoitos feitos polas súas mamás estaban boísimos.
Pasámolo moi ben!!!
Parabéns chic@s!!!
- APIs de Blogue
VISITA DOS BOMBEIROS
O Mércores 13 de Abril tivemos unha visita moi especial: os bombeiros viñeron á escola!!!
Foi unha charla moi interesante na que aprendemos como actuar ante un incendio:
Se se pode, sairemos en orde, con tranquilidade, escoitando as indicacións dos adultos e sen coller peso. |
Chamaremos ao 112 para que veñan os bombeiros:
Cando cheguen apagarán o lume:
Pasámolo moi ben e quedounos todo moi claro, aínda que...
esperamos non telo que poñer en práctica!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »