2010-2011

GRANXA ESCOLA

0 24 DE MAIO TÓDALAS ESCOLAS DO CRA REALIZAMOS UNHA EXCURSIÓN Á "GRANXA ESCOLA BERGANDO", EN NEGREIRA.
FOI UNHA INTENSA XORNADA CHEA DE ACTIVIDADES: A  COCIÑA,  A HORTA, A EQUITACIÓN, OS ANIMAIS E OS XOGOS, ENTRE  OUTROS, TIVÉRONNOS BEN  OCUPADOS E CONTENTOS TODO O DÍA...

ver

Excursión á granxa. Escola de Cruceiro

Granxa Escola Bergando. Escola de Capela

Vamos de excursión á granxa escola. Escola de Rañó

Un día na granxa escola. Escola de Pazo

ALIMENTACIÓN CON IMAXINACIÓN

DURANTE O MES DE MARZO, NO CONCELLO DE DODRO DESENVOLVÉRONSE DIVERSAS ACTUACIÓNS SOBRE A CORRESPONSABILIDADE E IGUALDADE.


UNHA DESTAS ACTIVIDADES FOI UN CONCURSO DE RECEITAS ENTRE O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.


CADA FAMILIA ELABOROU A SÚA RECEITA, QUE FOI PRESENTADA NO CPI.


AMÓSOVOS UNHA FOTO DA RECEITA QUE FIXEMOS NA NOSA CASA, COA COLABORACIÓN DE TODA A FAMILIA:


              


CHAMÁMOSLLE ENSALADA DE TEAIO. LEVABA MOITOS INGREDIENTES: ESPÁRRAGOS, CANÓNIGOS, LEITUGA, BRÓCOLI, PEMENTO, ARROZ, PEPINOS, REMOLACHA,...  E REPRESENTA UN PLANO DA ALDEA ONDE PODEMOS APRECIAR: O MONTE, AS LEIRAS DE CULTIVO, AS CASIÑAS,... ESTABA MOI RICA, DE FEITO NON SOBROU NADA.


VELAQUÍ UN DETALLE DO CRUCEIRO DA CRUZ DO AVELÁN (QUE O VINDEIRO 5 DE XUÑO VAI ESTAR DE CELEBRACIÓN), FEITO CON CENORIA E QUEIXO (AQUÍ APRECIAMOS A MAN DO PAPÁ DE ANXO, QUE É UN ARTISTA)


               


        POR SUPOSTO GAÑAMOS UN PREMIO.


                              


                                                  AQUÍ ESTÁN OS TRES GAÑADORES DO CONCURSO


                    


 E AQUÍ O ORGULLOSO ANXO NA CASA LUCINDO OS PREMIOS. AGORA QUÉDANOS CONTINUAR EXPERIMENTANDO NA COCIÑA CON ESTE ESTUPENDO LIBRO DE RECEITAS DE COCIÑA GALEGA.


NON HAI NADA COMO IMPLICAR AOS NENO/AS EN TODAS AS TAREFAS (QUE SEXAN SEGURAS POR SUPOSTO), É A MELLOR MANEIRA DE QUE APRENDAN A VALORAR O ESFORZO E TAMÉN OS RESULTADOS.


UNHA APERTA DE ÁNIMO  PARA TOD@S                     JOSE

MAGRITTE

  




ISTO NON É UN TUBO 



CABÁRCENO

Fai uns días Uxía Lorenzo visitou o Parque da Natureza de Cabárceno, en Cantabria.

Pasouno moi ben e viu un  montón de animais salvaxes: leóns, xirafas, hipopótamos, cebras,...

Uxía foi cos seus papás e entre todos acordáronse de nós e trouxéronnos estas imaxes tan bonitas para, a través delas, compartir parte da súa experiencia:

O RIO TE

O RIO TE

EU SON DIEGO, E VIVO NO PAZO.

PRETO DA MIÑA CASA PASA O RÍO TE

QUE NACE EN MURALLA, NA PARROQUIA DE  ARAÑO.

DESPOIS DE PRECORRER 9 KM DESMBOCA

NA TORRE FORMANDO UN PROFUNDO POZO.

COMA TANTOS OUTROS RÍOS ARRASTRA

FOLLAS E POLAS DAS ÁRBORES,

PERO TEN TRAMOS DE

AUGAS CRISTALINAS.

 

 

DISNEYLAND PARIS

Aproveitando os últimos días de descanso na escola, Beltrán realizou unha longa viaxe coa súa familia.

En avión chegou ata Suíza, onde está o seu avó, e dende alí viaxou en tren ata París. Visitou Disneyland e trouxo estas fotos tan bonitas para compartir:

PASEO POLOS MUÍÑOS DO RÍO TÉ

Ola, son Breogán.

O día antes do meu cumpre fun cos meus pais de excursión e vin algúns muíños do río Té; os que vimos eran de auga e utilizábanse fai anos para moer o millo e o trigo para facer a fariña.

Estaban á beira dos ríos porque necesitaban a forza da auga para funcionar e mover as pedras que esmagaban os grans, converténdoos en fariña.

Os muíños eran de varias familias que facían quendas para usalos.

Só puidemos andar arredor do que está preto da Ponte de Té onde sacamos fotos ó muíño, ó río e á fonte que hai preto del; tamén vimos os da Laxe e de Outeiro.

Agora non funciona ningún aínda que hai persoas que están tentando arranxalos para que os nenos e nenas poidan coñecer como facían a fariña os seus avós e avoas.

FONTE DA IGREXA DE SAN SALVADOR

 

OLA, SON AITANA MUÑÍZ TORRADO.
QUÉROVOS AMOSAR A FONTE DA IGREXA DE SAN SALVADOR, EN TARAGOÑA.
A AUGA DESTA FONTE VÉN DO PIÑEIRO, DUN LUGAR MÁIS ABAIXO DA FONTE, E SAE NA IGREXA NA QUE HAI UN LAVADOIRO QUE USAN A DIARIO AS MULLERES DO LUGAR E ALÍ DEIXAN A ROUPA A CLAREO.
A FONTE ÚSAA MOITA XENTE PARA COLLER AUGA E OS NENOS DA IGREXA VAN BEBER A ELA.

A FONTE DE JOIOS

DETRÁS DA MIÑA CASA HAI UNHA FONTE QUE SE CHAMA ”A FONTE DE JOIOS”, NON SEI  DE QUE ANO É, PERO DIN QUE PODE SER DA ÉPOCA DOS ROMANOS PORQUE POLO VISTO POR AÍ PASABA UN CAMIÑO ROMANO CHAMADO ”O CAMIÑO REAL”.

ESTA FONTE ERA USADA POLOS VECIÑOS PARA REGAR AS BRAÑAS E MAIS PARA BEBER.

FESTEXAMOS AS NOSAS LETRAS

DURANTE A SEMANA ANTERIOR Á CARREIRA DAS LETRAS,

 NA ESCOLA DE PAZO TRABALLAMOS MOITO:

FIXEMOS UNHA GRAN GRILANDA, INVENTAMOS UNHA ESTROFA E

FALAMOS DE LOIS PIÑEIRO.


XA CHEGOU O DÍA E CHEGAMOS A CAMPO MANEIRO CON MOITA ILUSIÓN.


CORREMOS A PROL DAS NOSAS LETRAS, E TAMÉN PARA PASALO BEN.

 


LOGO CORRERON OS NOSOS PAPÁS

(GRAZAS PAPIS POR CORRER CON TANTA ILUSIÓN)



CANTAMOLLE AO MAIO A NOSA ESTROFA:



" AQUÍ VIMOS OS DE PAZO

FESTEXAR AS NOSAS LETRAS

CON GRILANDAS E CANTIGAS

TRAEMOS GANAS DE FESTA!!"

 

COLOCAMOS A GRILANDA. 


ESPERAMOS POLA NOSA MEDALLA E APROVEITAMOS PARA

 DESCANSAR UN POUCO ESCOITANDO UN PEQUENO RESUMO DA VIDA DE LOIS PEREIRO.


OS PAPÁS, MAMÁS, AVÓS, TÍOS,... E MESTRES TAMÉN RECIBIRON O SEU MERECIDO DIPLOMA.


E, ASÍ NOS QUEDOU O MAIO:


FOI UN DÍA BEN BONITO!!!

Distribuir contido