2010-2011
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA VEN DE PUBLICAR A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O CURSO 2011-2012.
O C.R.A. DE RIANXO APARECE SELECCIONADO NESTA RESOLUCIÓN COMO CENTRO A INTEGRARSE NO PLAN DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.
NORABOA A TODAS AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL!!!
- APIs de Blogue
CANDO LUCAS E LIDIA ESTIVERON EN CÁDIZ
ADEMÁIS DOS DOCES, LUCAS E LIDIA TROUXERON DE CÁDIZ
ALGUNHA FOTOS QUE QUIXERON COMPARTIR CON NOS.
AQUÍ ESTÁN:
XUNTO CO SEU PRIMO BREOGÁN ,
NA CASA DOS SEUS AVÓS DE TARAGOÑA PRACTICARON
MOITO DEBULLANDO MILLO:
- APIs de Blogue
SURCANDO OS MARES DA RÍA
NUNHA FOLLA CALQUERA
EU TAMÉN DEBUXO UN NAVÍO DE PARTIDA
CARGADO DE BOS AMIGOS E BOAS AMIGAS
Moitos bicos!!!!!!
XOGOS CON CANCIÓN
AO LONGO DESTAS ÚLTIMAS SEMANAS ESTAMOS LEMBRANDO NO CRA ESES XOGOS CON CANCIÓN AOS QUE TANTO XOGABAMOS NÓS DE PEQUENOS E QUE AGORA ESTÁN UN POUCO ESQUECIDOS.
AQUÍ VAN UNHAS MOSTRAS:
LA NIÑA QUE ESTÁ EN EL MEDIO, SE LE HA CAÍDO EL VOLANTE,...
¿DONDE ESTÁN LAS LLAVES, MATERILE,...?
PASE MISÍ, PASE MISÁ, POLA PORTA DE ALCALÁ...
TAMÉN RECUPERAMOS OS XOGOS DE CORDA, DE GOMA,... E NON NOS DEU TEMPO Á MARIOLA, QUE QUEDA PENDENTE PARA O NOVO CURSO.
E AGORA UNHA PETICIÓN: SEGURO QUE VOS LEMBRADES DE MIL E UN XOGOS DA VOSA INFANCIA, SE É ASÍ ENSINÁDELLOS AOS VOSOS FILL@S E XOGADE XUNTOS.
VAI SER MOI GRATIFICANTE E BENEFICIOSO
BO VERÁN PARA TOD@S!!
- APIs de Blogue
AMOR DE AUGA
CON ALVARO CUNQUEIRO E AMANCIO PRADA
PECHAMOS POR ESTE CURSO ESTAS PÁXINAS QUE, COMO A AUGA, FORMARÁN PARTE PARA SEMPRE DAS NOSAS VIDAS...
CONTROLANDO A NOSA AUGA
JOSÉ BREA LEVA VISITANDO A NOSA ESCOLA ( AS NOSAS ESCOLAS ) TÓDOLOS MESES DO CURSO.
PROMETERANOS QUE ÍA EXPLICARNOS NALGÚN MOMENTO O POR QUE DAS SÚAS VISITAS E ESTE DERRADEIRO MES CUMPRIU A PROMESA.
JOSÉ É UN DOS ENCARGADOS DE CONTROLAR QUE A AUGA QUE CONSUMIMOS NAS ESCOLAS ESTEA EN BÓ ESTADO. E PARA QUE COMPRENDERAMOS BEN CAL É O SEU TRABALLO NON SÓ NOLO EXPLICOU, SENÓN QUE REALIZOU NA NOSA PRESENZA TÓDOLOS ANÁLISES QUE TEN QUE FACER MENSUALMENTE.
GRAZAS JOSÉ E ATA O VINDEIRO CURSO!!!
DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS
José Brea, de Aquagest, e o noso compañeiro Breogán aportáronnos información e imaxes da Depuradora de augas residuais de Rianxo.
Depurar é transformar a materia orgánica e outros contaminantes presentes na agua, neste caso residual , en sólidos que se poidan separar con facilidade, ós que se lle chaman fangos.
Así pódense devolver ó mar ás augas que xa usamos nas casas, escolas, fábricas, ... libres de resíduos.
Na Estación depuradora de Rianxo isto conséguese con tratamento biolóxico de fangos ( José explicounos que ten que coidar moi ben das bacterias para que poidan facer o traballo) e desinfección mediante raios U.V.
- APIs de Blogue
O PRACER DA LECTURA
Benqueridas familias :
O profesorado do centro, consciente da importancia da relación que debe haber entre a escola e as familias na educación do alumnado, considerando que a LECTURA é un factor prioritario no desenvolvemento educativo, e sabendo tamén que o verbo LER, como o AMAR e o SOÑAR -en palabras de Daniel Penac- non admite o imperativo: non podemos obrigar a ler, como non podemos obrigar a amar nin a soñar, quérevos invitar, a través do Equipo de Biblioteca, a descubrir en compañía, nun ambiente distendido e relaxado, o pracer da LECTURA que como tal, debería acompañar a toda persoa desde o berce, ata o último día da súa existencia.
No obradoiro que vos propoñemos levar a cabo os vindeiros 16, 17 e 20 deste mes, trataremos de ir dando conta de aspectos diversos en relación a :
-
o valor da palabra
-
o valor do silencio
-
que significa escoitar...?
-
que significa ler...?
-
que textos son os máis axeitados...?, que capacidades desenvolven...?
-
como detectar e dar resposta aos intereses dos nenos e nenas en cada etapa evolutiva?
-
Existen pequenas estratexias para ser quen de motivar...? etc. , etc.
Levarase a cabo así mesmo, unha sesión de “contacontos”, co fin de acadar unha maior comprensión do exposto partindo desa vivencia da escoita, que esperamos sexa pracenteira .
Temos o afán de que este primeiro encontro sirva de aperitivo e dea paso a sucesivos pratos ricos, ricos.
Ah!, esquecíasenos, se non tendes inconveniente sentarémonos no chan como facemos nas sesións co alumnado, así que vinde con roupa cómoda. Se alguén necesita sentarse en cadeira tampouco haberá problema.
Un saúdo!
Imaxes da 1ª sesión ( 16/6/11)
2ª sesión ( 17/6/11)
- APIs de Blogue
UNHA FONTE ORNAMENTAL
EU SON XOEL, E A MIN GUSTAME MOITO
ESTA FONTE QUE FIXERON NO PORTO DE RIANXO
PARA QUE A VILA ESTIVERA MÁIS BONITA.
AQUÍ PASOO MOI BEN
POIS TAMÉN HAI UN PARQUE,
E ASÍ POIDO FACER DUAS COUSAS :
XOGAR COS MEUS AMIGOS
E, CANDO ME CANSO
SÉNTOME A MIRAR PARA AUGA DAS FONTES.
- APIs de Blogue
A FONTE DE RIANXIÑO
OLA , CHAMOME ROI E,
FIXEN ESTAS FOTOS EN RIANXIÑO, Ó PÉ DO PAZO,
DONDE HAI UNHA FERMOSA FONTE CUN LAVADOIRO.
A FONTE TEN DOUS CANOS QUE BOTAN ABUNDANTE AUGA
E, A TRAVÉS DUN CANO DE PEDRA ENCHEN O LAVADOIRO.
XA QUEDA POCA XENTE QUE VEN LAVAR,PERO,
DE CANDO EN VEZ AINDA SE VE A ALGUNHA MULLER.
COMO A SÚA AUGA É POTABLE
VEN MOITA XENTE
BUSCAR AUGA PARA BEBERNA CASA,
POIS TEN UNHA AUGA MOI RICA.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »