O PRACER DA LECTURA

Benqueridas familias :

O profesorado do centro, consciente da importancia da relación que debe haber entre a escola e as familias na educación do alumnado, considerando que a LECTURA é un factor prioritario no desenvolvemento educativo, e sabendo tamén que o verbo LER, como o AMAR e o SOÑAR -en palabras de Daniel Penac- non admite o imperativo: non podemos obrigar a ler, como non podemos obrigar a amar nin a soñar, quérevos invitar, a través do Equipo de Biblioteca, a descubrir en compañía, nun ambiente distendido e relaxado, o pracer da LECTURA que como tal, debería acompañar a toda persoa desde o berce, ata o último día da súa existencia.

No obradoiro que vos propoñemos levar a cabo os vindeiros 16, 17 e 20 deste mes, trataremos de ir dando conta de aspectos diversos en relación a :

  • o valor da palabra

  • o valor do silencio

  • que significa escoitar...?

  • que significa ler...?

  • que textos son os máis axeitados...?, que capacidades desenvolven...?

  • como detectar e dar resposta aos intereses dos nenos e nenas en cada etapa evolutiva?

  • Existen pequenas estratexias para ser quen de motivar...? etc. , etc.

 

Levarase a cabo así mesmo, unha sesión de “contacontos”, co fin de acadar unha maior comprensión do exposto partindo desa vivencia da escoita, que esperamos sexa pracenteira .

Temos o afán de que este primeiro encontro sirva de aperitivo e dea paso a sucesivos pratos ricos, ricos.

Ah!, esquecíasenos, se non tendes inconveniente sentarémonos no chan como facemos nas sesións co alumnado, así que vinde con roupa cómoda. Se alguén necesita sentarse en cadeira tampouco haberá problema.

Un saúdo!


Imaxes da 1ª sesión ( 16/6/11)

2ª sesión ( 17/6/11)