2010-2011
UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN
UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN
ESTES DÍAS EN PAZO ESTIVEMOS A ESTUDIAR O NOSO SISTEMA SOLAR,
E APRENDEMOS QUE NOS PLANETAS E SATÉLITES
HAI VOLCANS.
ENTON, FIXEMOS UN, PARA IMAXINAR MELLOR COMO
ENTRAN EN ERUPCIÓN
TAMÉN VIÑÉRON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL
VELO NOSO EXPERIMENTO.
FOI DIVERTIDO VER COMO "ERUPTABA"
Vamos de excursión á granxa escola!
O martes 24 de maio fomos de excursión á GRANXA ESCOLA DE BERGANDO. O grupo dos "cabalos e eguas domad@s" pasámolo moi ben realizando diferentes obradoiros gandeiros: hípica, xogos cooperativos, obradoiro de manualidades, obradoiro de cociña, coidados de animais... así como un gran xantar no que gozamos todos e todas xunt@s. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra da nosa aventura...
- APIs de Blogue
MARUJA VEU A PAZO!!!
E, QUEN É MARUJA?
MARUJA É A MASCOTA DE PABLO QUE,
CUMPLINDO A SÚA PROMESA,
TROUXOA Á ESCOLA DE PAZO PARA QUE A COÑECÉRAMOS.
DÍXONOS QUE É UNHA COBAIA, DA FAMILIA
DOS ROEDORES
(ENTRE UN COELLO E UN RATO). É UNHA FEMIA E É
UN MAMÍFERO.
COME VERDURAS (AS QUE MÁIS LLE GUSTAN
SON OS PEMENTOS E AS ENDIVIAS)
PARA RECIBIR A MARUJA TIVEMOS QUE ESTAR TODOS
EN SILENCIO
PORQUE SE ASUSTA MOITO
XA QUE NON ESTÁ ACOSTUMADA AOS RUÍDOS.
- APIs de Blogue
ALÁ LONXE
ALÁ LONXE, ONDE SE ACABA GALICIA E COMEZA PORTUGAL, O RÍO MIÑO, O MAIOR DE TÓDOLOS RÍOS GALEGOS, VAI BOTAR AS SÚAS AUGAS Ó MAR.
VIUNO IAGO, QUE DENDE O ALTO DO MONTE DA TEGRA, NA GUARDA, OLLOU COA SÚA FAMILIA A MESMA PAISAXE QUE HAI DOUS MIL ANOS TIÑAN ÓS SEUS PÉS OS HABITANTES DO POBOADO CASTREXO QUE HAI NAQUEL LUGAR.
- APIs de Blogue
Como facer unha flor da amizade
Os nenos e nenas de primaria de Relixión do CRA de Rianxo, ensinámosvos como facer unha flor da amizade.
A palabra amizade é unha das máis bonitas que ten a nosa lingua, o seu significado implica varios dos conceptos fundamentais que funcionan no noso modo de entender as relacións humanas. Dende o punto de vista cristián tamén é algo fundamental partindo de que a orixe da propia relixión cristiana está nun grupo de doce amigos que decidiron seguir a Xesús, e tamén porque nos remite directamente ao concepto do "amor ao próximo" do que tanto falaba Xesús.
Con esta actividade traballamos valores tan importantes como o amor, o respeto, a tolerancia, a paz... e aprendimos a facer unha flor moi especial en 5 pasos moi sinxelos que agora queremos mostrarvos:
1º Colles un folio e debuxas no centro con rotulador negro unha flor grande e escribes no medio a palabra amizade
2º Nos pétalos da flor vas escribindo palabras que remitan aos valores que expresa o concepto de amizade como amor, xustiza, prestar... e despois repásaas con rotulador negro. Escríbeas primeiro a lápiz para poder borrar si te equivocas ou decides cambiar as palabras elixidas
3º Con ceras brandas coloreas a flor como máis che guste. Procura non utilizar cores demasiado escuras para que se noten as palabras escritas a rotulador
4º Con rotuladores dourados e prateados repasas o contorno da flor, incluindo o centro e os pétalos
5º Recortaa flor do folio e decora con purpurina como máis che guste
E TACHÁN! xa tes unha bonita flor da amizade para regalarlla a quen ti queiras. Mira que bonitas quedaron e que ben o pasamos.
E aquí está a galería de fotos desta bonita e divertida actividade, e un pouco longa pero animádevos a vela toda enteira. Moitos bicos!
- APIs de Blogue
A FONTIÑA
"A FONTIÑA"
EU SON ALEX, E VIVO NO BARRAL.
PRETO DA MIÑA CASA, HAI UN LUGAR CHAMADO "A FONTIÑA"
ADIVIÑADES POR QUÉ?
POIS SÍ,PORQUE NO MEDIO DAS LEIRAS NACE UNHA FONTE.
ANTES, OS VECIÑOS BENEFICIABANSE DESTA AUGA
PARA BEBER, COCIÑAR...
PERO AGORA, SÓ SE USA PARA REGAR.
NO INVERNO COAS TREBOADAS, SAE TANTA QUE SE TEN QUE CANALIZAR
EN GRANDES REGOS.
QUÉ MÁGOA NON APROVEITALA, POIS É UNHA AUGA MOI PURA
E SABOROSA.
- APIs de Blogue
PAIXASES DE AUGA
OLA !!!
SON MARTA.
QUÉROVOS AMOSAR DISTINTAS PAISAXES DE AUGA QUE COÑECÍN CO MEU PAI, A MIÑA NAI E A MIÑA IRMÁ MAIOR, MARÍA.
NOS XARDÍNS DO PAZO DE OCA ( A ESTRADA ) A AUGA DEIXASE VER POR TODAS PARTES: OS ESTANQUES, OS REGOS, O LAVADOIRO...
EN PONTE MACEIRA ( NEGREIRA ) O RÍO TAMBRE DEBUXA UNHA FERMOSA PAISAXE DE AUGA, MUÍÑOS E PONTE MEDIEVAL
E XA LONXE, NAS TERRAS DE OURENSE E LUGO, OS ESPECTACULARES CANÓNS DO SIL, OU A INMENSA PRESA DO ENCORO DO RÍO MIÑO EN BELESAR...
ESPERO QUE GUSTEDES DESTAS PAISAXES E VOS ANIMEDES A VISITALAS VOS TAMÉN!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »