Como facer unha flor da amizade

 

Os nenos e nenas de primaria de Relixión do CRA de Rianxo, ensinámosvos como facer unha flor da amizade.

A palabra amizade é unha das máis bonitas que ten a nosa lingua, o seu significado implica varios dos conceptos fundamentais que funcionan no noso modo de entender as relacións humanas. Dende o punto de vista cristián tamén é algo fundamental partindo de que a orixe da propia relixión cristiana está nun grupo de doce amigos que decidiron seguir a Xesús, e tamén porque nos remite directamente ao concepto do "amor ao próximo" do que tanto falaba Xesús.

Con esta actividade traballamos valores tan importantes como o amor, o respeto, a tolerancia, a paz... e aprendimos a facer unha flor moi especial en 5 pasos moi sinxelos que agora queremos mostrarvos:


1º Colles un folio e debuxas no centro con rotulador negro unha flor grande e escribes no medio a palabra amizade


2º Nos pétalos da flor vas escribindo palabras que remitan aos valores que expresa o concepto de amizade como amor, xustiza, prestar... e despois  repásaas con rotulador negro. Escríbeas primeiro a lápiz para poder borrar si te equivocas ou decides cambiar as palabras elixidas

       

 

3º Con ceras brandas coloreas a flor como máis che guste. Procura non utilizar cores demasiado escuras para que se noten as palabras escritas a rotulador

 

    

 

4º Con rotuladores dourados e prateados repasas o contorno da flor, incluindo o centro e os pétalos

   

 

 

5º Recortaa flor do folio e decora con purpurina como máis che guste

   

    

  

E TACHÁN! xa tes unha bonita flor da amizade para regalarlla a quen ti queiras. Mira que bonitas quedaron e que ben o pasamos.

 

   

  

  

E aquí está a galería de fotos desta bonita e divertida actividade, e un pouco longa pero animádevos a vela toda enteira. Moitos bicos!