PASEO POLOS MUÍÑOS DO RÍO TÉ

Ola, son Breogán.

O día antes do meu cumpre fun cos meus pais de excursión e vin algúns muíños do río Té; os que vimos eran de auga e utilizábanse fai anos para moer o millo e o trigo para facer a fariña.

Estaban á beira dos ríos porque necesitaban a forza da auga para funcionar e mover as pedras que esmagaban os grans, converténdoos en fariña.

Os muíños eran de varias familias que facían quendas para usalos.

Só puidemos andar arredor do que está preto da Ponte de Té onde sacamos fotos ó muíño, ó río e á fonte que hai preto del; tamén vimos os da Laxe e de Outeiro.

Agora non funciona ningún aínda que hai persoas que están tentando arranxalos para que os nenos e nenas poidan coñecer como facían a fariña os seus avós e avoas.