2010-2011
MILIKI E A TÁBOA DE MULTIPLICAR
Á petición dos nen@s de segundo de primaria, aquí vos mostramos un vídeo de Miliki da táboa de multiplicar. Ánimo, que multiplicar xogando sempre é máis divertido!!
http://www.youtube.com/watch?v=azf8J7CSdqs
- APIs de Blogue
A FRAUTISTA DE HAMELIN
Na escola de Rañó fixemos unha xuntanza moi especial, pasamos o día cos nenos e nenas da escola de Abuín. A profe Rosa fixo uns xogos moi divertidos de presentación, por si algún ou algunha de nós todavía non nos coñecíamos. Con motivo da celebración do día da auga, investigamos sobre aquelas accións que podíamos levar a cabo para aforrar auga. E vaia se discurrimos que sairon cousas fascinantes!!!
Pero o momento máis especial do día foi a chegada dos músicos e músicas de Rianxo. Escoitamos ao mestre Rubén narrando o conto de "A frautista de Hamelin", acompañado pola melodía dos instrumentos. Se incluso escoitamos os chirridos dos ratos!!! Mamás, irmáns, avoas e avós nos acompañaron e, por suposto, agradecerlles a súa presenza.
Chegou a hora da merenda... ummm, despois de tanta actividade xa nos veu a fame, e que mellor maneira de gozar da merenda que ao fresco das árbores.
Xogamos aos relevos coa mestra maría e rematamos o día cun xoguiño da auga "Se aforramos, todos e todas gañamos".
Bueno, pero casi mellor O VEMOS:

CONCERTO DIDÁCTICO
O Mércores recibimos a visita dalgúns membros da Escola de Música de Rianxo.
Chegaron a Capela cos seus instrumentos e interpretaron para nós "A frautista de Hamelin". Desfrutamos co concerto...
cos instumentos...
e plasmamos a historia da frautista nos nosos debuxos:
LEVÁNTATE NEBRA!
Antonio Noriega abriunos as portas de Rañó a este bello poema. Empregamos os seus versos para crear o noso mes do calendario, así como a representación no auditorio de Rianxo do poema, empregando a voz e o corpo.
LEVÁNTATE NEBRA DO BICO DA SERRA AÍ VEN SAN MARTIÑO NO SEU CABALIÑO QUE TE HA DE LEVAR QUE TE HA DE POUSAR NA TONA DO MAR.- APIs de Blogue
AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA
A semana pasada realizamos a sesión de música e biblioteca na sede do CRA en Asados.
Coa música acuática de Haendel e co profe Rubén como guía demos un paseo en barca:
A media mañá repuxemos forzas...
Na biblioteca esperábanos a profe María que nos levou a unha fábrica de nubes, presentounos á tartaruga Manuelita e a unha nena que se fixo amiga dunha nube:
Aproveitamos a ocasión para ensinar os traballos realizados no caderno de Daniel:
e despedímonos con moito ritmo...
ata a próxima!!!
- APIs de Blogue
O MES DE XANEIRO, CON UXÍO NOVONEYRA
POEMA DO MES DE XANEIRO
Neva venta e fai fume.
Vense a xente tralo lume.
Uxío Novoneyra
Entre todos os nen@s da escola de Rañó decidimos traballar mensualmente o poema que os demais compañeir@s do CRA de Rianxo elaboraron para o calendario do 2011. Como estamos no mes de xaneiro, comezamos cun poema de Uxío Novoneyra composto pola Escola de Abuín. Moitas grazas Isabel e nen@s de Abuín polo bonito traballo que realizáchedes.
O poema abriunos un abanico de posibilidades: lelo, analizalo, recitalo, dramatizalo e facer unha composición a través dos seus versos. Así de chulo quedou:
- APIs de Blogue
ABRA CADABRA....AUGA DE CABRA??
UN BO DÍA EN CRUCEIRO...FACÍA MOOOOITO FRÍO! E OCURRIUSENOS QUENTAR UN POUCO DE AUGA
PARA ESTAR BEN QUENTIÑOS.
A NOSA SOPRESA FOI GRANDIOSA! CANDO A AUGA FRÍA SE EMPEZOU A QUENTAR,
UNHA MOREA DE FUME BLANCO EMPEZOU A VOAR POLA NOSA CLASE..
-PERO NON É FUME DI PEDRO!! É VAPOR!!
O VAPOR AXUDOUNOS A ESTAR QUENTES E ADEMÁIS FIXO UNHAS NUBES BEN BONITAS NA CLASE!
PERO..... A NOSA AUGA DESAPARECEU!! A ONDE FOI??
DESPOIS DE INDAGAR UN POUCO..DÉMONOS DE CONTA DE QUE A AUGA VOOU POLA CLASE!
-EVAPOROUSE DIXO MARCOS!
CLARO!! DE AÍ A PALABRA VAPOR E EVAPORACIÓN!!
PASÁMOLO TAN BEN FACENDO NUBES VAPOROSAS QUE DECIDIMOS CUN POUCO DE ALGODÓN
E AUGA TINGUIDA, FACER AS NOSAS PROPIAS NUBES NO LIBRO DAS LETRAS QUE XOGAN COA AUGA!
PODEDES VER COMO NOS QUEDOU NA LETRA "E" DE EVAPORACIÓN!
UN BICO VAPOROSO!!
PABLO E AS NUBES PEQUENAS DO CRUCEIRO.
- APIs de Blogue
A AUGA CAMBIA DE VESTIDO!
EN CRUCEIRO ESTIVEMOS INDAGANDO SOBRE A COR DA AUGA E DÉMONOS DE CONTA
DE QUE ERA...TRANSPARENTE! E POLO TANTO SE PODÍA VER A TRAVÉS DELA.
NIN O LAPIS, NIN A PLASTILINA A MANCHABA DE NINGUNHA COR.
A NOSA SORPRESA CHEGOU CANDO LLE BOTAMOS COLORANTE ALIMENTARIO
E VIMOS QUE SE TINGUÍA DE VERMELLO. OS DOUS LÍQUIDOS MISTURÁBANSE!!
PERO O MÁIS INTERESANTE DE TODO VEU CANDO MISTURAMOS AS CORES
E SE TRANSFORMABAN NOUTRAS!!.
DIVERTÍMONOS MOITO FACENDO "PÓCEMAS" COMO DIXO LUCAS!!
RECORDADE QUE DE CORES TODO É MAIS DIVERTIDO!
UN BICO MISTURADO!!
PABLO E OS INVESTIGADORES.
- APIs de Blogue
A FRAUTISTA E OS OUTROS MÚSICOS
MOITO GOSTAMOS DO CONCERTO DA FRAUTISTA DE HAMELIN.
BUENO, DA FRAUTISTA, DO TECLISTA, DO SAXOFONISTA E DAS CLARINETISTAS !!
GOSTAMOS DA HISTORIA, DA MÚSICA, DA INTERPRETACIÓN...
E CANDO REMATOU: ENTREGAMOS AS MOEDAS DE OURO, FALAMOS UN POUQUIÑO E TOCAMOS INSTRUMENTOS !! ( TOCÁMOLOS COAS MANS, PERO TOCÁMOLOS!!!)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »