2010-2011

Que aporta a investigación sobre o medio á formación dos alumnos e alumnas?

 

Na actualidade valórase que a calidade na educación vai unida á capacitación dos alumnos e alumnas para a resolución autónoma dos retos e opcións da  vida cotidiana. Por esto se dí  que os sistemas educativos deben facilitar nos alumos e alumnas "unha actitude aprendizaxe permanente ao longo da vida".

Estase a pasar dunha educación na que o principal eran os contidos, os coñecementos memorísticos moitos deles, e na cal correspondía ao mestre/a un protagonismo fundamental a unha educación na que os protagonistas principais son os alumnos e a finalidade principal da educación é a capacitación dos alumnos para coñecer de forma crítica. A LOE, no seu artigo 2. Fins da Educación, no punto K define como un fin da educación: A preparación  para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

Podemos pois afirmar que por educar se entende sobre todo axudar aos alumnos e alumnas a actuar cada vez con máis autonomía, responsabilidade e sentido solidario, na sociedade e no mundo no que viven.

Non é concebible pois conseguir estes obxectivos educativos que procuran persoas capaces de exercer unha cidadanía responsable, cunha educación virada de costas á realidade e ao entorno no que viven os alumnos  e alumnas. Non se pode conseguir este obxectivo dende unha intervención educativa que ignore os valores, os logros  e os coñecementos dos entornos aos que pertencen os alummos e alumnas.

O estudio e a investigación do entorno aporta aos alumnos e alumnas:

  1. Coñecementos para actuar nel con autonomía e responsabilidade.
  2. Actitudes de compromiso para a mellora e transformación deses entornos
  3. Sentido de pertenza a colectivos que actúan e transforman o medio no que viven.

O ENTROIDO

O Venres 4 de Marzo festexamos o entroido xunto con todos os nenos e nenas do CRA.

Aínda que luciu o sol foi un entroido pasado por auga, pois na escola da Vacariza desfilaron: paraugas, pingas, bonecos de neve, barcos, lavandeiras, nubes, tormentas, fregonas, e...

Nós!

 

Disfrazámonos de arco da vella e pasámolo moi ben!!!

 

MESTRE DA PALABRA

José María Rodríguez é mestre da palabra.  Gústalle investigar sobre os nomes das cousas: faloupa, segurella, trabe, bailadora, reducio, canle, pendón, pabón, proia... 

É mestre da auga e dos seus usos, dos muiños, do millo. 

É mestre de poesías, algunhas escritas por él.

E como ademais foi mestre de nenos e nenas, estes días estanos a visitar nas nosas escolas para acompañarnos no descubrimento dos nomes das cousas, da auga e dos muíños, da poesía...

Consulta a visita de José María á escola de Rañó

TEMPO DE ENTROIDO

UN ANO MÁIS,

O ENTROIDO CHEGOU ... E MARCHOU !

COMO LEMBRANZA DESTAS SEMANAS DE CHOQUEIRADAS, QUÉDANNOS ESTAS IMAXES...

 

 

desenvolvemento da sesión 14.02.2011

Aquí vos vai a acta do día 14.02.2011.

Saúdos

Mirian

A FONTE DO PAZO

OLA, SOMOS ANTÍA E IRIA, DA ESCOLA DE PAZO,

GÚSTANOS MOITO XOGAR E PASEAR XUNTAS

E, ADEMÁIS,... SOMOS PRIMAS.

AQUÍ ESTAMOS XUNTA A FONTE DO PAZO OU CARBALLEIRA .

 

  

CANDO VAMOS ANDANDO A RIANXO SEMPRE 

PARAMOS NELA A BEBER

OU LAVAR AS MANS.

TEN MOITOS ANOS, É DO SÉCULO XIX  

O MUÍÑO DE PAZO

 

OLA, SOMOS LIDIA E LUCAS E QUEREMOS MOSTRARVOS O NOSO MUIÑO.

ESTÁ NO PAZO XUNTA OUTROS DOUS E

TODOS FAN UN LUGAR ESPECIAL.

AGORA ESTAMOS DENTRO DEL, XUNTA O RODICIO OU REDUCIO 

QUE É ESTA RODA CON ASPAS QUE TEN A FUNCIÓN

DE RECOLLER A AUGA QUE VEN POLA CANLE

E FACER QUE FUNCIONE O MUIÑO.

ESTES MUIÑOS AGORA ESTÁN EN DESUSO,

(NA NOSA CASA APROVEITAMOS PARA GARDAR

OS APEIROS AGRÍCOLAS COMO A GRADE, ARADO, SEMENTEIRA)

O LAVADOIRO DA SENRA

 
OLA, SON AINARA.
QUÉROVOS AMOSAR O LAVADOIRO DA SENRA, EN TARAGOÑA.
ESTE LAVADOIRO FÍSOXE APROVEITANDO UN GRAN MANANTIAL DE AUGA QUE NACE AQUÍ. TAMÉN TEN UNHA FONTE ONDE SE COLLE AUGA PARA BEBER QUE DATA DE 1989. COA AUGA QUE SAE DO LAVADOIRO FÍXOSE OUTRO UN POUCO MÁIS ABAIXO: O LAVADOIRO DO MONTIÑO
 

 

 PERO, ANTIGAMENTE AQUÍ NON HABÍA NINGUNHA CONSTRUCIÓN, SÓ UN MANANTIAL QUE ESTABA RODEADO DE ZONAS VERDES ONDE MEDRABAN XUNCOS, VÍANSE SAPOS, RÁS E INCLUSO AS CRIAS DAS RÁS ( JÁBADOS).
A AUGA SOBRANTE CORRÍA POR REGOS E OS VECIÑOS A UTILIZABAN NO VERÁN PARA REGAR AS BRAÑAS E TER HERBA VERDE PARA COMER AS VACAS

O RÍO TÉ

 
OLA, SON SERGIO, E O QUE VEDES DETRÁS DE MIN É O RÍO TÉ.
O RÍO TÉ NACE EN RIANXO, NO MONTE MURALLA, TEN UN RECORRIDO DE NOVE KILÓMETROS E DESEMBOCA NA RÍA DE AROUSA, NA ZONA DA PRAIA DA TORRE, EN TARAGOÑA.
AS FOTOS QUE VOS AMOSO AQUÍ FORON SACADAS NA PARTE MEDIA DO RÍO ( NUNHA PONTE DE MADEIRA PODEDES VER Ó MEU CURMÁN RAÚL) E NA DESEMBOCADURA.
 

A LOMBA OU DESEMBOCADURA DO RIO TE

 

OLA, SOMOS GABRIEL E MAIRA DA ESCOLA DE PAZO E QUEREMOS MOSTRARVOS

UNHA PAISAXE MOI BONITA QUE HAI PRETO DA NOSA CASA.

CHÁMASE A LOMBA. ALÍ FAI ANOS LEVABAN OS ANIMAIS A PASTAR.

AO FONDO PODEDES VER A DESEMBOCADURA DO RÍO TÉ

E A PONTE QUE UNE O PAZO CON TARAGOÑA

EN TEMPOS PASADOS HABÍA UNHA CANTEIRA DE PEDRA

DA QUE XA NON QUEDAN RESTOS

Distribuir contido