2010-2011

UNHA PINGA DE AUGA ...

 " Unha pinga de auga

atopouse cun raio de sol,

os dous xuntos formaron

un mundo de color.

Un arco perfecto

pintaron no ceo

coa auga da chuvia

e as cores do vento."

Xoán Neira

ERA UN MENCER DE SAN XOÁN

" ERA UN MENCER DE SAN XOÁN.

BAÑÁBASE TRAS DOS PINOS,

COMA UNHA NINFA,

A MAÑÁN "

Aquilino Iglesias Alvariño

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA.

Os nenos e nenas de Outeiro tras ver o conto "Por cuatro esquinitas de nada", decidimos facer a nosa versión persoal do conto e construílo con materiais que tiñamos na nosa clase. Pasámolo moi ben grabando as nosas voces...aínda que nos custou un pouquiño porque nos poñíamos nerviosos! Riendo

 Aquí volo deixamos e esperamos que vos guste moito a todos e todas!!

 Un bico e un abrazo moi pacífico de todos os nenos e nenas da Escola de Outeiro!!

BURBULLAS

QUERES XOGAR CON NÓS A ENCERRAR UN POUCO DE AIRE DENTRO DUNHA FINA ESFERA DE AUGA E XABÓN?

PERO, DESPOIS DE XOGAR,  DISPOÑÁMONOS A INVESTIGAR ...

 ♦FIXÁDEVOS NAS CORES QUE SE VEN NA SUPERFICIE DAS BURBULLAS. POR QUE SE PRODUCEN?

♦CON MOLDES REDONDOS AS POMPAS SAEN ESFÉRICAS. QUE PASARÁ SI USAMOS MOLDES CON FORMAS DE ROMBO, RECTÁNGULO, ESTRELA OU OSIÑO?

♦COMO SE PODE CONSEGUIR INTRODUCIR UN DEDO NUNHA BURBULLA SEN ESTOUPALA?

...♦...

A CANDELORIA: DÍA DA LUZ E DO AMOR

PARA CELEBRAR O DÍA DA CANDELORIA, AO IGUAL QUE NOUTRAS ESCOLAS,

EN PAZO  PLANTAMOS UNHAS PLANTAS AROMÁTICAS:

MELISA, ROMERO, MENTA E TOMILLO

  

   

  

 

DESCUBRIMOS QUE NOS TEMPOS DE ANTES

ESPERÁBASE A ESE DÍA

PARA COMEZAR AS LABORES AGRICOLAS E PLANTAR

OS PRODUTOS DESTA TEMPADA

XA QUE OS DÍAS MEDRAN E HAI MÁIS LUZ E PARECE

QUE LOGO VIRÁ O BO TEMPO.

**** 

LOGO TAMÉN RECORDAMOS UN REFRÁN

QUE APRENDEMOS O ANO PASADO

"A PARTIR DA CANDELORIA

NINGÚN AVE VOA SOA"

E FIXEMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS.

A COR DA AUGA

- A AUGA É AZUL. Dixo Iván

-SI, A AUGA É AZUL. Confirmou Eloy

-ESTADES SEGUROS DE QUE A AUGA TEN ESA COR? Preguntou a mestra, e a pregunta parece provocar algunhas dúbidas...

- NON É AZUL, PERO VESE AZUL PORQUE ABAIXO ESTÁ PINTADO CON ESA COR. Marta recorda que é o que pasa coa auga das piscinas e estanques.

- E O MAR, TAMÉN TEN PINTADO O FONDO DE AZUL ?...

Collemos auga do grifo. Enseguida recordamos que sempre a vemos desa cor.

UNHA COR QUE NON É COR:

INCOLORA E TRANSPARENTE!!

Tamén lembramos que é así cando, na praia, collemos un pouco de auga nas mans, ou nun cubo...

Pero entón, por qué vemos todos os días o mar azul?

- ÁS VECES ESTÁ GRIS...

Haberá que seguir a facerse preguntas...

 

 

SOMOS AUGA

 Falando de converternos en "Coidadores da auga", Miguel dixo:

 -" Podemos ser auga "

E auga somos.

Descubrimos que o noso corpo está feito con auga: a nosa pel, os nosos músculos, o noso corazón...

Pero a idea do noso compañeiro, convidounos a sentirnos auga na súa concepción máis elemental:

Sentíndonos átomos de hidróxeno e osíxeno, buscándonos e asociándonos de forma conveniente, poidemos crear moléculas de auga e sentímos como podía xurdir a vida...

CANDELORIA

ESTE ANO A CANDELORIA CHEGOU Á ESCOLA CUN AGASALLO DE SEMENTES E PLANTAS AROMÁTICAS.

E NÓS, QUE SOMOS AGRADECIDOS, DISFRUTAMOS ARRECENDÉNDOAS, TRANSPANTANDO AS PEQUENAS PLANTAS E PLANTANDO AS SEMENTES...

 

   
   
   

COIDADORES DA AUGA

GUSTOUNOS COÑECER A JADYETU E Ó SEU POBO, OS SAHARAUIS.

ENTRISTECEUNOS, SEN EMBARGO, SABER QUE NON PODEN VOLVER A SÚA TERRA, E QUE NA HAMADA, O DESERTO ONDE VIVEN, APENAS TEÑEN AUGA...

NÓS SOMOS AÍNDA ALGO PEQUENOS PARA AXUDALOS A REGRESAR A SÚA TERRA, PERO PENSAMOS QUE PODEMOS FACER ALGO POR TODOS, POR ELES E POR NÓS TAMÉN...

ÍMONOS CONVERTIR EN COIDADORES DA AUGA!!!

XA TEMOS O CARNÉ!!!

A PARTIR DE AGORA FAREMOS TODO O QUE ESTEA NAS NOSAS MANS PARA EVITAR QUE , MENTRAS NUN SITIOS NON TEÑEN APENAS AUGA, NOUTROS SE MALGASTE...

POR JADYETU E POR TODOS NÓS!!!

ABAIXO E ARRIBA

 A HUGO GUSTOULLE TANTO O EXPERIMENTO QUE FIXO RODRIGO COA SÚA NAI QUE LLE PEDIU A SÚA FAMILIA QUE LLE AXUDARAN A FACER NA ESCOLA ALGÚN DOS EXPERIMENTOS QUE FAN NA CASA.
 ACOMPAÑADO POLA SÚA MAMÁ, CHARO, 
HUGO...
 METEU UNHAS CANICAS NUNHA CUNCA CHEA DE AUGA E TODOS VIMOS COMO SE AFUNDÍAN ( ABAIXO!!).
A CONTINUACIÓN DISOLVEU NA AUGA UNHAS CANTAS CULLERADAS DE SAL...
E POIDEMOS OBSERVAR COMO AS CANICAS EMPEZABAN A ASCENDER ATA QUEDAR  FLOTANDO NA SUPERFICIE DA AUGA ( ARRIBA!!!).
 ◊
PARA O SEGUNDO EXPERIMENTO, HUGO PRECISOU DA COLABORACIÓN DA SÚA NAI...
 NUNHA BANDEXA VERQUERON UNHA POUCA AUGA QUE DECIDIRON TINGUIR PARA QUE POIDESEMOS OBSERVAR MELLOR O QUE ÍA SUCEDER. DESPOIS CHARO PRENDEULLE LUME A UNHA VELA SITUADA NO MEDIO DA BANDEXA.
HUGO COLOCOU UN VASO ENRIBA DA VELA.
Ó POUCO A CHAMA APAGOUSE...
E A AUGA, QUE ESTABA NO FONDO DA BANDEXA, SUBIU POLO INTERIOR DO VASO !! (ABAIXO E...ARRIBA!!!)
Distribuir contido