2010-2011
Pdf con actividades impresas (infantil e primaria)
Na páxina web de UNICEF pódense atopar unha ampla gama de recursos, entre eles unhas actividades impresas para realizar na aula.
Intentei adxúntarvos os dous PDF que se corresponden coas etapas de infantil e o primeiro ciclo de primaria (sinto dicirvos que non as atopei en galego), pero o tamaño excede ao permitivo. Así que vos mando o enlace: (tedes que ir a "cuadernos de actividades).
http://www.gotas.enredate.org/recursos_educativos.php
Mirian
- APIs de Blogue
Cousiñas sobre a auga
Aquí vos mando o enlace dunha páxina interesante do CEPA Pablo Guzmán. Os contidos que se abordan son:
- Tipos de auga.
- Contaminación da auga.
- Aforro da auga.
- Información de interese sobre a auga.
- O ciclo da auga.
- Estados da auga.
http://centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/cc_naturales/agua.htm
- APIs de Blogue
Acta 9.12.2010
Ola de novo, aquí vos mando a acta que se corresponde coa reunión do día 9.12.2010.
Saúdos
Mirian :)
- APIs de Blogue
Acta 17.01.2011
Ola compis, aquí vos adxunto a acta do 17.01.2011.
Saúdos
Mirian :)
- APIs de Blogue
Acta 31.01.2011
Aquí vos mando a acta do último día! Agora espero que todos/as as poidades abrir sen dificultade.
Unha aperta
Mirian :)
- APIs de Blogue
Obxectivos e contidos
OBXECTIVOS E CONTIDOS
Obxectivos:
- Recoñecer as características físicas da auga a través dos sentidos.
- Identificar os estados da auga.
- Vivenciar o ciclo da auga a través da experimentación.
- Recoñecer a funcionalidade da auga.
- Identificar os diferentes usos tradicionais da auga.
- Coñecer os recursos hídricos da súa contorna.
- Valorar a importancia dun bo uso da auga, tanto na escola como fora dela.
- Adquirir conciencia sobre a auga como un ben necesario e limitado.
Contidos:
- Características da auga
o Físicas - sensoriais
o Os estados da auga
o O ciclo da auga
- Usos da auga
o Utilidades da auga no fogar
o Utilidades tradicionais da auga: lavadoiros, muíños, fontes, as traídas comunitarias
- Recursos hidricos na contorna
o Ríos, regatos, pozas e fontes.
o Toponimia
- Importancia social da auga
o Outras culturas e o uso da auga
o O uso racional da auga
- APIs de Blogue
Competencias básicas
COMPETENCIAS BÁSICAS
Este proxecto terá relación en todo momento coas competencias básicas establecidas na Lei Orgánica de Educación (LOE) do 3 de Maio do 2006.
A competencia en Comunicación Lingüística, verase abordada en todo momento, xa que neste proxecto os coñecementos e informacións aportadas polos nenos e polas familias son fundamentais. Ademais, indagaremos na Toponimia dos lugares próximos e do concello para a investigación destes e dos seus nomes.
Traballaremos a Competencia Matemática a través da experimentación coa auga. Indagaremos nas súas características físicas e nos estados desta e a súa transformación de solido a líquido, de líquido a gasoso..., as cores que esta pode adquirir xogando con ela, etc.
Gracias ós recursos Hidricos da zona e a utilidade destes, encadraremos este proxecto dentro da Competencia do Coñecemento e Interación Co Mundo Físico. Así descubriremos o uso da auga de algúns destos rescursos como poden ser os lavadoiros, muíños, fontes etc.
Por outra banda, indagaremos en outras culturas e no uso que fan estas da auga como por exemplo no Deserto do Sahara. Falaremos das costumes que teñen e que podemos aprender deles acerca das necesidades humanas e o aforro de auga. É fundamental que se comprenda o valor deste recurso natural e que non todo o mundo pode acceder a ela. Así, traballaremos de forma práctica a Competencia do Tratamento da Información e Competencia Dixital mentres nos valemos das TICS para a busca da información precisa e tamén para mostrar esta información por exemplo a través do ordenador e a PDI. Doutro xeito, non deixa de ser unha interesante mistura multicultural e por iso esta parte se relaciona integramente coas Competencias Cultural E Artística e Social e Cidadá.
Finalmente, con todo o aprendido, sería interesante que aprendesen a valorar a auga e saber apreciar todas as súas vantaxes, así como as consecuencias que se derivan do seu mal uso. Ó longo da posta en práctica deste proxecto e sempre de maneira práctica durante a realización das actividades, Teranse en conta de maneira fundamental as Competencias de Aprender a Aprender e de Autonomía e Iniciativa persoal.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »