2010-2011
A PEDRA ENCANTADA
Preto da aldea de Carballal, no Araño, alá onde o río Te toma o nome de río Grande, hai unha pedra encantada.
Veunolo contar Isabel, a mamá de Eva, e a ela contáronllo os seus avós cando era unha meniña.
A pedra ten uns buraquiños na súa superficie nos que, segundo din, unha galiña puxo uns ovos de ouro. Nos tempos de antes, a pedra e a galiña dábanlle moito medo á xente. Sobre todo á xente que tiña que moer no muíño do río toda a noite. Dis que vían cousas estranas !
Tamén Isabel papou moito medo unha tardiña na que foi lavar unhas prendas ó río. Tiña doce anos. E cando estaba alí cerca da pedra... viu a galiña!!. Talmente era a galiña máxica, coas súas plumas amarelas. Chegou correndo a casa, co medo no corpo !
Só se puido tranquilizar cando lle contaron que a unha veciña enfermáralle unha galiña e a deixara ceiba pola beira do río.
Todos nos queremos ir á casa de Eva para que a súa nai nos ensine a pedra encantada e quizais poidamos ver algunha galiña !
- APIs de Blogue
A SEREA DO POZO BASTÓN
Estes días, relendo un libriño titulado " Os mouros no Imaxinario Popular ", de Mar Llinares García, atopei recollida unha lenda que fai referencia ó Pozo Bastón, un lugar onde o río Té , na súa baixada polos montes de Araño en busca do mar, forma unhas fermosas pozas.
Aquí tendes a historia tal e como alguén lla contou á autora do libro.
Saúdos para todos. Sol
♣
"NO POZO BASTÓN DURANTE UNHA SEMANA IBA UN MOZO E NON VIÑA DE VOLTA, OUTRO, E DESAPARECÍA.
O ÚLTIMO DÍA DA SEMANA FOI UN CURA.
ÁS DOCE SALEU A DAMA PEINANDO OS CABELOS LOIROS CUN PEINE DE PLATA. DENDE ENTÓN DIN QUE HAI UNHA SIRENA. ERA DAMA DE CORPO PARA ARRIBA E SIRENA PARA ABAIXO.
OS MOZOS NAMORÁBANSE DELA E TRAGÁBAOS A AUGA.
O CURA DIXO QUE NON O CREÍA, E QUE IBA IR ÉL, E SE NON VOLVÍA ERA VERDÁ.
E NON VOLVEU. "
♣
- APIs de Blogue
Salvador Dalí segundo os nen@s da escola de Abuín
Estes días estivemos traballando coa obra de Salvador Dalí:
Muller na fiestra
ESTAS SON AS NOSAS VERSIÓNS:
Alexandra Lidia
Nerea Marco
Marta Rafael
Anxo Noel
Iago Paula
APRENDEMOS MOITAS COUSAS COA INFORMACIÓN QUE CONSEGUIMOS NAS NOSAS CASAS E NO COLE:
ESTE É SALVADOR DALÍ
E ASÍ O VEMOS NÓS:
Lidia Alexandra
Anxo Marco
Marta Nerea
Justin Iago
Paula Noel
CREA O TEU MOBIL
PREME NA IMAXE
FAI CLICK NA PARTE DEREITA (branches) para elexir a estructura, logo elixe as pezas que desexes colgar.
Podes velo en movemento (see it in motion) ou (balance)
- APIs de Blogue
NEVA, VENTA ...
- APIs de Blogue
EDUCACIÓN NUTRICIONAL
Durante os día 15, 16 e 17 de febreiro, e dentro do programa de "Educación para a saúde" que se está a desenvolver este curso no noso centro, a psicóloga Aurea Brea, a pedagoga Marta Montero e a técnica superior en educación infantil Nuria Romero, realizaron talleres nas distintas escolas co obxecto de reforzar a educación nutricional temperá e desenvolver un programa de prevención primaria dos desordes alimenticios.
Podedes observar o desenvolvemento desta actividade nas escolas de:
♣
AXUDAS POR FILLOS/AS MENORES
Na sección PAIS/NAIS deste portal, no apartado de novas publícase información sobre a convocatoria de axudas por fillos menores que convoca a Consellería de Traballo e Benestar.
- APIs de Blogue
GOYA A UNHA HISTORIA DE AMOR
- APIs de Blogue
Coa Candeloria o horto en Rañó aflora
Aínda que a Candeloria festéxase o 2 de febreiro, os nenos/nenas e mamás de Rañó a festexaron durante varios días e ao grande! Queredes velo?
Ademais aprendimos moitiñas cousiñas da Candeloria que foron saíndo despois de moito investigar...
|
|
- APIs de Blogue
UNHA PINGA MOI REDONDA...
" UNHA PINGA
MOI REDONDA
NOS FUCIÑOS
DO MEU CAN.
PLIN! PLIN! CLAN!
DOCEMENTE
CHORA A NUBE
MOLLA O CAN "
Ana Mª Fernández
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »