2010-2011
COÑECEMENTO DA CONTORNA
- APIs de Blogue
Visita de ABAGAL
O mércores da semana pasada recibimos a visita de Aurea, Marta e Nuria, que nos falaron sobre os alimentos e nos contaron algunhas cousas que non sabíamos e outras moitas que xa coñecíamos.
Pasámolo moi ben en todas as actividades que fixeron, ademáis puidemos poñer os gorros de cociñeir@s que fixéramos dias antes na escola e utilizamos os recortes dos alimentos dos folletos que trouxéramos das casas.
Nunha das actividades aprendemos
qué alimentos temos que tomar máis e cales menos...
Tamén realizamos tres menús: un para o almorzo, outro para a comida e outro para a cena, procurando que fosen equilibrados...
- APIs de Blogue
SÓLIDO, LÍQUIDO E GAS
- APIs de Blogue
NUBES SALGADAS
- APIs de Blogue
FORMANDO PINGAS
- APIs de Blogue
APRENDENDO DOS PAPÁS
Un bico e un abrazo para todos especialmente para Rodrigo Rivademar.CHAO,CHAO"
- APIs de Blogue
VISITA DE VOZ NATURA
ESTE VENRES RECIBIMOS A VISITA DE JOSÉ ANTONIO, DE VOZ NATURA.
CON ÉL COMENTAMOS ALGÚNS ASPECTOS DO TRABALLO QUE ESTAMOS A REALIZAR ESTE ANO E FALAMOS TAMÉN DE PROXECTOS FUTUROS.
ENTRISTECEUNOS SABER QUE GASTÓN, O TIBURÓN DO ACUARIO DA CORUÑA ESTÁ UN POUCO DÉBIL ESTA TEMPORADA PORQUE SE LLE DEU POR NON COMER...
AI GASTÓN, GASTÓN!!!
- APIs de Blogue
CHOVE EN CAPELA
Xa fai algún tempo, na Biblioteca de Daniel,
desfrutamos dun libro de poemas de Antonio García Teijeiro titulado “Chove
nos versos”. Despois a profe María díxonos que…
Choveu en Novembro
sobre Capela
choiva vermella
choiva amarela
e animounos a ser poetas!
Púxonolo moi fácil: dounos algunha pista e
recordounos que nos nosos poemas podería chover sobre todo aquilo que nós
puidésemos imaxinar.
E vai se tiña razón!
Comezou chuviscando, pois os primeiros versos
saíron amodiño, con certa dificultade…
Chove en Xaneiro
sobre a paz
Titiriteira
Titiritaz
Chove en Febreiro
nos namorados
Titiriteiros
Titiritaros
Chove en Xuño
sobre o mar
Titiriteiro
Titiritar
Chove en Decembro
sobre o Nadal
Titiriteiro
Titirital
Pero cando nos quixemos dar conta, xa estaba
chovendo a cántaros! E daquela, ninguén puido evitar a molladura:
- APIs de Blogue
UNS MESTRES MOI ESPECIAIS
HOXE EN PAZO INFANTIL TIVEMOS UNS MESTRES MOI ESPECIAIS:
OS NOSOS AMIGOS DE PAZO PRIMARIA.
COMO MAIORES DA NOSA ESCOLA, VIÑERON ENSINARNOS
OS SEUS DESCUBREMENTOS:
1º EXPERIMENTO: FLOTA O OVO NA AUGA?
E SE LLE ENGADIMOS SAL?
2º NEREA ENSINOUNOS A FACER BURBULLAS
CON AUGA E XABÓN.
ELA FACÍA E NÓS ESTOUPÁBAMOS.
FOI MOI INTERESANTE E DIVERTIDO,
VOLVEDE MÁIS VECES CON NOVOS DESCUBREMENTOS!!!
- APIs de Blogue
A LENDA DA FONTE DO MOURO
SON ÁNGEL E A HISTORIA QUE SE NARRA DE SEGUIDO CONTARONMA OS MEUS TÍOS QUE VIVEN POR ALÍ.
***
NUN LUGAR AGOCHADO DA PARROQUIA DE ASADOS, EN VILANUSTRE,
ESTÁ A FONTE DO MOURO.
É UN LUGAR MOI FERMOSO E DIN QUE ENCANTADO
(ou polo menos así era para os que eran rapaces os que hoxe son adultos)
DI A LENDA QUE ALÍ HAI UN MOURO ENTERRADO E QUE ESTE
TEN UNHA AMIGA SERPE.
SE O CHEGAR ALÍ DIS TRES VECES "CULÍ, CULÍ, CULÍ "
A SERPE SAE DO SEU AGOCHO E LÉVATE ATA ONDE XACE O MOURO,
E NON PODES VIR DE VOLTA.
A FONTE DO MOURO TAMÉN SE COÑECE COMO FONTE DE CULÍ, CULÍ
***
ESTA FONTE TEN Ó SEU CARÓN UN ANTIGO LAVADOIRO
Este lavadoiro conserva as pedras cadradas onde se fregaba a roupa.
É un lugar fermoso situado preto do muiño de Francuín.
Lenda recollida por Ángel no curso 2008-2009
Escola do Pazo
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »