COÑECEMENTO DA CONTORNA

María José Fungueiriño, axente de emprego e desenvolvemento local do concello, realizou o martes 22 de febreiro ante o profesorado do CRA unha interesante exposición sobre a situación socioeconómica de Rianxo.
Esta charla enmárcase dentro das sesións de coñecemento da contorna realizadas nas reunións de coordenación do profesorado do centro.