2010-2011

DÍA MUNDIAL DA AUGA

EN 1992, A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS DECLAROU O 22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Ó REDOR DESTA DATA CONVÍDASE ÓS PAÍSES A REALIZAR ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CONSERVACIÓN DA AUGA.

NÓS, DENDE O NOSO CENTRO, FACEMOS EXTENSIVA ESTE CONVITE A TODOS OS MEMBROS DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA E ANIMÁMOLOS A LER O NOSO LIBRO WEB DESTE CURSO :

O LIBRO DA AUGA

MÚSICA ACUÁTICA

A PRINCIPIOS DO SÉCULO XVIII ( XA VAN ALÁ 300 ANOS ), GEORG FRIEDRICH HAENDEL COMPUXO UNHA MÚSICA ESPECIAL.

O REI DE INGLATERRA QUERÍA ESCOITAR UN CONCERTO MENTRAS NAVEGABA POLO RÍO TÁMESIS E, COMO DAQUELA A MÚSICA NON SE PODÍA GRAVAR, HAENDEL COMPUXO TRES SUITES DE MÚSICA ACUÁTICA  PARA QUE CINCUENTA MÚSICOS A INTERPRETASEN NUNHA BARCA QUE NAVEGABA A CARÓN DA DO REI.

RUBÉN, O NOSO PROFESOR DE MÚSICA, PRESENTOUNOS A HAENDEL E A SÚA MÚSICA ACUÁTICA NAS SESIÓNS QUE REALIZAMOS DURANTE A PASADA SEMANA EN ASADOS.

CON ESTA HISTORIA, REMONTÁMONOS A AQUELA ÉPOCA E POIDEMOS SENTIRNOS MÚSICOS NA BARCAZA OU DANZANTES NUN SALÓN REAL.

PARABÉNS PAPÁ!

Hoxe, 19 de Marzo, festexamos o seu día:

     
     
     
   

O DÍA DE TODOS OS PAPÁS!!! 

Esta data tan sinalada tívonos moi atarefados ao longo da semana, pois queríamos transmitir o noso amor dun xeito especial. Por iso decidimos agasallar aos papás con estas xoaniñas e tartarugas- lapiseiros que fixemos con moito agarimo e ilusión.

 
 
 

 

Concerto da Escola de musica de Rianxo

19/03/2011 12:00
23/03/2011 12:00

Os días 22 e 23 de marzo terán lugar os concertos de alumnos da Escola de Musica de Rianxo co seguinte calendario e horario

MARTES 22: 9:30 a 10:30, Quintáns e Vacariza., 11:00 a 12:00 Abuin e Rañó, 12:30 a 13:30 Pazo.

MÉRCORES 23: 9:30 a 10:30 Capela, 11:00 a 12:00 Cruceiro, 12:30 a 13:30 Cuvide e Outeiro

FERVENZA DE CADARNOXO

 

OLA, SON ELOY.

UN DÍA QUIXEN LEVAR COMO PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA  "AUGAS CAÍDAS. FERVENZAS DE GALIZA" DA EDITORIAL A NOSA TERRA.

ESE FIN DE SEMANA, NA MIÑA FAMILIA DECIDIRON ORGANIZAR UNHA EXCURSIÓN PARA QUE EU POIDESE COÑECER A FERVENZA DE CADARNOXO, UNHA DAS MOITAS QUE APARECE FOTOGRAFADA NESTE LIBRO.

TAMÉN É COÑECIDA POLO NOME DE FERVENZA DE CUBELOS, E ESTÁ NO LUGAR DE CADARNOXO, NA PARROQUIA DE CURES DO CONCELLO DE BOIRO.

O RÍO GRAÑA (AFLUENTE DO COROÑO, QUE, COMO O NOSO RÍO TÉ, VAI DESEMBOCAR NA RÍA DE AROUSA) TEN NESTE LUGAR UNHA CAÍDA DE 30 METROS.

IMPRESIONANTE, NON SI?

ACHEGAMENTO AOS MUÍÑOS DENDE A MAN DE JOSE MARÍA RODRÍGUEZ

O xoves 10 de marzo recibimos a visita dun gran coñecedor dos muíños, Jose María Rodríguez, veciño de Leiro.

Ademáis de facernos un achegamento á importancia dos muíños para a nosa terra galega, deleitounos con poemas varios, incluso poemas da súa propia creación. Aquí mostramos algúns exemplos:

                       CANDO BARRAS COA VASOIRA

              AO REDOR DO TEU MUÍÑO

              EU DÍGOCHE MUIÑEIRA

                QUE TI ME VOLVES TOLIÑO.

                        MUIÑEIRA, MEU AMOR

                        EU CAPA QUIXERA SER

                         E XIRA, XIRA QUE XIRA

                             ESTAR SEMPRE AO TEU REDOR.

 

   
   
   
   
   

A NOSA AUGA

Ola, eu son Iago, e esta é a...
BRVE HISTORIA DA AUGA QUE SAE POLAS NOSAS BILLAS
 
1. A auga subterránea é recollida en arquetas
 
 
 
 A nosa traída veciñal componse de varias arquetas nas que se recollen as augas subterráneas que proveñen de distintas fontes e mananciais. Nesta arqueta conflúen catro fontes e a auga entra polo tubo que vemos na foto da esquerda. De aquí sae outro tubo que vai polo monte ata chegar ós depósitos, onde almacenará a auga. A sobrante sae ó exterior polos buratos que vemos na foto da dereita.
 
2. A auga chega ós depósitos de almacenamento
 
   
A auga chega aquí dende as arquetas polos tubos máis delgados e logo lévase a un gran depósito central cos tubos máis grosos ( foto da esquerda ). Dende alí repártese por igual a todos os depósitos individuais ( na foto da dereita podemos ver os tubos que levan a auga do depósito xeral ós outros )
 
3. A auga almacénase e sae para as nosas casas
 
   
Aquí podemos ver os depósitos que cada veciño ten na traída. A auga sae de cada depósito polos tubos que vedes e van por debaixo da terra ata chegar ás nosas casas. Adiviñades a quen pertence o número 43 que vemos na foto da esquerda...?
A escola do Cruceiro!
Si, amigos, a auga que sae pola billa da escola ven deste depósito!
 
♣ 
 
Ben, agardo que vos gustase a historia da nosa auga, pero recordade...
 
A AUGA HAI QUE COIDALA E USALA DUNHA MANEIRA RAZOABLE...
 
porque, aínda que nós somos afortunados por tela durante todo o ano, e en gran cantidade, hai moitos nenos e nenas que non teñen esa sorte e non sempre poden disfrutar dela.
 
IMAXINÁDESVOS QUE AS FONTES QUE TEMOS UN DÍA DEIXARAN DE BOTAR AUGA OU BOTARAN TAN POUCA QUE TIVÉSEMOS QUE REPARTILA?
 
XA SABEDES...EXERCEDE DE BOS COIDADORES DA AUGA!
 
 
Un saúdo a todos,
Iago

O MUÍÑO DO REGO

ESTE É O MUÍÑO DO REGO, EN OUROLO, TARAGOÑA.

O MUÍÑO PERTENCEU A DÚAS FAMILIAS DE DITO LUGAR. AGORA SÓ PERTENCE Á FAMILIA SABORIDO.

O MUÍÑO USÁBANO TODOS OS VECIÑOS UNHA VEZ Á SEMANA. SÓ MOÍA MILLO E FUNCIONABA COA AUGA DA FONTE DO MEDIO DA RATEIRA. AGORA XA NON FUNCIONA PERO ESTÁ EN BO ESTADO.


MARÍA PRESAS

AUGAS FALADAS E ESCRITAS

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS

SEI QUE A AUGA LEVA FORMANDO PARTE DA  VIDA DO NOSO CRA DENDE HAI XA MOITOS MESES.

OS TRABALLOS EXPOSTOS NO LIBRO DA AUGA, OS DISFRACES DE ENTROIDO, OS LIBROS SOLICITADOS EN PRÉSTAMO NA NOSA BIBLIOTECA, A VISITA DE JOSÉ MARÍA AS NOSAS ESCOLAS...TODO VAI FLUÍNDO POLO REGUEIRO DESTA AUGA QUE NOS ENCHOUPA NESTE CURSO...

E ESTE REGUEIRO, MANSO E CONSTANTE, ARRÁSTRANOS NOVAMENTE DURANTE ESTA SEMANA Á NOSA BIBLIOTECA DE ASADOS PARA DESCUBRIR NOVAS AUGAS ESCRITAS E FALADAS.

ALÍ NOS VEMOS...

O VOSO AMIGO,

DANIEL


Consulta as novas da escola de Rañó
O DÍA MUNDIAL DA POESÍA

GOZANDO COA MÚSICA E COS CONTOS

 a nova de Cruceiro
REINA BATATA

e a nova de Capela
AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

Distribuir contido