FERVENZA DE CADARNOXO
OLA, SON ELOY.
UN DÍA QUIXEN LEVAR COMO PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA "AUGAS CAÍDAS. FERVENZAS DE GALIZA" DA EDITORIAL A NOSA TERRA.
ESE FIN DE SEMANA, NA MIÑA FAMILIA DECIDIRON ORGANIZAR UNHA EXCURSIÓN PARA QUE EU POIDESE COÑECER A FERVENZA DE CADARNOXO, UNHA DAS MOITAS QUE APARECE FOTOGRAFADA NESTE LIBRO.
TAMÉN É COÑECIDA POLO NOME DE FERVENZA DE CUBELOS, E ESTÁ NO LUGAR DE CADARNOXO, NA PARROQUIA DE CURES DO CONCELLO DE BOIRO.
O RÍO GRAÑA (AFLUENTE DO COROÑO, QUE, COMO O NOSO RÍO TÉ, VAI DESEMBOCAR NA RÍA DE AROUSA) TEN NESTE LUGAR UNHA CAÍDA DE 30 METROS.
IMPRESIONANTE, NON SI?
»
- APIs de Blogue