A NOSA AUGA
Ola, eu son Iago, e esta é a...
BRVE HISTORIA DA AUGA QUE SAE POLAS NOSAS BILLAS
1. A auga subterránea é recollida en arquetas
A nosa traída veciñal componse de varias arquetas nas que se recollen as augas subterráneas que proveñen de distintas fontes e mananciais. Nesta arqueta conflúen catro fontes e a auga entra polo tubo que vemos na foto da esquerda. De aquí sae outro tubo que vai polo monte ata chegar ós depósitos, onde almacenará a auga. A sobrante sae ó exterior polos buratos que vemos na foto da dereita.
2. A auga chega ós depósitos de almacenamento
A auga chega aquí dende as arquetas polos tubos máis delgados e logo lévase a un gran depósito central cos tubos máis grosos ( foto da esquerda ). Dende alí repártese por igual a todos os depósitos individuais ( na foto da dereita podemos ver os tubos que levan a auga do depósito xeral ós outros )
3. A auga almacénase e sae para as nosas casas
Aquí podemos ver os depósitos que cada veciño ten na traída. A auga sae de cada depósito polos tubos que vedes e van por debaixo da terra ata chegar ás nosas casas. Adiviñades a quen pertence o número 43 que vemos na foto da esquerda...?
A escola do Cruceiro!
Si, amigos, a auga que sae pola billa da escola ven deste depósito!
♣
Ben, agardo que vos gustase a historia da nosa auga, pero recordade...
A AUGA HAI QUE COIDALA E USALA DUNHA MANEIRA RAZOABLE...
porque, aínda que nós somos afortunados por tela durante todo o ano, e en gran cantidade, hai moitos nenos e nenas que non teñen esa sorte e non sempre poden disfrutar dela.
IMAXINÁDESVOS QUE AS FONTES QUE TEMOS UN DÍA DEIXARAN DE BOTAR AUGA OU BOTARAN TAN POUCA QUE TIVÉSEMOS QUE REPARTILA?
XA SABEDES...EXERCEDE DE BOS COIDADORES DA AUGA!
Un saúdo a todos,
Iago
»
- APIs de Blogue