A COR DA AUGA

- A AUGA É AZUL. Dixo Iván

-SI, A AUGA É AZUL. Confirmou Eloy

-ESTADES SEGUROS DE QUE A AUGA TEN ESA COR? Preguntou a mestra, e a pregunta parece provocar algunhas dúbidas...

- NON É AZUL, PERO VESE AZUL PORQUE ABAIXO ESTÁ PINTADO CON ESA COR. Marta recorda que é o que pasa coa auga das piscinas e estanques.

- E O MAR, TAMÉN TEN PINTADO O FONDO DE AZUL ?...

Collemos auga do grifo. Enseguida recordamos que sempre a vemos desa cor.

UNHA COR QUE NON É COR:

INCOLORA E TRANSPARENTE!!

Tamén lembramos que é así cando, na praia, collemos un pouco de auga nas mans, ou nun cubo...

Pero entón, por qué vemos todos os días o mar azul?

- ÁS VECES ESTÁ GRIS...

Haberá que seguir a facerse preguntas...