AUGA PURA E AUGA NATURAL

A MAMÁ DE PAULA MAGÁN CONTOUNOS QUE A AUGA DA SÚA CASA TEN MOITO FERRO.
COMO PODE SER ISO, PREGUNTÁMONOS NÓS.
SE A AUGA ESTÁ FORMADA POR HIDRÓXENO E OSÍXENO...DE ONDE SAIU O FERRO ? 
 

 

BUSCAMOS INFORMACIÓN, "ANALIZAMOS" PINGUIÑAS DE AUGA, E DESCUBRIMOS QUE... 
   
A AUGA PURA ESTÁ COMPOSTA POR MOLÉCULAS QUE SE FORMAN Ó ASOCIARSE 2 ÁTOMOS DE HIDRÓXENO CON 1 ÁTOMO DE OSÍXENO.
   
 CANDO A AUGA DISCORRE POLA NATUREZA VAI DISOLVENDO SUBSTANCIAS MINERAIS E RESTOS ORGÁNICOS:
É A AUGA NATURAL
 SE A AUGA NATURAL DISOLVE MOITOS COMPOÑENTES ORGÁNICOS OU MINERAIS NON É APTA PARA O CONSUMO.
DISE QUE É AUGA NON POTABLE