Que aporta a investigación sobre o medio á formación dos alumnos e alumnas?

 

Na actualidade valórase que a calidade na educación vai unida á capacitación dos alumnos e alumnas para a resolución autónoma dos retos e opcións da  vida cotidiana. Por esto se dí  que os sistemas educativos deben facilitar nos alumos e alumnas "unha actitude aprendizaxe permanente ao longo da vida".

Estase a pasar dunha educación na que o principal eran os contidos, os coñecementos memorísticos moitos deles, e na cal correspondía ao mestre/a un protagonismo fundamental a unha educación na que os protagonistas principais son os alumnos e a finalidade principal da educación é a capacitación dos alumnos para coñecer de forma crítica. A LOE, no seu artigo 2. Fins da Educación, no punto K define como un fin da educación: A preparación  para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

Podemos pois afirmar que por educar se entende sobre todo axudar aos alumnos e alumnas a actuar cada vez con máis autonomía, responsabilidade e sentido solidario, na sociedade e no mundo no que viven.

Non é concebible pois conseguir estes obxectivos educativos que procuran persoas capaces de exercer unha cidadanía responsable, cunha educación virada de costas á realidade e ao entorno no que viven os alumnos  e alumnas. Non se pode conseguir este obxectivo dende unha intervención educativa que ignore os valores, os logros  e os coñecementos dos entornos aos que pertencen os alummos e alumnas.

O estudio e a investigación do entorno aporta aos alumnos e alumnas:

  1. Coñecementos para actuar nel con autonomía e responsabilidade.
  2. Actitudes de compromiso para a mellora e transformación deses entornos
  3. Sentido de pertenza a colectivos que actúan e transforman o medio no que viven.