RÁS NO PAZO DO TAMBRE
OLA,SON RODRIGO.
ESTIVEN NO PAZO DO TAMBRE COS MEUS PAIS E A VERDADE É QUE O PASEI MOI BEN. SE AINDA NON O VÍSTEDES, ANÍMOVOS A QUE O FAGADES PORQUE PAGA A PENA VIR.
ESTÁ EN PONTE NAFONSO, Ó FONDO DA RÍA DE NOIA, ONDE DESEMBOCA O RÍO TAMBRE.
TEN UNS XARDÍNS MOI GRANDES E O ESPAZO PARA CORRER ESTÁ GARANTIDO.
A MEDIDA QUE ÍA ENTRANDO, ESCOITÁBASE O CROAR DAS RÁS, HABÍA MOITAS:
UNHAS ENRIBA DE FOLLAS, OUTRAS NADANDO, UNHAS PEQUENIÑAS…
SÓ ESCOITARA UNHA VEZ O CROAR DUNHA RÁ E AQUÍ O ÚNICO QUE SE OÍA ERA "CROÁ,CROÁ” TODO O TEMPO !!!
HAI CABALOS E ATA ME QUERÍAN SUBIR A UN PERO EU DIXENLLE QUE PREFERÍA SUBIR ÓS DE MENTIRA QUE TAMÉN HABÍA.
ANIMÁDEVOS A IR, QUE VOS IDES DIVERTIR!!!
»
- APIs de Blogue