2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

FROITA NA ESCOLA

Comeza o luns 18  a derradeira  "Semana da froita na escola" deste curso escolar 14-15.
Este programa encádrase dentro do "Plan de consumo de froita nas escolas"
e se desenvolve coa axuda económica da  Unión Europea.

CELEBRANDO AS LETRAS

A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA DE RIANXO CELEBRA O 15 DE MAIO, NO LUGAR DE CAMPO DE MANEIRO, A FESTA DAS LETRAS.

XOGOS DE LETRAS

AS ESCOLAS DE QUINTÁNS, RAÑÓ, PAZO, OUTEIRO E CRUCEIRO DESPRAZÁRONSE NA MAÑÁ DO 14 DE MAIO Á SEDE DA FUNDACIÓN CJC, EN IRIA FLAVIA, PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES E OBRADOIROS DO PROGRAMA  "XOGOS DE LETRAS" DIRIXIDO A ESCOLARES

The Solar System

 

 

In Pazo we created this spectacular solar system with the sun and all its planets. After that, we hang it from the ceiling. Can you remember the name of all the planets?


En Pazo creamos este espectacular sistema solar co Sol e tódolos seus planetas. Despois colgámolo do teito. Lembrades o nome de tódolos planetas?

A MESTRA YOLI E O SEU BAÚL: QUE CONTO TERÁ HOXE?

LEVABAMOS XA UN TEMPIÑO QUERENDO QUE A MESTRA YOLI PASARA CON TODA A CLASE UNHA SESIÓN DIVERTIDA! CANDO NOS DIXO QUE ESTE LUNS NOS TRAERÍA UN CONTO DO SEU BAÚL E TAMÉN TERÍAMOS TEMPO PARA XOGAR UN POUCO.. PUXÉMONOS MOI CONTENTOSSorriso, TANTO QUE MARCAMOS O DÍA NO NOSO ALMANAQUE XUNTO COS OUTROS ACONTECEMENTOS IMPORTANTES DESTE MES!.

CANDO CHEGOU, SENTÁMONOS TODOS NA BIBLIOTECA PARA PODER VER QUE CONTO LLE TROUXERA O SEU BAÚL DOS CONTOS: O CAPITÁN CALABROTE.

CANDO REMATAMOS DE ESCOITAR A HISTORIA, A MESTRA YOLI AMOSOUNOS UN CONTO CON MOITAS CURIOSIDADES SOBRE OS PIRATAS  E DEIXONO NA NOSA BIBLIOTECA PARA QUE ESTOS DÍAS O POIDAMOS OBSERVAR E COÑECER UN MONTÓN DE CURIOSIDADES.

 

ADEMÁIS TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR COA NOSA IMAXINACIÓN: PARA QUE NOS PODE SERVIR UNHA CULLER ???(ADEMÁIS DE PARA COMER). HOUBO DISTINTAS OPINIÓNS: COMO PALA, COMO CALZADOR DE ZAPATOS, COMO PEINE, ....

E POR ÚLTIMO, ANTES DE DESPEDIRNOS, TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR AO "MIKADO" MELLORANDO A NOSA CONCENTRACIÓN!!! TIÑAMOS QUE COLLER UNHA "VARIÑA" DE MADEIRA INTENTANDO NON MOVER NINGUNHA DAS OUTRAS! FOI COMPLICADO PERO AO FINAL CONSEGUIMOLO TOD@S!

 

MOITAS GRACIAS YOLI!

 

CASAS AFRICANAS

ESTE VENRES LEVAMOS PARA A CASA UNHA DAS NOSAS REALIZACIÓNS PLÁSTICAS DESTE CURSO: AS CASAS AFRICANAS, XA QUE NO NOSO PERCORRIDO POLO MUNDO PASAMOS POR ESTE CONTINENTE  E ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS APRENDIMOS COMO FACÍAN AS CASAS NALGÚNS DESTES LUGARES.

   

VISITA DOS BOMBEIROS

NESTE 3º TRIMESTRE RECIBIMOS UNHA VISITA QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMOOOOOO!! VIÑERON OS BOMBEIROS E ENSINÁRONNOS TANTAS COUSASSorriso

ERAN CASE AS 10.00 CANDO CHEGARON E SAÍMOS CORRENDO A RECIBILOS!

VIÑERON EN DOUS CAMIÓNS E ENSINÁRONNOLOS POR DENTRO!

 

 

DESPOIS VEU A PARTE MÁIS DIVERTIDA! POÑER O CASCO E USAR A MANGUEIRA! PASAMOLO XENIAL!

AO REMATAR DE USAR A MANGUEIRA, DESPEDÍMONOS DOS BOMBEIROS ATA O ANO PRÓXIMO E VIMOS COMO MARCHABAN COA SEREA POSTA!

 

 

O NOSO CREBACABEZAS: "TAKO" (NOME QUE RECIBE A COMETA EN JAPÓN)

AO LONGO DO CURSO EN CAPELA INFANTIL PASAMOS POR MOITOS PAÍSES. NESTES ÚLTIMOS DÍAS COÑECEMOS JAPÓN.

DESCUBRIMOS QUE UN XOGUETE TÍPICO DESTE PAÍS É A COMETA, QUE ALÍ LLE CHAMAN "TAKO" E QUE CADA NEN@ TEN UNHA QUE VOA CADA 5 DE MAIO CANDO CELEBRAN O DÍA DOS NEN@S, OU DATAS SINALADAS COMO ANINOVO.

COMO NOS ENCANTAN AS MANUALIDADES, DESTA VOLTA FIXEMOS UN CREBACABEZAS DUNHA COMETA QUE PINTAMOS DE DIFERENTES CORES CON ROTULADORES PERMANENTES.

 

CON MOITA PACIENCIA E COIDADO FOMOS PINTANDO CADA PEZA!

 

 

 E POUCO A POUCO REMATAMOS OS NOSOS CREBACABEZAS! XA ESTAMOS LISTOS PARA XOGAR CON ELES!

 

 

 

ONDE ESTÁ AUSTRALIA?

SEVE E PAS INDICAN ONDE ESTAMOS NÓS,

EN ESPAÑA-GALICIA-A CORUÑA-RIANXO-PAZO,

  E ONDE ESTÁ AUSTRALIA.

CONCLUÍMOS QUE ESTÁ BASTANTE LONXE

E SE ALGÚN DÍA VAMOS VISITAR ESTE PAÍS

IREMOS EN AVIÓN, POIS EN BARCO TARDARÍAMOS MOITO TEMPO.

COA PROFE VERÓNICA SITUAMOS NO GLOBO TERRÁQUEO AUSTRALIA.

O KOALA E O EUCALITO

UN DOS ANIMAIS TÍPICOS DE AUSTRALIA É O KOALA.

E UNHA DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS DESTE PAÍS É O EUCALIPTO.

 

Distribuir contido