2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

ASEMBLEA XERAL DA ANPA

O XOVES 2 DE OUTUBRO CELEBROUSE  NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, A PRIMEIRA ASEMBLEA NO CURSO 2014-2015 DA ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" .

ver a sección da Anpa neste portal

PRIMEIRA ASEMBLEA DA ANPA PARA O CURSO 2014-2015

 

FAMILIAS DO CRA DE RIANXO
Lembrade que hoxe ás 8 (primeira convocatoria ás 7:30) celébrase a primeira Asemblea da Anpa Irmáns Ínsua para este curso. Será na Sede (Atalaia, Asados). Non vos despreocudes deixando nas mans de outros a educacións dos vosos fillos e fillas.

CONCERTO DIDÁCTICO

O LUNS 22 DE RIANXO, DE 10:00 A 11:00 HORAS, O ALUMNADO DO CRA ASISTIU A UN CONCERTO DIDÁCTICO DE VOZ E PIANO NO AUDITORIO MUNICIPAL.
A SESIÓN MUSICAL FOI INTERPRETADA POLO DÚO DE JAZZ DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Tiger, a new friend

Hello children!

I'm Tiger, Cheeky's new friend. I'm orange and black. I roar and I jump.

How were your holidays? I went to the beach. Look at me!

I'll be there with you very soon.

Good bye

 

Tiger

ATENCIÓN. TRASLADO DO LUGAR DE REUNIÓN: SEDE DO CRA (ASADOS) xoves 11 ás 20 horas.

 

 
 

 

                                                                                           
A reunión que se ía celebrar no Colexio Castelao non se vai celebrar, porque a consellería mellorou as condicións dese centro. Non obstante, mantense o recorte do profesor de audición e linguaxe para o alumnado do Cra. Por todo isto, no mesmo día e hora, xoves 11 ás 20 horas, a dirección do CRA nos informará de como nos vai afectar este recorte de profesorado.

REUNIÓN INFORMATIVA

A ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" CONVIDA ÁS FAMILIAS A ASISTIR, O XOVES 11 ÁS 20H. NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, RIANXO, A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE OS RECORTES NO ENSINO

ver a nova na sección da ANPA

OS RECORTES SEGUEN CHEGANDO AO CRA NO CURSO 2014-2015

Iniciamos o curso escolar coa triste noticia de que no Cra recortan a dedicación do profesorado especialista en audición e linguaxe. Ata este curso dispoñíamos dun profesional con xornada completa, e agora imos compartilo co Colexio Castelao. A razón para reducir non está en que se reduciron as necesidades, senón en que se reduce o diñeiro que se quere dedicar. Novamente, xestiónase a escola dos nosos fillos e fillas con criterios empresariais. Todo o alumnado se verá perxudicado, porque estes especialistas, ademais de ter unha atención individual ás crianzas con máis dificultade, estaban dedicando tamén un tempo á semana a traballar nas aulas con todas as nenas e nenos. 

É deber das nais e pais defender os dereitos dos nosos fillos e fillas mentres eles non poden facelo. 

Por iso, desde a Anpa, pedimos ás familias que acudan o xoves 11 ás 20 horas a unha reunión informativa que haberá no Colexio Castelao, para ver a maneira de defender o dereito dos nosos nenos e nenas a un ensino de calidade. 

 

CURSO ESCOLAR 2014-15


ÁS FAMILIAS

Tal e como prevé o calendario escolar, as actividades docentes comezarán o día 10 de setembro. As titoras e titores informarán sobre o horario previsto para ese día.

Para xestións co equipo directivo na sede do C.R.A. antes do inicio das actividades docentes, prégase utilizar o horario de 10:00 a 12:00 horas

 

AO PROFESORADO

O día 1 de setembro ás 12:00  realizarase a primeira reunión do curso 2014-15 na sede do centro. Prégase que as titoras e titores pasen antes polas escolas. O profesorado de nova incorporación prégase se incorpore á sede do centro en Atalaia - Asados ás 10:00.

 

O EQUIPO DIRECTIVO DO C.R.A. DE RIANXO

Calendario electoral para a renovación do Consello Escolar

No arquivo adxunto exponse o calendario electoral que ordenará o proceso de renovación do Consello Escolar do C.R.A. de Rianxo. Este calendario foi aprobado pola Xunta Electoral o día 4 de novembro de 2014.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2014

Segundo a resolución de 19  de setembro de 2014, corresponde realizar no primeiro trimestre deste curso 2014-15 a renovación parcial do Consello Escolar.

Corresponde a renovación dos seguintes postos no Consello Escolar:

Sector de profesores/as: 4 membros

Sector de pais e nais: 2 membros

Sector do persoal de administración e servizos: 1 membro

Neste apartado pode consultarse a documentación relacionada co procedemento

 

Distribuir contido