2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

CRA DE RIANXO (2014-2015)

COMO TODOS OS ANOS, NO NOSO COLE TEMOS COMPAÑEIR@S NOV@S: ASIER, ADRIANA,LARA E CLAUDIA, PERO TAMÉN PROFES NOV@S: MARIÑA, PABLO, CHARO, MIGUEL, INÉS... E POR ISO QUIXEMOS FACER UN REPASO DE CADA ESCOLA E ASÍ LEMBRAR OU APRENDER AS CARAS NOVAS 

 

O MONSTRO DE CUVIDE

O NOSO AMIGO DANIEL, DENDE A BIBLIOTECA DE ASADOS, PEDIUNOS QUE CREARAMOS UN MONSTRO PARA PODER DECORAR A BIBLIO, E ESTE FOI O RESULTADO!!!!


   
     
     
 
   
                                                                  

VISITA Á BIBLIOTECA DE DANIEL

MOITAS GRAZAS, DANIEL POR TERNOS PREPARADA TAN MONSTRUOSA SESIÓN!!!

MOITAS GRAZAS TAMÉN A PABLO, A CELIA E AO DOMADOR DE MONSTROS POR AXUDAR A DANIEL E DARLLE VIDA ÁS HISTORIAS!!!

FOI UNHA FANTÁSTICA SESIÓN ONDE DESFRUTAMOS MOITO.

 

1ª SESIÓN DE MÚSICA

O PROFE RUBÉN TIÑANOS PREPARADA UNHA BONITA SESIÓN DE MÚSICA:

VIMOS E TOCAMOS INSTRUMENTOS,...

E REPASAMOS UNHA CANCIÓN QUE MOITO NOS GUSTA:

 

"UN VERMIÑO VERDE SUBE ATA O FAROL

DESPOIS VAI BAIXANDO CANDO SAE O SOL

CANDO CHEGA A NOITE VOLVE A SUBIR

E COA CALORIÑA QUÉDASE A DURMIR"

 

PREMEDE PARA VER QUE BEN O PASAMOS:

 

PANTASMAS PARA DANIEL!!!

 

ANTES DE IR Á PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE CURSO, DANIEL FÍXONOS UN AGASALLO,

OS SEUS CADERNOS, E TAMÉN UNHA ENCOMENDA: MONSTROS

E NÓS ADEMÁIS DE DEBUXAR UNS MONSTROS BEN MONSTRUOSOS

FIXEMOS UNHAS PANTASMAS CON MATERIAL DE REFUGALLO QUE QUEDARON ASÍ.

 

A PRIMEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

HOXE É A PRIMEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA DESTE NOVO CURSO

E ESTAMOS MOI IMPACIENTES AGARDANDO AS DIFERENTES ACTIVIDADES

QUE O MESTRE ALEX NOS TEN PREPARADAS!!!

 

PERO...NO NOSO PATIO EXTERIOR COMEZOU A CHOVER

E TIVEMOS QUE REMATAR A SESIÓN DENTRO, NA SALA DE EDUCACIÓN FÍSICA

O CLUB DOS AMIGAS E AMIG0S DE DANIEL

O CLUB DE AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL CONTA CUNHA NOVA AMIGA: A NOSA XIANA. RECIBIMOS UNHA CARTA DE DANIEL CONVIDÁNDONOS A VISITALO NA BIBLIOTECA DA SEDE DE ASADOS E TEMOS QUE DICIR QUE ESTAMOS MOOOII ILUSIONADOS!! DISQUE IMOS COÑECER A UN DOMADOR DE MONSTROS!! PERO A NOSA COMPAÑEIRA XIANA AÍNDA NON SABÍA MOI BEN QUEN ERA AQUEL DANIEL, AÍNDA QUE NÓS O TEMOS NA NOSA ESCOLA BEN GRANDE, ASÍ QUE COLLEMOS O LIBRO QUE CONTA A VIDA DE DANIEL E ENTRE TODOS CONTÁMOSLLE O QUE SABEMOS DEL E O CERTO É QUE SABEMOS UN MONTÓN Sorriso

IDENTIFICAMOS AS EMOCIÓNS CON MAFALDA

O EQUIPO DE BIBLIOTECA FACILITOUNOS UN MATERIAL CO CAL Á VEZ QUE HOMENAXAMOS A MAFALDA, TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS. A MESTRA PRESENTOUNOS A MAFALDA: MAFALDA TEN 6 ANOS E NON LLE GUSTA A SOPA E NON DUBIDA EN MANIFESTALO, AO IGUAL QUE OUTRAS MOITAS COUSAS QUE NON LLE GUSTAN E LLE GUSTARÍA CAMBIAR. 

XOGAMOS A POÑER CARA DE... ENFADADOS... ABURRIDOS... CANSADOS... CONTENTOS... TRISTES... DIANTE DO ESPELLO E COMPLETAMOS O CADERNO DE MAFALDA E REMATAMOS DEBUXÁNDONOS A NÓS MESMOS NESE INTRE

                                                  

                               FÁTIMA                                                   AMARO

             

                                               

                                                       ALEJANDRO                                              UXÍA

 

 

                                             

                                      HUGO                                                     JOEL

MOITAS GRAZAS AO EQUIPO DE BIBLIO!!! Selado

 

O NOSO PASAPORTE

AGORA SABEMOS QUE UN PASAPORTE É UN DOCUMENTO QUE LEVA A NOSA FOTO E O NOSO NOME E QUE SEN EL NON PODERIAMOS VIAXAR A OUTROS PAÍSES. WILLY ESTIVO A PIQUES DE PERDER O SEU E VAIA SUSTO QUE LEVAMOS! O NOSO XA TEN O PRIMEIRO SELO: A PEGADA DE WILLY... XA ESTÁ EN LONDRES!

         

 

LECTURA EN FAMILIA!

O venres 17 tivemos unha sesión de animación á lectura para as familias do noso CRA na sede de Asados.

Primeiramente e tras recibir ás familias asistentes, Tobías, director e orientador do CRA invitounos á reflexión sobre a lectura a través de citas de diversos autores e autoras. Isto levou a unha interesante reflexión da cal xurdiron experiencias que compartimos de bo grado entre todos. Tamén se explicou o funcionamento das bibliotecas de aula de cada escola e o fomento que se fai da lectura dende o centro.

Tras isto, Pablo, mestre de Atención Educativa e tamén coordinador da biblioteca do CRA, explicou un pouco máis sobre o amplo abano de libros que temos dispoñibles á hora de seleccionar un conto para os nosos cativos, tendo en conta as idades e os textos máis adecuados. Tras isto explicou unhas pautas básicas á hora de leer un conto para que teña éxito entre os máis pequenos da casa.

Para rematar, Tero Rodríguez nai do CRA e membro do clube de lectura infantil, ofreceuse para representar un conto do máis interesante e divertido poñendo en práctica todo o explicado.

Demostrounos así, que con moi poucos materiais que todos temos á man como unha chaqueta, panos ou cousas do noso entorno, se pode lograr representar case calquera conto! E por suposto, demostrou o importante que é a imaxinación e a creatividade nas nosas vidas.

 

Grazas por esa valiosa lección e por os teus contos Tero!

 

Foi unha experiencia gratificante e rica para todos.

Mil gracias ás familias asistentes!

 

Distribuir contido