2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

Candidaturas aprobadas pola Xunta Electoral

Sector do profesorado:

1.-Lucía Hevia     
2.-Alejcandro Varela   
3.- Yolanda Costas    
4.- Sol Beiroa   
5.- Ana de Castro
6.- Paula Vicente
7.- Pablo García
8.- Verónica Triñanes

Sector de pais e nais:

1.- González Pimentel, Sara, Escola de Cruceiro
2.- Lorenzo Rodríguez, Laura, Escola de Pazo
3.- Mieites Deán, M. Beatriz, Escola de Cruceiro
4.- Tubío Acha, Raquel, Escola de Pazo

Sector persoal non docente

1.- Eva Iglesias Tubío

CREAMOS UN QUIPU

quipu (en quechuakhipu‘nudo’) foi un sistema mnemotécnico mediante cordas (de lá ou algodón) e nudos (de unha ou varias cores) desenvolto polas civilizacións andinas. Era usado como un sistema de contabilidade polos quipucamayoc(khipu kamayuq), administradores do imperio inca.

 

PROXECTO HORIZONTE

DAVID E MARÍA VOLVERON Á ESCOLA PARA INICIAR O TRABALLO  CO PROXECTO HORIZONTE 2030.
ANIMAIS MARIÑOS CON BOCA E SEN BOCA, CON DENTES E SEN DENTES, E O PEQUENIÑO PLANCTON, QUE SERVE DE ALIMENTO AO ANIMAL MÁIS GRANDE DO MUNDO,  FORON OS PROTAGONISTAS DESTA PRIMEIRA SESIÓN

   

CLUB DE LECTURA INFANTIL

 A ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" CONVÍDANNOS A DESFRUTAR DUNHA TARDE OUTONAL  E LECTORA CUNHA NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA INFANTIL

ver a nova na sección da Anpa

Clube de lectura infantil

¡Boas amig@s! Como podedes ver a choiva non nos quere abandoar e a Annpa quere que estas tardes chuviosas e de outono se vos fagan máis amenas, para iso queremos convidarvos o vindeiro xoves día 20 a que nos acompañedes no clube de lectura. Será na biblioteca da sede as 16.30. Agardamosvos.

PREPARÁMONOS PARA O MAGOSTO

CHEGOU O OUTONO...


E CON EL O MAGOSTO!!

XA TEMOS AS NOSAS CESTAS-CUCURUCHO PREPARADAS...

E ESTAMOS A TRABALLAR EN ELABORAR UN TABOLEIRO PARA XOGAR AOS CAMIÑOS. CANDO ESTEA REMATADO VOLO ENSINAMOS Guiño

            

EIRUGAS DE PLASTILINA

ELABORAMOS AS NOSAS EIRUGAS LARPEIRAS DE PLASTILINA. SERVIUNOS PARA TRABALLAR MOITOS CONCEPTOS: OS NÚMEROS, AS CORES, A ESFERA... E AQUÍ TEDES O RESULTADO: UNHAS FERMOSAS EIRUGAS QUE PODEMOS EMPREGAR COMO MARCAPÁXINAS.

HORIZONTE 2030

DENTRO DO PROXECTO "HORIZONTE 2030" NO QUE A ESCOLA DE ABUÍN ESTÁ A PARTICIPAR, RECIBIMOS A PRIMEIRA SESIÓN DESTE CURSO. OS OCEANÓGRAFOS MARÍA E DAVID VISITARON A NOSA ESCOLA PARA AMOSARNOS UN MONTÓN DE COUSAS. LEMBRAMOS TODO O QUE XA SABIAMOS DO MEXILÓN E TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VER UN POR DENTRO. TAMÉN NOS TROUXERON UNHA CABEZA DE DOURADA E PUIDEMOS OBSERVAR OS SEUS DENTES, AO IGUAL QUE OS DENTES DOUTROS ANIMAIS MARIÑOS. VIMOS AS DIFERENTES FORMAS QUE PODE TER O PLANCTON MARIÑO E RECIBIMOS A CONVIDACIÓN PARA ASISTIR AOS OBRADOIROS QUE CON MOTIVO DA SEMANA DA CIENCIA SE VAN LEVAR A CABO NO AUDITORIO DE RIANXO. ALÍ REALIZAREMOS DISTINTAS EXPERIENCIAS QUE VIRÁN A COMPLETAR ESTA INTERESANTE SESIÓN.

                        

 

GRAZAS DAVID E MARIA!!!  Risa

 

FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS

IGUAL QUE NO CONTO "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS", O PROTAGONISTA TIÑA UN ENORME BAÚL NO QUE METER OS SEUS MEDOS E FACER QUE DESAPARECERAN, NÓS TEMOS O MONSTRO COMEMEDOS. 

DEBUXAMOS OS NOSOS MEDOS E DÉMOSLLO AO MONSTRO COMEMEDOS PARA QUE OS PAPARA. O MEDO AO CAN DO URCO, AOS LEÓNS, ÁS PANTASMAS (AÍNDA QUE XA SABEMOS QUE NON EXISTEN), A QUEDARNOS SÓS...

ASÍ É COMO DESAPARECEN OS MEDOS Guiño

                     

    

 

 

Distribuir contido