2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

ÁRABE

A XENTE DO SAHARA FALA HASANÍA, UNHA VARIANTE DO ÁRABE. 
PARA ESCRIBIR OS SEUS NOMES EMPREGAN LETRAS MOI DISTINTAS ÁS NOSAS E ESCRÍBENAS, AO CONTRARIO QUE NÓS, DE DEREITA Á ESQUERDA

OS SAHARAUÍS GOSTAN DE TOMAR TÉ ( UN AMARGO, UN DOCE, UN SUAVE) E OFRECERLLO AOS SEUS HÓSPEDES. 
COMA NÓS NON PODEMOS TOMALO, DECIDIMOS PINTAR CON EL

E COLOREAR UNHAS MANS SAHARAUÍS TINGUIDAS CON HENNA E UNHA REPRODUCIÓN DA "ÁRBORE DA VIDA" DE GUSTAV KLIMT

VESTIMENTA

PARA VIVIR NO DESERTO, 
AS MULLERES E HOMES SAHARAUÍS VISTEN
MELFAS, DARRÁS E TURBANTES QUE LLE AXUDAN A PROTEXERSE DO FRÍO, DA CALOR E DAS TORMENTAS DE AREA

CUS-CUS

PARA COÑECER BEN A UN POBO HAI QUE SABER ESCOITALO E ACEPTAR A SÚA HOSPITALIDADE.
POR ISO NÓS CHAMAMOS A JADYETU, ESCOITAMOS TODO O QUE NOS QUIXO CONTAR ( E CANTAR) E ACEPTAMOS A SÚA CONVIDACIÓN A COMER UN DOS SEUS ALIMENTOS MÁIS HABITUAIS: O CUS-CUS

 

   

E COMO NOS SOUBO!!

HISTORIA DUNHA ALFOMBRA

COMO NO CONTO "EL JARDIN DE BABAÏ",  AS ALFOMBRAS CON FRECUENCIA GOSTAN DE CONTAR HISTORIAS.
ESTA QUE AQUÍ VEDES CONTOUNOS A HISTORIA DUN POBO NÓMADE QUE VIVÍA VIAXANDO COS SEUS CAMELOS POLO DESERTO DO SAHARA

ATA QUE UNHA GUERRA FORZOU A MOITOS SAHARAUÍS A FUXIR E A BUSCAR  REFUXIO NO INTERIOR DO DESERTO, ONDE LEVANTARON VARIOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS PRETO DE TINDUF (ALXERIA),  E DENDE ONDE ESPERAN VOLVER ALGÚN DÍA Á SÚA TERRA

QUIZAIS O  BUBISHER, O PAXARO DO DESERTO, AO POUSARSE UNHA MAÑÁ ENRIBA DAS SÚAS CASAS DE TEA,  ANUNCIE QUE XA CHEGA O DÍA NO QUE POIDAN REGRESAR...

MENTRES, NA ESCOLA QUIXEMOS MANDAR OS NOSOS DEBUXOS E DESEXOS AOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS DE ONDE SON SUSO, JADYETU, GABULA, SAALMA, ABDALA, E TANTOS E TANTOS SAHARAUÍS QUE IMOS COÑECENDO...

 

MONSTROS DO MUNDO

CANDO ASISTIMOS Á SESIÓN DE ANIMACIÓN LECTORA Á BIBLIOTECA DE DANIEL UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI COÑECER AOS MONSTROS DO MUNDO. TANTO QUE DECIDIMOS TRAELOS Á NOSA ESCOLA. LEMBRAMOS OS SEUS NOMES, OS NOMES DOS LUGARES NOS QUE HABITAN (BUENO, HABITARÍAN PORQUE XA SABEREDES QUE OS MONSTROS NON EXISTEN!!!), COLOREAMOS DITOS LUGARES E DEBUXÁMOLOS COMO REALMENTE SON PORQUE AO FIN E AO CABO... SE NINGUÉN OS VIU... POR QUE SABEN QUE SON COMO SAEN NAS FOTOS? Sorprendido

 

GODZILLA    

 

O CAN DO URCO

SAHARA

NO NORTE DE ÁFRICA, BAÑADO POLO OCEANO ATLÁNTICO E NUN EXTREMO DO ENORME DESERTO DO SAHARA , ESTÁ O
 SAHARA OCCIDENTAL. 
NA ESCOLA IMOS DESCUBRIR COMO SON AS SÚAS XENTES E POR QUE UNHA GRANDE PARTE DOS SAHARAUÍS VIVEN REFUXIADOS EN TINDUF, ALXERIA

Making a basket for chestnuts

Hello everyone! As the celebration of Magosto (the festival of chestnuts) was near, we made these baskets out of empty milk briks. We used glue, paint and coloured paper. Then, we decorated with corn in Capela and with pumpkin seeds in Pazo. We also put two eyes on the chestnut. This is the result. Do you like them?

Ola a todos/as! Como a celebración do Magosto (a festa das castañas)estaba próxima, fixemos estas cestas con cartóns de leite baleiros. Empregamos pegamento, pintura e papel de cores. Despois decoramos con millo en Capela e con sementes de cabaza en Pazo. Tamén lle puxemos dous ollos á castaña. Velaiquí o resultado. Gústanvos?

 

O OLLO DE LONDRES

CANDO A MESTRA ISA NOS ENSINOU FOTOS DA SÚA VIAXE A LONDRES CHAMOUNOS A ATENCIÓN UNHA ENORME NORIA Á CARÓN DO RÍO TÁMESIS QUE É O RÍO QUE PASA POR LONDRES.

 

ESTA NORIA COÑÉCESE COMO LONDON EYE (EN GALEGO, OLLO DE LONDRES) É XIGANTESCA (MIDE 135 METROS DE ALTURA) E FOI INAUGURADA NO ANO 2000, POR ISO TAMÉN SE COÑECE COMO A NORIA DO MILENIO. TEN CABINAS PECHADAS DE CRISTAL QUE SE MOVEN CON LENTITUDE; ASÍ PODE VERSE TODA A CIDADE. TAMÉN FUNCIONA DE NOITE. ESTÁ FEITA DE ACEIRO E CONTA CUN SISTEMA QUE IMPIDE QUE AS CABINAS SE BALANCEEN. 

 

NON PERDADES DETALLE DO AUTOBÚS VERMELLO DE DOUS PISOS: ASÍ SON OS AUTOBUSES URBANOS EN LONDRES Sorriso

A NOSA ESCOLA CONVERTEUSE NUN LABORATORIO

GUSTÁRONNOS TANTO OS EXPERIMENTOS QUE FIXEMOS CON LORENA NO OBRADOIRO DE PROXECTO HORIZONTE 2030 QUE QUIXEMOS REPETILOS NA NOSA ESCOLA.

FIXEMOS MESTURAS E OBSERVAMOS CÓMO A POVIDONA IODADA DILUIDA EN AUGA CAMBIA DE COR EN CONTACTO COA PATACA E VOLTAMOS A OBSERVAR O PESO DOS LÍQUIDOS BOTANDO NO MESMO RECIPIENTE AUGA, CARAMELO LÍQUIDO E ACEITE.

 

 

 

APROVEITAMOS TAMÉN QUE AMARO TROUXO Á ESCOLA UN LIMÓN UN POUCO RARO. EXPERIMENTAMOS COS SENTIDOS: VIMOS A SÚA COR, A FORMA, O PESO, O OLOR, O TACTO, O SABOR... ESTE FROITO COÑÉCESE XA DENDE OS TEMPOS DO IMPERIO ROMANO COMO A MAN DE BUDA, OU DEDOS DE BUDA.

COMEZOU A EMPREGARSE PARA FACER MEDICIÑAS ATA QUE DESCUBRIRON OUTROS USOS. NA ACTUALIDADE, EMPRÉGASE PARA A ELABORACIÓN DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES. NA COCIÑA CASE NON SE EMPREGA POIS A SÚA CARNE É ÁSPERA E MOI ÁCIDA. AÍNDA TEMOS UN ANACO NA ESCOLA, QUE AGORA ULE QUE ARRECENDE.

  

COMPROBAMOS A PERSISTENCIA DA VISIÓN. CANDO MIRAS FIXAMENTE ALGO E LOGO MIRAS CARA OUTRO LUGAR, O TEU CEREBRO LEMBRA A IMAXE ANTERIOR DURANTE UNHA FRACCIÓN DE SEGUNDO. CUNHAS TARXETIÑAS QUE TIÑAN NUNHA CARA UNHA GAIOLA E NA OUTRA UN PAXARO, XIRÁNDOAS RAPIDAMENTE CHEGAMOS A VER O PAXARO ENGAIOLADO. AS PELÍCULAS TAMÉN SE BASEAN NA "PERSISTENCIA DA VISIÓN", MAIS ESTAS AMOSAN MÁIS IMAXES NUN SEGUNDO, OFRECENDO UN EFECTO MOITO MÁIS NATURAL.

 

 

E O ÚLTIMO EXPERIMENTO FOI COMPROBAR A DIFICULTADE DE MONTAR UN CREBACABEZAS A CEGAS! SORPRENDENTE O DIFÍCIL QUE É.

 

APRENDIMOS MOITO E QUEDÁMONOS CON GANAS DE MÁIS!

Distribuir contido