2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

O PALACIO DE WESTMINSTER

CONTINUAMOS A NOSA VISITA A LONDRES; ESTA VEZ TOCOULLE A QUENDA AO PALACIO DE WESTMINSTER: SABEMOS QUE NEL NON VIVE A RAÍÑA, SENÓN QUE SERVE PARA QUE AS PERSOAS QUE GOBERNAN O PAÍS FAGAN AS SÚAS REUNIÓNS E TOMEN DECISIÓNS IMPORTANTES.

NEL ESTÁ O BIG BEN, A XENTE PENSA QUE O BIG BEN É O RELOXO DA TORRE, PERO NÓS SABEMOS QUE O BIG BEN É EN REALIDADE A CAMPÁ QUE ESTÁ DENTRO DA TORRE. E MIRADE O QUE DESCUBRIMOS, O RELOXO, ADEMÁIS DE SAIR NOS DEBUXOS DO NOSO AMIGO WILLY CANDO ESTE PASEA POR LONDRES, APARECE NA PELÍCULA DE PETER PAN: AQUÍ TEDES A PETER, WENDY E SEUS IRMÁNS SOBREVOANDO A TORRE DO RELOXO. 

 

        

 

 

TAMÉN CELEBRAMOS O NOSO SAMAÍN

AÍNDA QUE O HALLOWEEN ESTÁ MOI BEN, NA ESCOLA DE ABUÍN NON ESQUENCEMOS CELEBRAR O NOSO SAMAÍN E FIXÉMOLO SEGUINDO AS NOSAS TRADICIÓNS. OS NENOS E NENAS DESTA ESCOLA TROUXERON AS SÚAS CAVEIRAS DE CABAZA, A CADA CUAL MÁIS ARREPIANTE E MONSTROSA...

E UNHA VEZ REMATADA A XORNADA FUMOS ACOMPAÑADOS POLAS NOSAS FAMILIAS ATA O CRUCEIRO DOS MENIÑOS PARA DEPOSITALAS.

 

 

DE CERTO QUE OS ESPÍRITOS UNHA VEZ AS VEXAN NON VAN POÑER UN PÉ NAS ALDEAS DE ABUÍN E BRIÓN Risa

 

 

 

 

GRAZAS FAMILIAS POR AXUDARNOS A MANTER VIVA ESTA TRADICIÓN!!! 

 

MARÍA

ESTE CURSO A PROFE MARÍA AXUDOUNOS A PRACTICAR A AMABILIDADE E O CARIÑO E  A SABERNOS IMPORTANTES COMO PARTE DO GRUPO

GRAZAS PROFE E ATA SEMPRE !!

OBRADOIRO DE CABAZAS

CO APOIO DAS FAMILIAS É DOADO RECUPERAR A ANTIGA CELEBRACIÓN DO TALADO DE CAVEIRAS DE CABAZO

CAVEIRAS DE CABAZO

UN ANO MÁIS VOLVEN Á ESCOLA  CABAZAS ARREPIANTES ...

   
   

CONVIDACIÓN DE DANIEL

GRAZAS Á CONVIDACIÓN DE DANIEL PASAMOS UNHA FANTÁSTICA XORNADA ENTRE MONSTROS, LIBROS, MÚSICA E AMIGOS

RECOLLIDA SOLIDARIA

NA ESCOLA PARTICIPAMOS DURANTE TODO O ANO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPAS
E DE ELEMENTOS CONTAMINANTES,
E PUNTUALMENTE EN CAMPAÑAS DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, ROUPA OU OUTROS PRODUTOS, ORGANIZADAS POR DISTINTAS ENTIDADES. 
E DESENVOLVEMOS ASÍ O SENTIMENTO SOLIDARIO
.

GOSTAMOS DE APRENDER

 GOSTAMOS DE APRENDER.
E GOSTAMOS DE APRENDER COAS COUSAS QUE VEÑEN CON NÓS Á ESCOLA

E ÁS VECES APRENDEMOS DUNHA FORMA BEN DOCE...

COMA ÁRBORES DE FONDAS RAÍCES

TEMOS POR DIANTE UN NOVO CURSO.  10 MESES PARA DESCUBRIR, COMPARTIR, CREAR, SENTIR...

     

E UN ANO MÁIS HABEMOS DE TENTAR QUE A CURIOSIDADE, A IMAXINACIÓN, OS SENTIMENTOS E A AMIZADE PRENDAN BEN FORTE EN NÓS, COMA ÁRBORES DE FONDAS RAÍCES

Distribuir contido