2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

A porquiña Quina

 

PRAXIAS:

 

Clac, clac coa boca

 Clac, clac, clac

 Coordenar clac con palmas

 clac, palmas, clac, palmas, clac palmas

 Abrir a boca, pechar: Coordenar abrir a boca e pechar con abrir a pechar as dúas mans

Botar a língua, meter: Coordenamos con abrir e pechar unha man

Abrir os ollos, pechar: Coordenar coas dúas mans

Abrir os ollos, pechar: Coordenar coas dúas mans e con respirar

 

CONTO: A PORQUIÑA QUINA

A porquiña Quina anda polo camiño do regato.  Estivo toda a tarde a pasear e a comer.  Comeu mazás, peras, cenorias, tamén landras e castañas.  Pasou onda a casa do burriño Zico            .

 “Boa tarde Zico,”, lle dixo Quina.

 “Boa tarde Quina, vas xa para a casa?

 O burriño Zico estaba fora do cuberto, arranxando un cesto de vimbios

 “Estás a arranxar o cesto, Zico”

 “Hai Quiniña, faime falta para coller as uvas que xa están moi maduras”

 “ Pois Zico, anda con coidado cos vimbios e coas tesoiras, non te manques”

 “ Non me manco, Quina, non te preocupes”

 “ Bon adeus, amigo Zico, xa me vou, que é tarde”

 " Adeus, amiga Quina”, ata mañán”

Quina camiñou a modo ata a casa e entrou no cuberto, alí estaba a galiña Churra Churriña e os seus filliños

“ Boa noite Churra Churriña”

 “ Boa noite, amiga Quina”

“ Boa noite Piros Piriños”

“ Adeus Quina Quiniña”

 Antes de entrar na corte, limpou os pezuños e sacudiu as orellas. Tamén limpou o nariz, e o fuciño. Coa língua, lambiu os beizos. Coa língua tamén limpou os dentes: primeiro arriba, logo abaixo.

Ao final abriu a boca moito, moito e soplou, primeiro moi forte, logo suave, suave. Abriu a porta e con coidado entrou na corte. Colleu un libro moi gordo, gordísimo e leu un pouco. Afora fíxose de noite, todo se puxo escuro, viase algunha estrela e a lúa.

 Todo estaba en silencio, durmía a galiña Churra e os seus pitiños Piros Piriños, tamén durmían o burriño Zico, e tamén os paxaros. So de vez en cando se escoitaba a raposa chiar: Ahhhh, ahhhh!!!

 ACTIVIDADES:

 1.- Comentar a Historia:

 2.- Como se chaman? Da caixa sacamos varias cousas: Unha maza, … e preguntamos como se chaman?

 3.- Onde están? No conto lembramos onde estaban: Quina Quiniña, Zico Ziquiño, Churra Churriña e Piros Piriños e debuxamolos

FICHA

POESÍA FINAL

A señora Pita

leva a súa rolada

como unha señora

moi señoreada

 

CLUB DE LECTURA INFANTIL

O CLUBE DE LECTURA INFANTIL DA ANPA COMEZOU AS SESIÓNS DESTE CURSO CUNHA PROPOSTA QUE METÍA MEDO...!!
A CITA FOI O XOVES 6 DE OUTUBRO  NA BIBLIOTECA DE DANIEL

ver a nova na sección da Anpa Irmáns Ínsua

UNA MERENDA TERRORÍFICA...

 

E COMO O DÍA ÍA DE MEDOS, CABAZAS MONSTRUOSAS, CONTOS ATERRADORES,...

GRAZAS AS NOSAS FAMILIAS PUIDEMOS DEGUSTAR UNHA MERENDA

TERRIBLEMENTE BOA!!!!

 

SAMAÍN EN PAZO

UN ANO MÁIS FESTEXAMOS O SAMAÍN NA NOSA ESCOLA.

E PARA ISO TROUXEMOS UNHAS CABAZAS QUE DABAN BEN DE MEDO!!!

PREMEDE!!!

 

 

                                                                        

 

 

MERENDA TERRORÍFICA!!!!!!

ESTE MERENDA SI QUE FOI DIFERENTE... COMEMOS FROITA, COMO MOITOS DÍAS, PERO ESTA VEZ XOGAMOS CON ELA E CONVERTÍMOLA EN PANTASMAS, ARAÑAS E CABAZAS!!!! E TODO COS NOSOS MANTEIS DE MONSTROS

 

SAMAÍN/HALLOWEEN 2014

PARA O SAMAÍN DISFRAZÁMONOS DE CABAZAS!!!!!!!!!

                                                                                                           

E PARA HALLOWEEN... QUE MEDO PASAMOS!!!!!

Clube de lectura

Este xoves 6 de novembro na biblioteca da sede do Cra en Asados a Anpa comeza co seu clube de lectura. Esta actividade e totalmente gratuíta e aberta a todos os nenos. Asistirán acompañados dun adulto que se terá que facer cargo deles e o mesmo tempo poderá disfrutar coa lectura e con outras propostas moi divertidas e creativas. Comezará as 16.30. Traede a merenda e se queredes convidar os vosos amigos tamén podedes. ¡¡¡¡Animádevos que vos estamos agardando!!!!

Convocatoria ás familias

No arquivoa adxunto achégase a convocatoria das eleccións para as familias

Distribuir contido