2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

Move your body!

Click on the picture to play some games and learn the parts of the body. 

Fai clic na imaxe para xogar e aprender as partes do corpo.

And now move your bodies and dance with us to practise the parts of the body

E agora a mover os vosos corpos e bailar con nós para practicar as partes do corpo.

Making a Jack o Lantern

On Halloween, we learnt how to make a Jack o Lantern.

Polo Halloween, aprendemos a facer unha Jack o Lantern (cabaza).

First, we needed pumpkins, so the teacher brought us two pumpkins, one for Pazo and another one for Capela.

En primeiro lugar, necesitabamos cabazas, así que a profe tróuxonos dúas cabazas, unha para Pazo e outra para Capela.

Then, the teacher cut the top of the pumpkin with a knife and we cleaned the inside of it. For some of us it was a bit disgusting but for some others it was fun!

A continuación, a profe cortou a parte superior da cabaza cun coitelo e nós limpamos o seu interior. Para algúns de nós foi un pouco noxento, pero para outros foi divertido!

After that, we used a marker to draw two eyes, one nose and one mouth. Again, the teacher cut them out with the knife.

Despois diso, utilizamos un rotulador para debuxar dous ollos, un nariz e unha boca. Unha vez máis, a profe cortounas co coitelo.

Eventually, we put a candle inside the pumpkin and... our Jack o Lantern was finished.

Finalmente, puxemos unha candea dentro da cabaza e ... a nosa Jack o Lantern estaba rematada.

 

Renovación do Consello Escolar

C.R.A DE RIANXO
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
NOVEMBRO DE 2014
Resultado das votacións

REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS:
Electores/as: 211
Votantes: 23
Votos en branco ou nulos: 0

Candidatos/as electos:
Laura Lorenzo Rodríguez
Sara González Pimentel

Candidatos/as en reserva:
Betraiz Mieites Dean
Raquel Tubío Acha

REPRESENTANTES DO PROFESORADO
Electores/as: 20
Votantes: 14
Votos nulos:0
Votos en branco: 0

Candidatos/as electos:
Ana de Castro Corral
Pablo García Lorenzo
Paula Vicente Somoza
Sol Beiroa Troiteiro

Candidatos/as en reserva:
Yolanda Costas Patiño
Lucía Hevia Trepat
Verónica Triñanes Rial
Alejandro Varela Raña

REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE
Electores/as: 6
Votantes: 5
Votos nulos:0
Votos en branco: 0

Candidatos/as electos:
Eva Iglesias Tubío

REPRESENTANTE DA ANPA
Natalia Moares Rial

REPRESENTANTE DO CONCELLO
Adelina Ces Quintáns

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR QUE PERMANECEN:
Lucía García Rodríguez (nai), Rodríguez Castiñeiras, María Teresa (nai)María José Mansilla Romero (profesora),
Ademáis forma parte do Consello Escolar: o director do centro, a xefa de estudios e o secretario.

En Rianxo a 25 de novembro de 2014
O equipo directivo.
 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

NESTE 25 DE NOVEMBRO, E DENDE OS DISTINTOS CONTINENTES, CHÉGANOS UNHA VEZ MÁIS A CHAMADA PARA PORLLE FREO Á VIOLENCIA EXERCIDA CONTRA A MULLER.
A violencia contra as mulleres é unha consecuencia da discriminación contra as mulleres e as nenas, tanto na lexislación coma na práctica, e da persistencia das desigualdades entre homes e mulleres.

ver a nova na sección de Mulleres da Organización das Nacións Unidas

ver a nova na

ESCOLA DO PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO

ESCOLA DE CUVIDE

ESCOLA DE ABUÍN

MAGOSTO

O VENRES 21 DE NOVEMBRO A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA CELEBROU O MAGOSTO NO POLIDEPORTIVO DE TARAGOÑA E EN ESPAZOS DO CEP "BREA SEGADE"

ver a nova do magosto na

Escola de Pazo

Escola de Cruceiro

Escola de Abuín

MAGOSTO

CHEGOU O MAGOSTO E PUIDEMOS COMPARTIR A FESTA COAS ESCOLAS DO CRA, AS FAMILIAS E OS ANTIGOS COMPAÑEIROS!!

OBRADOIROS DE PROXECTO HORIZONTE

DENTRO DO PROXECTO HORIZONTE 2030, MARÍA E DAVID CONVIDÁRONNOS A PARTICIPAR NA REALIZACIÓN DE DISTINTOS OBRADOIROS CIENTÍFICOS E A VISIONAR INTERESANTÍSIMOS VÍDEOS DE DIVERSAS ESPECIES MARIÑAS.

Mixing colours

We've been reviewing colours last few days. We also did some research on them. Did you know that with just three colours (red, yellow and blue) you can create four more (orange, green, purple and brown)? It's amazing, isn't it? The former are called primary colours and the latter are secondary colours.

Estivemos a revisar as cores nos últimos días. Tamén fixemos algunha investigación sobre elas. Sabías que con só tres cores (vermello, amarelo e azul), podemos crear catro máis (laranxa, verde, violeta e marrón)? É incrible, non é? As primeiras chámanse cores primarias e as segundas son as cores secundarias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RED + YELLOW = ORANGE                                  BLUE + YELLOW = GREEN                        RED + BLUE = PURPLE

 

Votacion familias

AOS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS/AS
Asunto:
Renovación do Consello Escolar

Rematado o prazo para que os distintos sectores presentaran candidaturas, por parte do sector de pais e nais presentaron candidatura:
  González Pimentel, Sara, Escola de Cruceiro
  Lorenzo Rodríguez, Laura, Escola de Pazo
  Mieites Deán, M. Beatriz, Escola de Cruceiro
  Tubío Acha, Raquel, Escola de Pazo

O día fixado pola Xunta Electoral para a votación dos pais e nais é o día 25 de novembro de 8:45  a 18:00 horas,
Haberá unha única mesa electoral que estará  instalada na  sede do C.R.A., en Atalaia - Asados

En relación co acto de votar lémbrase que:
  Poden votar os dous pais, pai e nai.
  Posto que se renovan dúas vacantes, nas papeletas corresponde marcar un candidato/a
  Sairán eleitos as dúas  candidat/as que obteñan máis votos.
  Para votar é  necesario identificarse co Documento de Identidade ou Pasaporte ou Carnet de Conducir.
  O voto non se pode delegar en outras persoas

RIANXO A 19 DE NOVEMBRO DE 2014

 

*NO ARQUIVO ADXUNTO ACHÉGASE UN MODELO DE PAPELETA DE VOTACIÓN PARA AS FAMILIAS*

DESCUBRINDO O MUNDO

Todo un mundo por descubrir dende as aulas do Cra de Rianxo
a través dos contos, a música, a gastronomía...

Distribuir contido