2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

Arts & Crafts

Este curso escolar o CRA de Rianxo pon en marcha dúas Seccións Bilingües nas aulas de Capela Primaria e Pazo Primaria. Este proxecto de innovación consiste en impartir unha materia non lingüística (neste caso a plástica) de xeito bilingüe, é dicir, na lingua dos alumnos/as e na lingua estranxeira que están a cursar, o inglés. 

Os obxectivos deste programa son mellorar a competencia lingüística en inglés proporcionando un contexto real no que os alumnos/as poidan usar a lingua estranxeira e establecer conexións coa súa lingua nai, ao mesmo tempo que reforzamos a súa atención e motivación nunha área de carácter moi visual e manipulativo.

Máis información no espazo de Linguas Estranxeiras do portal web da Consellería de Educación.

CLUBE DE INGLÉS DE RIANXO

Bo día,

Co ánimo de difundir unha iniciativa sen dúbida de interese, o Club de Inglés de Rianxo, que xa vai polo seu terceiro ano, e previa solicitude das súas representantes, resúltanos grato informalo/a de que o mencionado Club retoma as actividades coa seguinte planificación:

Iniciación 0: Para aquelas persoas que non saben nada de inglés.
Iniciación 1: Para quen xa tivera estudado inglés nalgunha ocasión.
Conversación: Para todas aquelas persoas que queiran practicar o seu inglés falando de temas diversos.

As sesións serán os mércores, co seguinte horario:

Iniciación 0: Todos os mércores de 19:00 a 20:00 horas
Iniciación 1: Todos os mércores de 20:00 a 21:00 horas
Conversación: Mércores alternos de 21:00 a 22:00 horas

Como en edicións anteriores, o lugar de reunión será a cafetería el Club Náutico de Rianxo, sendo preciso inscribirse de novo para recibir un correo semanal informando das actividades da semana en clubinglesrianxo@gmail.com.

O Club de Inglés Rianxo ven sendo unha iniciativa cidadá, independente e gratuíta, que ten como obxectivo iniciarse, perfeccionarse ou simplemente conversar en inglés. Entre os seus membros hai persoas nativas, mestras xubiladas e outros e outras voluntarios e voluntarias. O único custo consiste en consumir algo no bar -como xesto de agradecemento por permitir desenvolver as actividades no seu local- e unha contribución de 1€ ao teacher´s bote -cando sexa preciso-, para o convite das profesoras.

Os Club recibirá cos brazos abertos a todas aquelas persoas de Rianxo, e de fora de Rianxo, con ganas aprender e de falar... en inglés.

DOMANDO MONSTROS

AMIGAS E AMIGOS, ESPERO QUE TEÑADES RECIBIDO A MIÑA CARTA!
MOITA FALTA ME FACEDES NA NOSA BIBLIOTECA. PRECISO DE VOS PARA QUE ME AXUDEDES A DOMAR UNHA CHEA DE MONSTROS QUE ANDAN SOLTOS POLO MUNDO ADIANTE.
HABEDES DE VIR?

O VOSO AMIGO
DANIEL

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

UN ANO MÁIS, ESCOLAS DO CRA DE RIANXO PARTICIPAN NUNHA CAMPAÑA SOLIDARIA COS REFUXIADOS SAHARAUÍS PROMOVIDA POLA ONG "SOGAPS".
DESTA VOLTA RECÓLLENSE ATA O DÍA 30 DE OUTUBRO ALIMENTOS NON PERECEDEIROS E PRODUTOS DE HIXIENE.

A NOSA MOCHILA VIAXEIRA COMEZA O SEU PERIPLO

A NOSA MOCHILA VIAXEIRA COMEZOU O SEU PERIPLO CARGADIÑA DE CONTOS DO MUNDO, UN XOGO DE MEMORIA DE MONSTROS DE HALLOWEEN, UN POUQUIÑO DA PAPIROFLEXIA QUE TANTO NOS GUSTA, ALGUNHAS CANTIGAS TRADICIONAIS EUROPEAS, A PELÍCULA DE "O CHEPUDO DE NOTREDAMME", UN ATLAS INFANTIL E ATA UN CONTO EN ITALIANO!!!

A PRIMEIRA AFORTUNADA EN RECIBIR A SÚA VISITA VAI SER FÁTIMA,

AGARDAMOS QUE O DESFRUTE E LLE SAQUE MOI BO PROVEITO!

AMARO E O PANAL DE MEL

HAI UNS DÍAS AMARO TRÓUXONOS UNHA SORPRESA: UN ANAQUIÑO DUN DOS PANAIS DE MEL QUE SACOU DUNHA DAS COLMEAS DA SÚA CASA. FOI UNHA GRATA SORPRESA QUE NOS PERMITIU: ULIR O MEL, TOCALO, PROBALO E LEMBRAR O APRENDIDO O CURSO PASADO EN RELACIÓN ÁS ABELLAS. AQUÍ TEDES UNHAS IMAXES DO FELIZ MOMENTO...

A NOSA ESCOLA MEDRA

INICIAMOS UN NOVO CURSO MOI LEDOS E LEDAS PORQUE ESTE ANO A NOSA ESCOLA MEDROU...

 MEDRAMOS NÓS: HUGO, AMARO, UXÍA, SERGIO, FÁTIMA, ALEJANDRO E JOEL,

QUE XA TEMOS UN ANIÑO MÁIS, MEDRARON TAMÉN OS NOSOS SOÑOS E ILUSIÓNS...

E ADEMÁIS TEMOS UNHA NOVA COMPAÑEIRA;

ASÍ, IMOS DESFRUTAR ESTE NOVO CURSO DA COMPAÑIA E DO SORRISO DE 

XIANA!Risa

NOITE DE ACAMPADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

Por segundo ano, a Biblioteca Pública de Rianxo organiza unha acampada para a noite do venres 24 de Outubro para nenos e nenas acompañados de algunha persoa adulta. Música, xogos, contos... e moitas sorpresas. Hai prazas limitadas, así que hai que ir anotarse canto antes. 

It's raining cats and dogs!

It's been raining heavily these days. When we were about to choose "rainy" in our weather interactive chart, we found out this expression: raining cats and dogs.

Está a chover moito estes días. Cando estabamos a piques de escoller "chuvioso" no noso gráfico do tempo interactivo, descubrimos esta expresión: chover gatos e cans.

It made us laugh a lot since we were imagining cats and dogs falling from the sky. However, it does not literally mean that. It is just an expression meaning that it is raining a lot, similar to our "chove a cántaros" or "caen chuzos" where neither buckets nor "chuzos" are falling from the sky.

Isto fíxonos rir moito, xa que estabamos imaxinando os cans e os gatos caendo do ceo. Sen embargo, non significa literalmente iso. É só unha expresión que significa que está chovendo moito, semellante ao noso "Chove a cântaros" ou "caen chuzos" onde nin hai baldes nin "Chuzos" caendo do ceo.

Distribuir contido