2014-2015
Cheeky and Rory are going to the fair
Cheeky Monkey and Rory the lion didn't go to the Guadalupe fair in Rianxo, but they went to a fair in their town. There, they found these funny mirrors. Look what happens when they try to see themselves in them.
Cheeky Monkey e Rory o león non foron á festa da Guadalupe en Rianxo, pero foron a unha festa na súa localidade. Alí, atoparon estes espellos divertidos. Mira o que acontece cando tentan verse neles.
Do the mirrors make things BIG or SMALL?
- APIs de Blogue
Tiger is here!
After having traveled around the world, our new friend Tiger finally arrived to Rianxo. He already knew a lot of things about us but we didn't know almost anything about him and wanted to ask him many questions. He talked about himself and promised to tell us about the countries where he has been. This is how we welcomed him.
Despois de ter viaxado por todo o mundo, o noso novo amigo Tiger finalmente chegou a Rianxo. El xa sabía unha morea de cousas sobre nós, pero nós non sabiamos case nada sobre el e queríamos facerlle moitas preguntas. Falounos del e prometeu contarnos cousas dos países por onde pasou. Así é como o recibimos.
CAPELA
QUINTÁNS
RAÑÓ
PAZO
- APIs de Blogue
ANIMACIÓN LECTORA PARA AS FAMILIAS
A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" CONVIDOU ÁS FAMILIAS DO CRA DE RIANXO A PARTICIPAR NUNHA XORNADA DE ANIMACIÓN LECTORA.
A ACTIVIDADE CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE TERO RODRIGUEZ, DO CLUB DE LECTURA DA ANPA, E DESENVOLVEUSE NA NOVA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, O VENRES 17 DE OUTUBRO
ver a nova "Lectura en familia!" na sección da Biblioteca
- APIs de Blogue
ASEMBLEA EXTRAORDINARIO DA ANPA
A ANPA "Irmáns Ínsua" convoca ás familias a unha Asemblea extraordinaria a celebrar na sede do Cra en Atalaia, Asados, o xoves 16 de outubro ás 19 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1. Designación das persoas representantes de cada escola
2. Elección da nova Xunta directiva
3. Rogos e preguntas
- APIs de Blogue
SAÍDA AO AUDITORIO DE RIANXO
COMEZAMOS A SEMANA ASISTINDO A UN CONCERTO DE JAZZ INTERPRETADO POLO DÚO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
- APIs de Blogue
BO CURSO DENDE PAZO INFANTIL!
OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL QUEREMOS DESEXAR UN BO CURSO A TODOS E TODAS!!!
E SE NOS QUEREDES COÑECER, PREMEDE!!!
- APIs de Blogue
Acordo do Claustro con respecto ás actividades extraescolares
Ante os contínuos recortes sufridos durante estes últimos anos no ensino público, tanto na súa vertente de servizo educativo coma na de colectivo de traballadoras e traballadores, o profesorado do Cra de Rianxo ten refrendado a través do seu Claustro a decisión de manter durante este curso a programación de actividades complementarias, aquelas que se realizan dentro do horario lectivo, pero non programar actividades extraescolares, que requiren para a súa realización o uso de horario non lectivo.
Este acordo non impide, sen embargo, o apoio do profesorado a todas aquelas actividades educativas que, organizadas pola Anpa "Irmáns Ínsua", o Concello de Rianxo ou calquera outra entidade, teñan que ser realizadas fóra de horario escolar
- APIs de Blogue
BECAS MUNICIPAIS CURSO 2014-2015
O CONCELLO DE RIANXO VEN DE CONVOCAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2014-2015.
PÓDESE ACCEDER AOS MODELOS DE SOLICITUDE NAS ESCOLAS DO CRA , NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU NA WEB DO CONCELLO.
O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS REMATA O DÍA 24 DE OUTUBRO
- APIs de Blogue
ALGUÉN ESTÁ ROUBANDO ALGO ÁS NOSAS CRIANZAS
AS FAMILIAS TEMOS A OBRIGA DE DEFENDER OS DEREITOS DAS NOSAS CRIANZAS
O que comenta o artigo de A Voz de Galicia de hoxe domingo 5 de outubro, tamén afecta ao Cra, que ten que renunciar aos talleres de linguaxe que facía cos nenos e nenas, porque lle quitan a dedicación exclusiva ao profesor de audición e linguaxe por compartilo co Castelao. As familias do Cra temos a obriga de reclamar que se respecte o dereito dos nosos fillos e fillas a recibir a educación que merecen e que lles corresponde por lei. A dedicación exclusiva dun/ha profesional de audición e linguaxe está contemplada por "catálogo" desde hai máis de dez anos para este centro. Así que é de Lei que o teñamos. Alguén lle está roubando algo ás nosas crianzas!!!
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/10/05/ampa-castelao-denuncia-falta-profesor-apoyo/0003_201410B5C11991.htm#.VDDuJodEAks.facebook
- APIs de Blogue
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO
Mañá sábado ás 12 na Biblioteca de Rianxo grandes e pequenos/as poderemos divertirnos con O SOÑO DO RATO, un conto que vai traer Olga Abad a través da compañía Intres. Non o perdades!!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- seguinte ›
- última »