Acordo do Claustro con respecto ás actividades extraescolares
Ante os contínuos recortes sufridos durante estes últimos anos no ensino público, tanto na súa vertente de servizo educativo coma na de colectivo de traballadoras e traballadores, o profesorado do Cra de Rianxo ten refrendado a través do seu Claustro a decisión de manter durante este curso a programación de actividades complementarias, aquelas que se realizan dentro do horario lectivo, pero non programar actividades extraescolares, que requiren para a súa realización o uso de horario non lectivo.
Este acordo non impide, sen embargo, o apoio do profesorado a todas aquelas actividades educativas que, organizadas pola Anpa "Irmáns Ínsua", o Concello de Rianxo ou calquera outra entidade, teñan que ser realizadas fóra de horario escolar
- APIs de Blogue