ALGUÉN ESTÁ ROUBANDO ALGO ÁS NOSAS CRIANZAS
AS FAMILIAS TEMOS A OBRIGA DE DEFENDER OS DEREITOS DAS NOSAS CRIANZAS
O que comenta o artigo de A Voz de Galicia de hoxe domingo 5 de outubro, tamén afecta ao Cra, que ten que renunciar aos talleres de linguaxe que facía cos nenos e nenas, porque lle quitan a dedicación exclusiva ao profesor de audición e linguaxe por compartilo co Castelao. As familias do Cra temos a obriga de reclamar que se respecte o dereito dos nosos fillos e fillas a recibir a educación que merecen e que lles corresponde por lei. A dedicación exclusiva dun/ha profesional de audición e linguaxe está contemplada por "catálogo" desde hai máis de dez anos para este centro. Así que é de Lei que o teñamos. Alguén lle está roubando algo ás nosas crianzas!!!
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/10/05/ampa-castelao-denuncia-falta-profesor-apoyo/0003_201410B5C11991.htm#.VDDuJodEAks.facebook
- APIs de Blogue