2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

OS NOSOS NOMES MONSTROSOS

OS NOSOS NOMES SUFRIRON UNHA TRANSFORMACIÓN TERRORÍFICA:

CONVIRTÍRONSE ENMONSTROOOOOOSSSSS!!!

  

  

   

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

CONMEMORAMOS ESTA DATA TAN SIGNIFICATIVA COA LECTURA DO CONTO "O LIBRO DOS PORCOS" PORQUE CONSIDERAMOS QUE É IMPORTANTE AMOSARLLES AOS NOSOS NENOS E NENAS QUE A VIOLENCIA NON SE MANIFESTA SÓ CON GOLPES OU INSULTOS, QUE HAI OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA ENMASCARADAS COMO PODEN SER OS MALOS XESTOS, OS BERROS, AS PALABRAS POUCO AMABLES QUE NON SEMPRE PODEN SER CONSIDERADAS COMO INSULTOS EN SI MESMAS... OS NENOS E NENAS DESTA ESCOLA FORON CAPACES DE RECOÑECER SEN DIFICULTADE QUE A FORMA NA QUE O SEÑOR PORCÓN E OS SEUS FILLOS PIDEN AS COUSAS Á NAI NON É A MÁIS AXEITADA, COMO NEGAN A COLABORACIÓN E NINGUNEAN Á NAI QUE NIN SEQUERA TEN UN NOME NO LIBRO! AGORA A SEÑORA PORCÓN CHÁMASE NATI (PORQUE NOS GUSTOU Risa).

 

 

COMPARAMOS AS TAREFAS QUE FACÍA A NAI ANTES E DESPOIS 

 

          

E RECOLLIMOS O APRENDIDO NO LIBRO DE DANIEL.

 

 

 

COMPRENDIMOS A IMPORTANCIA DE FALARNOS BEN: SEN BERRAR E DICIRNOS UNS AOS OUTROS COUSAS BONITAS

E ASÍ CONSTRUÍMOS A NOSA ARAÑEIRA, UN TRABALLO DO NOSO EQUIPO, POIS SE UN A SOLTABA A ARAÑEIRA DESFACÍASE.

 

  

 

 

E XOGAMOS COAS EMOCIÓNS A POÑER CARA DE E ADIVIÑAR, AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS PARA QUE XOGUEDES CONNOSCO. TEÑO CARA DE....

                                  

 

 

                                                 

E A EIRUGA LARPEIRA CONVERTEUSE NUNHA FERMOSA BOLBORETA!

FINALMENTE, AS NOSAS EIRUGAS LARPEIRAS CONVERTÍRONSE EN FERMOSAS BOLBORETAS QUE AGORA SOBREVOAN O TEITO DA NOSA ESCOLA...

 

E COLORÍN COLORADO... ESTE CONTO ESTÁ REMATADOOOO!!

CASTAÑAS ASADAS!!

CHEGOU O MAGOSTO E, COMO TODOS OS ANOS, REUNÍMONOS TODAS AS ESCOLAS PARA FACER UNHA GRAN RODA DE CANTIGAS E COMPARTIR XOGOS POPULARES: ZANCOS, OS CAMIÑOS, O TRAGACASTAÑAS, OS BIRLOS, A CORDA...     

 

            

 

E, POR SUPOSTO, DEGUSTAR AS SABOROSAS CASTAÑAS E OUTROS DÓCES DE OUTONO ELABORADOS POLAS FAMILIAS COAS QUE COMPARTIMOS ESTA ENTRAÑABLE XORNADA.

ASISTIMOS NO AUDITORIO DE RIANXO AOS OBRADOIROS DE PROXECTO HORIZONTE 2030

O XOVES 20 DE NOVEMBRO ASISTIMOS AO AUDITORIO DE RIANXO PARA PARTICIPAR NO MARCO DE PROXECTO HORIZONTE 2030 NUNHA SERIE DE OBRADOIROS:

COA AXUDA DE LORENA FORMULAMOS HIPÓTESES E REALIZAMOS UN PAR DE EXPERIMENTOS REALMENTE DIVERTIDOS QUE NOS DEIXARON TAN ABRAIADOS QUE PROMETIMOS REPETILOS NA ESCOLA.

 

CON SANDRA PUIDEMOS OBSERVAR A TRAVÉS DUN MICROSCOPIO O PLANCTON. TAMÉN ESTABAN ALÍ COUSAS QUE XA NOS TROUXERAN Á ESCOLA, COMO A MAQUETA DUNHA BATEA OU A REDE DE ZOOPLANCTON. E VOLTAMOS VER Á ESTRELA DE MAR (GRANDE LAMBONA DE MEXILÓNS). 

                                

 

O PLANCTON TEN MOITAS FORMAS E UNHA DELAS É ESTA. ESTE MICROORGANISMO CHÁMASE COPÉPODO E NO CENTRO DA CABEZA TEN UN PUNTO NEGRO QUE FUNCIONA COMO GPS.

CANDO POÑEMOS UNHA LANTERNA DESPRÁZANSE CARA A LUZ BUSCANDO A SUPERFICIE DA AUGA.

PATRICIA ENSINOUNOS A SÚA GRANDE COLECCIÓN DE ANIMAIS MARIÑOS: UNHA PINTARROXA (FAMILIAR CERCANA DA QUENLLA), A RAIA TORPEDO (QUE PEGA DESCARGAS ELÉCTRICAS E CABE NUN BOTE PORQUE NON TEN ÓSOS, SÓ CARTÍLAGOS SEMELLANTES AOS DAS NOSAS ORELLAS), A CASCA DUNHA CENTOLA (QUE TEN PINCHOS PARA ENGANCHAR AS ALGAS E AGOCHARSE), OS OURIZOS, AS ORELLAS DE MAR, BUGUINAS NAS QUE ESCOITAR O MAR, OS CABALIÑOS DE MAR E OS SEUS CURMÁNS OS PEIXES PIPA.... E ATA OS OVOS DA QUENLLA!!!


                                                    

E, POR ÚLTIMO, DAVID PÚXONOS UNHAS PELIS NAS QUE SE VÍAN O NACEMENTO DAS QUENLLAS E DOS CABALIÑOS DE MAR E AOS INTELIXENTES POLBOS ABRINDO BOTES DE COMIDA. ABRAIANTES!!

NA ESCOLA PLASMAMOS TODO AQUELO QUE VIRAMOS NO NOSO CADERNO DE DANIEL:

                    

 

AGARDAMOS CON ILUSIÓN E IMPACIENCIA A PRÓXIMA VISITA DOS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE PROXECTO HORIZONTE 2030,

GRAZAS!!!

MAGOSTO 2014

ESTE VENRES  OS NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO,

E AS FAMILIAS QUE NOS QUIXERON ACOMPAÑAR,

XUNTÁMONOS PARA CELEBRAR O  MAGOSTO NO PAVILLÓN DEPORTIVO DE TARAGOÑA:

PINTANDO O MUNDO DE LARANXA

O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, QUIXEMOS POÑER O NOSO GRANIÑO DE AREA PINTANDO TAMÉN O NOSO MUNDO DE LARANXA 

PROXECTO HORIZONTE: OBRADOIROS

DENTRO DO PROXECTO HORIZONTE E CON MOTIVO DA SEMANA DA CIENCIA 2014

ESTE XOVES PARTICIPAMOS EN DIVERSOS OBRADOIROS

QUE DAVID, MARÍA E AS SÚAS COMPAÑEIRAS NOS TIÑAN PREPARADOS

RELACIONADOS CO MUNDO MARIÑO.

 

ALIMENTOS DO PERÚ

CANDO INVESTIGAMOS SOBRE OS INCAS ATOPAMOS MOITA INFORMACIÓN SOBRE OS ALIMENTOS QUE TOMABAN E CULTIVABAN, ALGÚNS OS COÑECÍAMOS PERO OUTROS NON. ASÍ QUE UNHA MAÑÁ A PROFE APARECEU NA AULA CON ALIMENTOS PARA PROBAR: PATACAS, MILLO, CACAO E QUINOA (UN CEREAL MOI UTILIZADO NO PERÚ)

POLAS CARAS QUE POÑEN OS NENOS PODEREDES IMAXINAR A QUEN LLES GUSTOU E A QUEN NON!!!!!!!!!

PERO TODOS OS NENOS E NENAS PROBARON TODOS OS ALIMENTOS, E ALGÚNS REPETIRON NA HORA DA MERENDA!!!!!

NON Á VIOLENCIA

COMO MALALA MOITAS NENAS E MULLERES SOFREN VIOLENCIA.

PARA DICIR UNHA VEZ MÁIS UN NON TAN FORTE COMO O BERRO DE ESTELA, NA ESCOLA FIXEMOS ALGO QUE ESTÁ NAS NOSAS MANS

E PEDÍMOSLLE ÁS FAMILIAS QUE NOS SEGUIRAN PARA PODER DICIR XUNTOS:

NON Á VIOLENCIA!!

Distribuir contido