2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

PRESENTACIÓN DA GUÍA DE LECTURAS DAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO

O PRÓXIMO VENRES 12 DE DECEMBRO ÁS 19H. ACHÉGATE Ó AUDITORIO DE RIANXO PARA DESCUBRIR A GUÍA DE LECTURAS ELABORADA POLAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO. NON O PERDAS!

CLUB DE LECTURA DA ANPA

A ANPA DO CRA ORGANIZA UNHA NOVA SESIÓN DO SEU CLUB DE LECTURA O XOVES 4 DE DECEMBRO  NA BIBLIOTECA DE DANIEL

ver a nova na sección da Anpa

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

NA MAÑÁ DO MÉRCORES 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CRA DE RIANXO ASISTIRÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL Á REPRESENTACIÓN DA OBRA  DE CARLOS CASARES " AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", A CARGO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Clube de lectura infantil

Boas tardes, o vindeiro xoves a anpa irmáns insúa volve convidarvos o clube de lectura. Será coma sempre na biblioteca da sede as 16.30. Vinde coas pilas recargadas xa que vai a ser unha tarde chea de risas e moi movidiñaaa. Non faltedes.

VESTIMENTA TRADICIONAL

O KIMONO É A VESTIMENTA TRADICIONAL XAPONESA:

USÁBANNO AS MULLERES, OS HOMES E OS NENOS E NENAS.

O CINTO QUE SE PON NA CINTURA RECIBE O NOME DE OBI

  NA ACTUALIDADE VISTEN COMO O FACEMOS NÓS AQUÍ

E USAN O KIMONO

EN OCASIÓNS ESPECIAIS COMO AS CEREMONIAS, VODAS...

E ASÍ DE GUAPOS E GUAPAS QUEDARÍAMOS NÓS CUN KIMONO

 

 

O MONTE FUJI

O MONTE FUJI É O SÍMBOLO DE XAPÓN.

TEN FORMA DE CONO E É O PICO MÁIS ALTO DESTE PAÍS.

É UN VOLCÁN ACTIVO PERO DE POUCO RISCO.

O MONTE FUJI É UN DOS LUGARES MÁIS TURÍSTICOS DE XAPÓN

E É VISITADO POR MOITOS TURÍSTAS.

O ANO PASADO A UNESCO CONCEDEULLE O

ESTATUS DE PATRIMONIO DA HUMANIDADE (22 de xuño de 2013)

 

XAPÓN

XAPÓN É O PAÍS QUE ELEXIMOS PARA INICIAR A NOSA ANDAINA

POR DIVERSOS PAÍSES DO MUNDO.

É TAMÉN O PAÍS QUE NOS VAI REPRESENTAR NO NOVO ALMANAQUE.

PARA ISO ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE A SÚA CULTURA,

A VESTIMENTA, A ALIMENTACIÓN, A LINGUA, A ESCRITURA,...

E ALGO MÁIS XA SABEMOS!!!

DECORANDO O NOSO MUNDO DE LARANXA

OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL TAMÉN QUIXEMOS SUMARNOS

Á INICIATIVA DA ONU E DECORAMOS A ENTRADA DA NOSA AULA

CUNHAS BOLBORETAS DE COR LARANXA.

JAIMA

OS SAHARAUÍS ERAN UN POBO NÓMADE,  MOVIANSE POLO SEU TERRITORIO  BUSCANDO O PASTO PARA O SEU GANDO, POR ISO AS SÚAS CASAS TRADICIONAIS SON AS JAIMAS, FEITAS DE TEA, E FÁCILES DE TRANSPORTAR DUN SITIO A OUTRO

Distribuir contido