2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

O LAGO ROSA

PRETO DE DAKAR ESTÁ O RETBA, O LAGO ROSA.
UN ALGA TINGUE AS SÚAS AUGAS DE COR ROSA OU MESMO LILA.
PERO O RETBA É TAMÉN SINGULAR  PORQUE TEN TANTO, TANTO SAL QUE  PODERIAMOS DEITARNOS NEL E FLOTAR SEN NINGUNHA DIFICULTADE.  
MOITO DO SEU SAL É RECOLLIDO POR HOMES E MULLERS QUE COMERCIAN CON ÉL.  AO SER UN ESPAZO PROTEXIDO NON SE PERMITE INTRODUCIR MÁQUINAS PARA A EXTRACCIÓN DO SAL, POLO QUE TEN QUE SER DESPRENDIDO A MAN DO LEITO DO LAGO
COA AXUDA DUNS LONGOS PAUS.

VIVENDAS

A CASA DE ABDOU ESTÁ EN DAKAR, A CIDADE MÁIS GRANDE DO SENEGAL.
EN DAKAR HAI GRANDES EDIFICIOS QUE SEMELLAN CHEGAR ATA O CEO. NAS ALDEAS HAI PEQUENAS CASAS CONSTRUÍDAS CON ELEMENTOS DA NATUREZA.

BAOBAD

O BAOBAD, A ÁRBORE MILENARIA,  É UN DOS SÍMBOLOS DO SENEGAL.
ESTAS GRANDES ÁRBORES FORON EMPREGADAS DURANTE SÉCULOS COMO SANTUARIOS, TUMBAS, ESPAZO PARA A COROACIÓN DE REIS OU COMO LUGARES DE ENCONTRO E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 

MÁSCARAS: UNHA MANIFESTACIÓN ARTÍSTICA

ACHEGAMONOS Á ARTE AFRICANA A TRAVÉS DE DISTINTOS OBXECTOS, ENTRE ELES UNHA FERMOSA MÁSCARA

AS MÁSCARAS TEÑEN UN IMPORTANTE VALOR CERIMONIAL E PODEN SER USADAS NOS NACEMENTOS E NOS ENTERROS, PODEN EMPREGARSE PARA HOMENAXEAR AOS ANTEPASADOS, PARA SOLICITAR BOAS COLLEITAS,...

NA AULA, CON CARTOLINA E TÉMPERA BRANCA,  QUIXEMOS ELABORAR AS NOSAS PROPIAS "MÁSCARAS AFRICANAS"

RAIO E TRONO

GRAZAS AOS GRIOTS, AS ANTIGAS HISTORIAS DE ÁFRICA PODEN SER AÍNDA ESCOITADAS HOXE EN DÍA.
NA ESCOLA PUIDEMOS SABER DE RAIO E TRONO E COMO
E POR QUE ACABARON VIVINDO NO REINO DOS CEOS

POLO NADAL...

PARA DECORAR A NOSA ESCOLA FIXEMOS UNS RUDOLFs,

O RENO AMIGO DE PAPÁ NOEL,

E UNS TRASNOS DE NADAL QUE NOS VAN TRAER  BOA SORTE PARA O NOVO ANO.

 

1ª SEMANA DA FROITA EN PAZO

ASÍ RESUMIMOS A PRIMEIRA SEMANA DA FROITA NA NOSA ESCOLA:

(AULA DE INFANTIL)

HANAMI

HANAMI SIGNIFICA VER AS FRORES.

OS XAPONESES CELEBRAN A CHEGADA DA PRIMAVERA SAÍNDO AOS PARQUES

A CONTEMPLAR AS FRORES DA CERDEIRA, CHAMADAS SHAKURA.

DESTE XEITO ILUSTRAMOS O MES DE MARZO DO ALMANAQUE DO NOVO ANO 2015

 E TAMÉN AS PORTADAS DOS NOSOS TRABALLOS DESTE TRIMESTRE

GRIOT

 

OS GRIOTS SON NO SENEGAL OS GARDIÁNS DOS CONTOS, CANTOS E LENDAS DA TRADICIÓN ORAL.

 ACOMPAÑAN AS SÚAS INTERPRETACIÓNS CUN  INSTRUMENTO MUSICAL DE CORDA FEITO A PARTIR DUNHA CABAZA, A KORA.  NÓS ACOMPAÑAMOLAS TAMÉN CUN DJEMBE,  UNHA KALIMBA E UN BOUNGU...

Distribuir contido