2014-2015
Clube de lectura infantil
O vindeiro xoves día 29 de xaneiro retomamos o clube de lectura. Será como sempre na biblioteca da sede as 16:30 asi que xa sabedes non podedes faltar a cita cos libros e a pasar unha tarde moi divertida.
- APIs de Blogue
PARA OS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE CRUCEIRO...
MOITAS, MOITAS, MOITAS GRAZAS E...
MOITOS, MOITOS, MOITOS BICOS E APERTAS!!!
POR ESTA ILLA TAN SABOROSA QUE TAN BEN NOS SOUBO!
A PROFE TAMARA TROUXONOS ESTE AGASALLO QUE
OS NENOS E NENAS DE CRUCEIRO FIXERON PARA NÓS.
E NÓS, COMO NON, COMÉMOLO TODO, TODO.
E HOXE A PROFE VERÓNICA TROUXONOS AREPAS,
COMIDA TÍPICA DE COLOMBIA QUE
OS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE CRUCEIRO TAMÉN QUIXERON COMPARTIR CONNOSCO.
OUTRA VEZ, MOITAS GRAZAS!!!
O DONG: MOEDA DO VIETNAM
A MOEDA DO VIETNAM É O DONG.
MARA AMOSOUNOS UNS BILLETES DE DONGs VIETNAMITA QUE ESTIVEMOS
COMPARANDO COS NOSOS EUROS.
- APIs de Blogue
O NON LÁ
MARA AMOSANOS O NON LÁ QUE É O SOMBREIRO TÍPICO VIETNAMITA.
TEN FORMA CÓNICA E ÚSASE TANTO PARA PROTEXERSE DO CALOR COMO DA CHUVIA.
ABAIXO MARA AMÓSANOS UNS RECORDOS QUE OS SEUS PAIS
TROUXERON DE VIETNAM
- APIs de Blogue
PROXECTO HORIZONTE: 2ª SESIÓN
NESTA SESIÓN XOGAMOS CON ALGÚN DOS NOSOS SENTIDOS:
O OLFATO A VISTA E O TACTO.
LOGO MARÍA AMOSOUNOS FOTOS DUN CACHIÑO DUNHA CEBOLA, SAL,
UN PELO, A PUNTA DUN PELO, AREA E PÓ
VISTAS A TRAVÉS DUN MICROSCOPIO. O PÓ VESE BONITÍSIMO.
E POR ÚLTIMO VIMOS UNHA ALGA A TRAVÉS DO MICROSCOPIO
- APIs de Blogue
2ª SEMANA DA FROITA
PARA REMATAR A SEGUNDA SEMANA DA FROITA FIXEMOS ZUME.
USAMOS O ESPREMEDOR PARA FACER ZUME DE LARANXA
E A LICUADORA PARA O DE MAZÁ E O DE PERA E PLÁTANO.
OS TRES ESTABAN MOI RICOS.
AQUÍ PODEDES VER COMO FIXEMOS O ZUME DE PERA E PLÁTANO:
...E NA CLASE DE PRIMARIA FIXEMOS MACEDONIA COA FROITA QUE SOBROU
- APIs de Blogue
PROXECTO HORIZONTE
DURANTE ESTES DÍAS ESTANSE DESENVOLVENDO NAS AULAS DO CRA AS SESIÓNS CORRESPONDENTES AO MES DE XANEIRO DO "PROXECTO HORIZONTE 2030"
- APIs de Blogue
UNHA NOVA ANDAINA DA MOCHILA VIAXEIRA
UN CURSO MÁIS A MOCHILA VIAXEIRA COMEZA UNHA NOVA ANDAINA.
CARGADIÑA DE INTERESANTES CONTOS, XOGOS, PELICULAS,...
PASARÁ POR TODAS AS NOSAS CASAS
PARA QUE GOCEMOS EN FAMILIA DESTA INTERESANTE EXPERIENCIA.
- APIs de Blogue
AS BICI TAXI
MARA AMÓSANOS UNHA PEQUENA BICI TAXI. É UNHA BICI CON TRES RODAS,
UNHA ATRÁS E AS OUTRAS DÚAS NA PARTE DIANTEIRA.
É UN DOS MEDIOS DE TRANSPORTE MÁIS USADOS POLOS TURISTAS EN VIETNAM.
- APIs de Blogue
A BAÍA DE HALONG
A BAÍA DE HALONG FOI DECLARADA PATRIMONIO DA HUMANIDADE
POLA UNESCO NO ANO 1994, E, DENDE O 2011 É UNHA DAS
SETE MARABILLAS NATURAIS DO MUNDO.
ESTÁ SITUADA NO NORTE DE VIETNAM
É VISITADA POR MOITOS TURISTAS QUE GOSTAN DE EMBARCAR NESTAS BARCAZAS
PARA DESFRUTAR DESTA MARABILLA NATURAL.
NA BAÍA HAI ARREDOR DE DUAS MIL ILLAS A MAIORÍA SON MOI PEQUENAS
E NON ESTÁN HABITADAS.
A FAMILA DE MARA ACHÉGANOS ESTA BONITA LENDA:
FAI MOITO TEMPO, CANDO OS VIETNAMITAS LOITABAN CONTRA OS CHINOS QUE VIÑAN
POLO MAR, O EMPERADOR DE JADE ENVIOU UNHA FAMILIA DE DRAGÓNS QUE
ESCUPÍAN XOIAS E JADE. AS XOIAS CONVERTIRONSE NAS ILLAS E ILLOTES DA BAÍA,
UNÍNDOSE PARA FORMAR UNHA GRAN MURALLA FRENTE AOS CHINOS E ASÍ LOGRARON
FUNDIR OS NAVÍOS INIMIGOS.
SEGUNDO UNHA LENDA LOCAL HA LONG SIGNIFICA DRAGON DESCENDENTE
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »