2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

CARNAVAL DE BARRANQUILLA. O CAIMÁN

COÑECEDES A CANCIÓN COLOMBIANA "SE VA EL CAIMÁN" ?

NA ESCOLA ESTAMOS A FACER UNHA ADAPTACIÓN...

" VAISE O CAIMÁN, VAISE O CAIMÁN, VAISE PARA BARRANQUILLA,
VAISE O CAIMÁN, VAISE O CAIMÁN, VAISE NA CARRETILLA"

"VAISE O CAIMÁN,  XA NON O PILLAS,
VAISE COMER AS ROSQUILLAS"

"VAISE O CAIMÁN,  HAI MOITO MAR, TEN MEDO DE MAREAR !
VAISE QUEDAR, FIXÉMOLA BOA, VAINOS COMER AS FILLOAS !!

"COMO QUEDOU, LEVÁMOLO A LEIRO
AGORA É O NOSO COMPAÑEIRO !!"

CARNAVAL DE BARRANQUILLA. O CONGO

O CONGO É UN DOS DISFRACES MÁIS ANTIGOS DO ENTROIDO DE BARRANQUILLA.
TURBANTE DE FLORES, CAPA, VOLANTAS EN PERNAS E BRAZOS ADORNAN UN TRAXE QUE FALA DA PRESENCIA DE ÁFRICA EN AMÉRICA

CARNAVAL DE BARRANQUILLA. MARIMONDA

MICO OU ELEFANTE ?

A MARIMONDA É UN SÍMBOLO DE BARRANQUILLA E DO SEU ENTROIDO.  MESTURA DE MICO E ELEFANTE, ALEGRA AS FESTAS COS SEUS DIVERTIDOS MOVEMENTOS.

SE QUERES FACERTE CUNHA MÁSCARA DE MARIMONDA PARA ESTES DÍAS,  PODES INTENTAR FACER UNHA NA ESCOLA OU NA CASA ...

OU MANDAR A MATEO OU A VERÓNICA OUTRA VEZ Á NEVE DE OURENSE PARA QUE CHE TRAIAN A MARIMONDA ESQUIADORA ...

Clube de lectura infantil

 

Boas tardes amig@s, o vindeiro xoves día 12 estaremos de novo na sede do cra en Asados para pasar unha tarde divertida no clube de lectura, onde despois de leer uns cantos libros faremos divertidas carautas para carnavales, e si queres podes vir disfrazado.

E nos vos esquezades que o venres 13 vemonos no cole de Rañó para pasar unha maña moi amena cunha festa de disfraces.

" CARNAVAL DE BARRANQUILLA"

 

PERCORREMOS COLOMBIA DE ABAIXO

A ARRIBA NUNHA CHIVA EN BUSCA DO 

ENTROIDO DA CIDADE DE BARRANQUILLA

 E AO CHEGAR ALÁ XA TIÑAN ANUNCIADA
A FESTA!!!

COLOMBIA

NO NORTE DE AMÉRICA DO SUR , BAÑADA POLO OCEANO PACÍFICO E POLO NOSO OCEANO ATLÁNTICO (QUE CHEGADO A ESAS TERRAS QUIXO TOMAR O NOME DE "MAR CARIBE")
ESTÁ COLOMBIA .

NÓS ESTAMOS DESCUBRINDO ESTA PARTE DO MUNDO GRAZAS A CAIXA QUE NOS TROUXO DÁLIA (E A SÚA MONECA CANTADORA), A TODAS AS PREGUNTAS QUE NOS FACEMOS
E A NOSA NOVA AMIGA ANGIE !!

Proceso de admisión - Instruccións Consellería de Educación

A consellería de Educación ven de publicar as instruccións que ordenan o proceso de admisión para o curso 2015-16

Consultar a lexislación e descargar modelos para reserva de praza

- O prazo para a presentación de solicitudes de admisión abranguerá do 1 ao 20 de marzo de 2015

 

Rianxo a 9 de febreiro de 2015

O equipo directivo

Á NEVE

SE CHEGAS Á ESCOLA E VES A NEVE NAS MONTAÑAS...

O MELLOR É DARSE PRESA ANTES DE QUE DERRETA, E IRSE A ESQUIAR

COLLER A TELESILLA PARA SUBIR ÓS MELLORES CUMES E ... A DESLIZARSE COS ESQUÍS !!

CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO"

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO CRA INICIA ESTE CURSO UNHA NOVA AVENTURA DE LECTURA COMPARTIDA.
A PRIMEIRA SESIÓN DESENVOLVERASE NA BIBLIOTECA DE DANIEL, EN ASADOS,  O XOVES 5 DE FEBREIRO.

Contas ano 2014

O martes 27 de xaneiro o Consello Escolar do Centro avaliou as contas do C.R.A. de Rianxo, correspondentes ao ano 2014.

Nos arquivos anexos pódese consultar a conta presentada, e remitida á Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

Conta presentada ao Consello Escolar

Informe qua acompaña a conta 2015

Distribuir contido