2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

PAPA

ANGIE DESCUBRIUNOS QUE TAMÉN A PAPA, COMO O SEU NOME, É ORIXINARIA DE AMÉRICA

E CO POETA CHILENO PABLO NERUDA DESCUBRIMOS A "ODA A LA PAPA"

" PAPA

TE LLAMAS

PAPA Y NO PATATA,

NO NACISTE CASTELLANA:

ERES ORCURA

COMO NUESTRA PIEL,

SOMOS AMERICANOS, PAPA,

SOMOS INDIOS  

PROFUNDA Y SUAVE ERES,

PULPA PURA, PURÍSIMA

ROSA BLANCA ENTERRADA,

FLORECES ALLÁ ADENTRO

EN LA TIERRA,

EN TU LLUVIOSA 

TIERRA ORIGINARIA..."

2ª SESIÓN DE CAMILIÑO JOSESIÑO

NESTA SEGUNDA SESIÓN, ELECTRA, CONTOUNOS A HISTORIA

DE COMO CAMIÑILIÑO E BUFARIÑENTO SE FIXERON TAN AMIGOS.

 

BUFARIÑENTO ERA O PITIÑO QUE SEMPRE ACOMPAÑABA A CAMILIÑO JOSESIÑO.

ESTA SEMANA ESTIVO NA NOSA ESCOLA. E COIDÁMOLO MOI BEN:

DÉMOSLLE DE COMER LETRAS DE CORES, AMARELAS, VERMELLAS, AZUIS, VERDES,...

E DE MERENDA, CÍRCULOS, CADRADOS, TRIÁNGULOS E RECTÁNGULOS

DE MOITAS CORES...

E ANTES DE MARCHAR CONTOULLE AO OÍDO A ELECTRA QUE ESTIVERA

MOI CONTENTO NA NOSA ESCOLA.

.

RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO

CON TOBÍAS RECORDAMOS A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO

NO DÍA DO SEU ANIVERSARIO, 24 DE FEBREIRO:

LEMOS E DECORAMOS ESTROFAS DE DOUS DOS SEUS POEMAS E DESPOIS...

...TOBÍAS GRABOUNOS RECITANDO:

" ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

ADIOS REGATOS PEQUENOS..."

ESCOLA DE AMERICANOS OU INDIANOS

ALGÚN POEMA DE ROSALÍA
FALA DA XENTE QUE, POR NON TER CARTOS, TEN QUE MARCHAR EMIGRADA A OUTRAS TERRAS EN BUSCA DE TRABALLO

MOITA XENTE DE TARAGOÑA (E DE TODA GALICIA) CRUZOU O OCEANO ATLÁNTICO EN BARCO NUNHA LONGA VIAXE ATA CHEGAR A AMÉRICA DO SUR.
ALÍ INICIARON UNHA NOVA VIDA, E MOITOS FORON QUEN DE NON ESQUECER Á VECIÑANZA QUE QUEDARA NA TERRA E SER SOLIDARIOS CON ELA
.

 EMIGRANTES DE TARAGOÑA EN BÓS AIRES DECIDIRON XUNTAR O DIÑEIRO PRECISO PARA MANDAR  CONSTRUÍR UNHA ESCOLA NO LUGAR DE CAMPO DE PAZOS

DECIDIRON CHAMARLLE "ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO". ESA ESCOLA AÍNDA ESTÁ FUNCIONANDO NA ACTUALIDADE. É A ESCOLA MÁIS ANTIGA DE TODO RIANXO.

SABES QUE ESCOLA É?

ROSALÍA

NO ANIVERSARIO DE ROSALÍA SOMOS NÓS QUEN ESTAMOS DE PARABÉNS!!

CLUB INFANTIL DE LECTURA

O CLUB DE LECTURA DA ANPA CAMBIA A DATA DOS SEUS ENCONTROS.
A PARTIR DE HOXE, DÍA 4 DE MARZO, PROPONNOS NOVAS VIAXES POLO MUNDO DA LECTURA OS MÉRCORES, ÁS 16:30 H, NA BIBLIOTECA DE DANIEL.

UN PASEO POLO BOSQUE.

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE CUVIDE E EN CANTO POIDAMOS ENSINARÉMOSVOS OS DEMAIS!

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

 

CAMILO JOSE CELA

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE  ELECTRA , GUÍA DO MUSEO

DE CAMILO JOSÉ CELA, QUE NOS VEU FALAR DESTE

 ILUSTRE  ESCRITOR.

PARA SABER COUSAS SOBRE DEL,TROUXONOS

DIVERSOS OBXECTOS:

A MEDALLA DO "PREMIO NOBEL",

AS NOTAS DA FACULTADE, ALGÚN DOS SEUS LIBROS..·

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE

QUE CONTINUAREMOS O VINDEIRO MARTES.

 

PREME SE QUERES VER A SESIÓN DE PAZO INFANTIL:

Chinese Lanterns

To celebrate Chinese New Year, we made these lanterns with coloured paper. 

Distribuir contido