HORIZONTE 2030
DENTRO DO PROXECTO "HORIZONTE 2030" NO QUE A ESCOLA DE ABUÍN ESTÁ A PARTICIPAR, RECIBIMOS A PRIMEIRA SESIÓN DESTE CURSO. OS OCEANÓGRAFOS MARÍA E DAVID VISITARON A NOSA ESCOLA PARA AMOSARNOS UN MONTÓN DE COUSAS. LEMBRAMOS TODO O QUE XA SABIAMOS DO MEXILÓN E TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VER UN POR DENTRO. TAMÉN NOS TROUXERON UNHA CABEZA DE DOURADA E PUIDEMOS OBSERVAR OS SEUS DENTES, AO IGUAL QUE OS DENTES DOUTROS ANIMAIS MARIÑOS. VIMOS AS DIFERENTES FORMAS QUE PODE TER O PLANCTON MARIÑO E RECIBIMOS A CONVIDACIÓN PARA ASISTIR AOS OBRADOIROS QUE CON MOTIVO DA SEMANA DA CIENCIA SE VAN LEVAR A CABO NO AUDITORIO DE RIANXO. ALÍ REALIZAREMOS DISTINTAS EXPERIENCIAS QUE VIRÁN A COMPLETAR ESTA INTERESANTE SESIÓN.
GRAZAS DAVID E MARIA!!!
- APIs de Blogue