Rianxo Fala
A NOSA LÍNGUA NO MUNDO
ANTIGAMENTE, GALIZA E CASE TODO PORTUGAL ERAN UNHA ÚNICA TERRA NA QUE SE FALABA, ESCRIBÍA E CANTABA EN GALEGO.
DENDE PORTUGAL A NOSA LÍNGUA CHEGOU A ÁFRICA, AMÉRICA E ASIA
- APIs de Blogue
CONTAMOS CON VÓS
UN CURSO MÁIS, ALUMNOS E ALUMNAS DO INSTITUTO VIÑERON CONTARNOS CONTOS Á ESCOLA. NÓS ESCOITAMOS E DEIXÁMONOS SORPRENDER...
- APIs de Blogue
OVOS DE PASCUA
ANA, A MAMÁ DE SABELA, CANDO ERA PEQUENA TIVO A SORTE DE COMER OVOS DE PASCUA. FACÍALLOS A SÚA MAMÁ, A AVOA DE SABELA, COCÉNDOLLOS EN AUGA CON CASCA DE CEBOLA, PAMPILLO OU TREVO
ANA VOLVEU COMPARTIR CON SABELA E CON TODOS NÓS OS TESOUROS DAS CELEBRACIÓNS TRADICIONAIS E O FIXO AGASALLÁNDONOS ADEMAIS CUNS FERMOSOS OVOS DE PASCUA.
E OS NOSOS CONVIDADOS DO INSTITUTO PUIDERON COMPROBAR QUE RIANXO FALA TAMÉN COAS SÚAS TRADICIÓNS
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
RIANXO FALA CON CONTOS
O PASADO CURSO VIÑERAN CONTARNOS A HISTORIA DA ORIXE DA NOSA LÍNGUA.
NESTE, ACERCÁRONSE DENDE O INSTITUTO CON TRES NARRACIÓNS NA NOSA LÍNGUA.
RIANXO FALA TAMÉN CON CONTOS
E, PARA XENTE QUE GOSTA TANTO DAS HISTORIAS, AS PORTAS DA NOSA ESCOLA ESTARÁN SEMPRE ABERTAS !!
- APIs de Blogue
RIANXO FALA...GALEGO
CO GALLO DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E DENTRO DO PROGRAMA RIANXO FALA
TIVEMOS A VISITA DUNHAS RAPAZAS DO INSTITUTO FELIX MURIEL QUE NOS CONTARON DOUS CONTOS EN GALEGO.
E NÓS DESFRUTAMOS MOITO ESCOITANDO AS HISTORIAS DE MONCHO... E DESE CAPITÁN...
- APIs de Blogue
CONTO DA LÍNGUA
NÓS, QUE TANTOS CONTOS ESCOITAMOS EN GALEGO, PUIDEMOS DISFRUTAR TAMÉN DUN CONTO SOBRE A ORIXE DO GALEGO.
VIÑÉRONNOLO CONTAR TRES ALUMNAS DO INSTITUTO...
COA HISTORIA DA CASTREXA SARELA DESCUBRIMOS QUE OS DISTINTOS POBOS QUE VIVIRON NESTAS TERRAS NON SÓ FORON DEIXANDO A SÚA PEGADA NA NOSA PAISAXE OU NOS NOSOS COSTUMES, SENÓN TAMÉN NA NOSA LÍNGUA.
E VOLVEMOS ESCOITAR AS PALABRAS CASTREXAS QUE DESCUBRIRAMOS HAI XA UN TEMPO: TOXO, TOUCIÑO, BICO...
NÓS, ACRADECIDOS, COMPARTIMOS TAMÉN COAS NOSAS NOVAS AMIGAS A BANDEXA DE ORELLAS QUE FIXERAN NA CASA MATEO E A SÚA MAMÁ
CRUCEIRO 4 E 5 ANOS
- APIs de Blogue
POESÍA GALEGA NA IDADE MEDIA
NO SÉCULO XIII, NA SÚA FORTALEZA, PAIO GÓMEZ CHARIÑO
CANTA POESÍA GALEGA
TRABALLO REALIZADO NO CURSO 2011-2012 NA AULA DE 3 E 4 ANOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO
GABI, FRAN, FABIOLA, EVANGELINA, ALEX, FABILOA, PAULA, HELENA, ABEL, CLARA, SABELA, CARLOS, BREOGÁN, FROILÁN E SOL
- APIs de Blogue
GALLAECIA PETREA
"GALLAECIA PETREA", "GALICIA DE PEDRA" . PAULA É QUEN DE ENTENDER A LÍNGUA QUE FALABAN OS ROMANOS...
A NOSA COMPAÑEIRA PAULA SABE LATÍN !!
CRUCEIRO 4 E 5 ANOS
- APIs de Blogue
FALA CASTREXA
A MAMÁ DE JULIA FÍXENOS PENSAR EN COMO SERÍA A LÍNGUA QUE FALABAN OS CASTREXOS. AIDA PRESTOUNOS UN LIBRO DE PEPE CARREIRO, TITULADO "HISTORIA DA LÍNGUA GALEGA", ONDE PUIDEMOS EMPEZAR A DESCUBRIR ALGO SOBRE O TEMA...
"... como os "galegos" de entón non escribían, da língua que falaban pouco quedou. Só podemos saber algo polos nomes dos lugares, que se foron transmitindo de xeración en xeración, e por algunhas palabras que aínda conservamos: Samil,..., toxo, alpendre, burato, touciño..."
E, GRAZAS Á INFORMACIÓN QUE ATOPAMOS NUN LIBRO DO INSTITUTO, PUIDEMOS COCIÑAR, COMO NOS ENSINARON TUNIA E AUNIA, AS CASTREXAS DA BIBLIOTECA, MÁIS PALABRAS DAQUEL TEMPO E ... APRENDER CASTREXO!!
ESCOLA DE CRUCEIRO. AULA DE 4 E 5 ANOS
- APIs de Blogue
DOS ROMANOS
EOLO (DEUS DO VENTO) | EÓLICO |
MUSA (DEUSA DAS ARTES) | MOSAICO |
VENUS (DEUSA DA BELEZA) | VENRES |
LITTERA (LETRA) | LITERATURA |
NA CULTURA ROMANA DESCUBRIMOS A ORIXE DE MOITAS PALABRAS
ESCOLA DE CRUCEIRO 4 E 5 ANOS
- APIs de Blogue