2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

LETRAS GALEGAS 2015

 

ESTE VENRES CELEBRAMOS A CARREIRA DAS LETRAS EN CAMPO MANEIRO.

CORREMOS A PROL DA NOSA LINGUA, RECITAMOS POEMAS NO NOSO IDIOMA,

E ATA TIVEMOS MEDALLAS E DIPLOMAS. E COMO NON HAI CELEBRACIÓN SEN COMIDA,

TIVEMOS UNHA DELICIOSA MERENDA PREPARADA POLAS NOSAS FAMILIAS.

VIVAN AS NOSAS LETRAS!!!

VISITAMOS O MUSEO DE CAMILIÑO JOSESIÑO

HOXE DEVOLVÉMOSLLE  A VISITA A ELECTRA

E COÑECEMOS O MUSEO DE CAMILIÑO JOSESIÑO EN PADRÓN.

ENTRE OUTRAS COUSAS ALÍ VIMOS UNHA LOCOMOTORA, O ESCRITORIO DE CAMILIÑO

TAL E COMO O DEIXOU,...E OS DEBUXOS QUE LLE FIXEMOS A ELECTRA

NA SEGUNDA DAS SESIÓNS QUE DESENVOLVEU NA NOSA AULA.

 

XORNADAS DE ACOLLEMENTO NOS CENTROS RECEPTORES

 O ALUMNADO QUE CURSA O SEU DERRADEIRO ANO ACADÉMICO NO CRA DE RIANXO VAI REALIZAR NESTES DÍAS UNHA VISITA AOS CENTROS RECEPTORES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR, O CEP "BREA SEGADE", DE TARAGOÑA, O CEIP "CASTELAO", DE RIANXO E O CEIP "ANA Mª DIEGUEZ", DE ASADOS.

navega polas páxinas web do

CEP Xosé Mª Brea Segade

CEIP A.D.R. Castelao

CEIP Ana Mª Dieguez

CARREIRA DAS LETRAS

COMO SE VEN FACENDO HABITUALMENTE, ESTE PASADO VENRES CELEBRAMOS A CARREIRA DAS LETRAS QUE TANTO LLE GUSTA A PEQUEN@S E MAIORES!!!

ESTA FESTA CONLEVA UNHOS PREPARATIVOS PREVIOS QUE NOS ENCANTAN:

- DECORACIÓN DE MEDALLAS

- DECORACIÓN DE DORSAIS PARA CADA UN DOS NEN@S E TAMÉN PARA OS FAMILIARES E MESTRES/AS QUE CORREMOS

- COMO NOVIDADE ESTE ANO ENSAIMOS CADA AULA UN POEMA/CANTIGA EN GALEGO: NO NOSO CASO DECIDIMOS FACER O CONTO "CROCODILO" QUE NOS ENCANTA!!!

-PLANIFICACIÓN DA MERENDOLA PARA RECUPERAR FORZAS

UNHA VEZ QUE CHEGA O ANSIADO DÍA, PREPARÁMONOS PARA COLLER O BUS E DIRIXIRNOS A CAMPO MANEIRO.

 

PRIMEIRAMENTE, AO CHEGAR BUSCAMOS UN LUGAR PARA PODER VER BEN A CARREIRA:

 

LOGO CHEGA O MOMENTO DE FACER O RECOÑECEMENTO DO PERCORRIDO PARA O QUE NOS AXUDA O PROFE ÁLEX, NON SEN ANTES FACER UNHOS ESTIRAMENTOS.

 

DESPOIS DE DESCUBRIR O CIRCUITO, CHEGA O MOMENTO DAS CARREIRAS POR IDADES:

1,2,3... XA!!!!!!

E COMEZAN A CORRER OS NEN@S DE 3 ANOS

 

1,2,3... XA!!!!!!

E COMEZAN A CORRER OS NEN@S DE 4 ANOS

 

1,2,3... XA!!!!!!

E COMEZAN A CORRER OS NEN@S DE 5 ANOS

 

 

BRAVOOOOOOO!!!! FIXÉSTELO TOD@S XENIAL!!!!

 

UNHA FOTO DO GRUPO DE CAPELA INFANTIL AO REMATAR A CARREIRA!

LOGO DE VER CORRER AOS NOS@S COMPAÑEIR@S DE PRIMARIA, DISPUXÉMONOS A RECITAR OS POEMAS/CANTIGAS EN GALEGO, INAUGURANDO ESTE ACTO CO HIMNO GALEGO

 

DESPOIS DE ESCOITAR OS FERMOSOS POEMAS DE TODAS AS ESCOLAS, ERA O NOSO TURNO:

VERDE, VERDE, VERDE

O CROCODILO QUE SE PERDE,

E SUBE NUN BAÚL,

AZUL, AZUL, AZUL,

...

AO REMATAR O NOSO TURNO, ESCOITAMOS AOS NOS@S COMPIS DE PRIMARIA, QUE O FIXERON XENIAL!

 

AQUÍ ESTÁN AS NOSAS FAMILIAS!!! DÉRONLLES UN DIPLOMA POLA SÚA PARTICIPACIÓN NA CARREIRA!

 

PARA REMATAR A FESTA, ANTES DE IR A MERENDAR ENTRE TODOS/AS CANTAMOS E BAILAMOS A "RUMBALIZA", UNHA CANCIÓN QUE NOS GUSTA MOITO E QUE FALA SOBRE A NOSA LINGUA! FERMOSA CANCIÓN!

GRACIAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR NUN DÍA TAN BONITO!

 

 

Colourful Candles for Family Day

Last friday, 15th May, apart from celebrating our Letras Galegas, was Family Day. In Capela we wanted to say thank you to our families with a present: a candle made out of wax and old crayons. First we chose the colours for our candle. Then we melted the wax and the crayons using the microwave, stirred the mixture well and poured three layers in a small glass. We put a wick and left them dry. 

O venres pasado, 15 de maio, ademais de celebrar as nosas Letras Galegas, foi o Día da Familia. En Capela queriamos darlles as gracias ás nosas familias cun agasallo: unha vela feita de cera e lápis de cores vellos. Primeiro escollemos as cores da nosa vela. Despois derretemos a cera e as cores usando o microondas, removemos ben a mestura e vertemos tres capas nun vaso pequeno. Puxemos unha mecha e deixamos secar.

ÚLTIMA VISITA DE DAVID

O XOVES PASADO RECIBIMOS A ÚLTIMA VISITA DE DAVID, CO CAL APRENDIMOS MOITÍSIMAS COUSAS NESTE CURSO. NESTA OCASIÓN DAVID TROUXONOS UN PEIXE PLANO PARA QUE O POIDERAMOS OBSERVAR, ALGO QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN FOI QUE TEÑEN OS DOUS OLLOS DO MESMO LADO, CASE PEGADOS, UN AO LADO DO OUTRO.

ADEMÁIS DAVID ENSINOUNOS UNHOS BOTECIÑOS ONDE SE PODÍAN OBSERVAR OS RAPANTES CUNHA SEMANA DE VIDA, QUINCE DÍAS E UN MES, VENDO COMO VAN CRECENDO POUCO A POUCO.

XA PARA FINALIZAR ESTA SESIÓN, DAVID ENSINOUNOS DIFERENTES VÍDEOS CON CURIOSIDADES: COMO SE RELAXAN OS TIBURÓNS, O PARTO DUN CABALIÑO DE MAR,..

COMO MARÍA NON O ACOMPAÑOU NESTA VISITA, PROMETEUNOS QUE ÍA VOLVER CON ELA EN XUÑO PARA DESPEDIRSE DE TODOS/AS NOS! MOITAS GRACIAS DAVID

 

 

VOLVEMOS A PLANTAR

XA FAI UN TEMPIÑO FIXEMOS UNHA PLANTACIÓN DE SEMENTES VARIADAS...

 

LOGO DUNHAS SEMANAS REGANDO E ESPERANDO A QUE MEDRASE ALGO... DECIDIMOS TRANSPLANTAR LEITUGAS NAS MACETAS QUE DECORAMOS...

AGORA CON MOITA PACIENCIA, REGAREMOLAS TODOS OS DÍAS E ESPERAREMOS A QUE MEDREN PARA PODER FACER UNHA RECEITA CON ELAS!

 

The Very Hungry Caterpillar

Spring has arrived and we celebrated it with a story we love: The Very Hungry Caterpillar.

Here you can listen to the story again read by its author Eric Carle.

 Chegou a primavera e nós celebrámolo cun conto que nos encanta: The Very Hungry Caterpillar (Unha eiruga moi larpeira).

Aquí podes volver a escoitar o conto lido polo seu autor Eric Carle.

Distribuir contido