ONDE ESTÁS?
SE TE DESCOBRES ENCHOUPADO DE PALABRAS...
SE ATOPAS NOVOS OU VELLOS AMIGOS...
SE APARECE UN MALVADO DRAGÓN QUE ROUBA A CHUVIA...
( OU ERA UNHA MALVADÍSIMA DRAGONA?...)
SE DESPOIS DE TODO, CONSEGUES COS TEUS COMPAÑEIROS QUE SAIA O ARCO DA VELLA...
NON HAI DÚBIDA. ESTÁS NA BIBLIOTECA!!!
»
- APIs de Blogue
AI PÉTALA , QUE MAL FIXECHES...!
AI PÉTALA QUE MAL FIXECHES EN LIBERAR A CASA DA CHOIVA DAS FAUCES DO DRAGÓN !. HABÍAS ESPERAR UN POUCO MULLER, ALOMENOS QUE PASASE NOVEMBRO, DECEMBRO E XANEIRO QUE MIRA TI O QUE FOI POLA TÚA HEROICIDADE; XA VES..., A CHOIVA CHEA DE RABIA POLO TEMPO SECUESTRADA QUIXO DAR RENDA SOLTA ÁS SÚAS PINGUEIRAS, E ARREMUIÑÁNDOSE NO SEU ABRIGO DE VENTO AMEAZANTE FIXO UN VARRIDO POLOS TELLADOS DE RIANXO QUE MANDA TRUCO NA HABANA.
AÍNDA IMOS TER QUE CONTRATAR A ESE DRAGÓN E DRAGONA DE CRUCEIRO PARA QUE POÑAN UN POUCO DE TINO POR ALÍ ENRIBA, NON SI?
NON SEI SE ESTARÁN EN FORMA, SE COMERÁN A FROITA NECESARIA DIARIAMENTE PARA EMPRENDER TAN LONGA VIAXE.
XA ME CONTAREDES, EU XA ESTOU UN POUCO ARREPENTIDA DE TER ABERTO O LIBRO DE PÉTALA NA BIBLIOTECA. NON SEI SE TERÁ RELACIÓN COA DESFEITA DO SÁBADO.
POR CERTO, ESTAREDES TRABALLANDO NA ESCOLA O CONTO E OS POEMAS, NON?. XA TEÑO GAÑAS DE VELOS. BEN, NON VOU SER PESADA, XA ME DESPIDO. ATA PRONTO.
UN BIQUIÑO DE LUME A VER SE DAMOS SECADO TANTA AUGA.
MARÍA