TRONADA

" AI COMO CHOVE,
  AI COMO TRONA,
AI UNHA VELLA
TOCANDO A ZANFONA "
(popular)

O TORIBIÑO DI

 O TORIBIÑO DI:

O LUNS HABERÁ QUE IR Á ESCOLA CUN MANDIL VESTIDO

O MARTES, TRAER TAMÉN ALGO NO PESCOZO 

O MÉRCORES HAI QUE PÓR ADEMAIS ALGO NA CABEZA

O XOVES ENGADIMOS UN POUCO DE PINTURA NA CARA 

E O VENRES, TODOS DE CHOQUEIROS !!!

E O QUE DI O TOBIBIÑO,

DITO ESTÁ!

MIGALLAS

 

O xoves 4 de febreiro tódalas aulas do C.R.A. de Rianxo desprazaránse ata o Auditorio Municipal para asistir a unha representación teatral.

A compañía pontevedresa "MIGALLAS TEATRO" porá en escena para elas un espectáculo de teatro e cancións baseado no seu disco "¡Canta connosco!"

A CANDELORIA

En Galicia, a data da candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.

Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. 

LIBROS PARA A PAZ

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS

UN ANO MÁIS, NAS ESCOLAS, IMOS CELEBRAR O DÍA DA PAZ.

PARA QUE VOS ACOMPAÑEN NESTAS DATAS TAN IMPORTANTES OFRÉCEVOS ESTA SELECCIÓN DE CONTOS.

A GUERRA DOS NÚMEROS. OQO EDITORA
O NACEMENTO DO DRAGÓN. FAKTORÍA K DE LIBROS
NEGROS E BRANCOS. XERAIS
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. ED. EKARÉ

ESPERO QUE NOS CONTEDES A TODOS SE VOS GUSTARON!

UNHA APERTA DO VOSO AMIGO

DANIEL

 

PARA QUE A PAZ SEXA...

O Seminario Galego de Educación para a Paz ven de publicar, no seu 25 aniversario, este fermoso e reivindicativo cartel.

CONVOCATORIA DE FOLGA

A PLATAFORMA " QUEREMOS GALEGO ", INTEGRADA POR NUMEROSAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS, VECIÑAIS, DE PAIS DE ALUMNOS, ETC, ASÍ COMA AS DISTINTAS FORZAS SINDICAIS CON REPRESENTACIÓN NA EDUCACIÓN TEÑEN CONVOCADA PARA O XOVES 21 DE XANEIRO UNHA XORNADA DE FOLGA NO ENSINO.

FESTIVAL DE NADAL

A MAÑÁ DO MARTES 22 DE DECEMBRO REALIZARASE NO AUDITORIO DE RIANXO O FESTIVAL DE NADAL DO C.R.A. DE RIANXO.

ESPERAMOS QUE NOS ACOMPAÑEN MOITÍSIMOS PAIS, NAIS, AVÓS,...E, CUN POUCO DE SORTE, AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!

 

NADAL CULTURAL 09

 

AQUÍ TEMOS NOVAS OFERTAS PARA DISFRUTAR DA PROGRAMACIÓN

" NADAL CULTURAL 09 "

SUSPENSIÓN DE CLASES

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada do mércores 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións  en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Distribuir contido