A AUGA DE SAN XOÁN
" MIÑA LAVANDEIRA NOVA
QUE NA MAÑÁN DE SAN XOÁN,
NA AUGA DE HERBIÑAS CHEIROSAS
LAVA-LA CARA I AS MANS (...) "
Faustino Rey Romero
( Doas de Vidro)
- APIs de Blogue
Teatro na Escola
- APIs de Blogue
Escursión á Granxa Escola do Toxa
Os alumnos e alumnas da Escola de Rañó e da Escola de Pazo puxeron nas Follas das súas escolas unhas fotos moi fermosas da Excursión á Granxa Escola do Toxa.
Tobías a 28 de maio de 2.009
- APIs de Blogue
Visita ao Colexio Brea Segade.
Foto da Carreira das Letras 07-08, co Colexio Brea Segade ao fondo, con camisetas amarelas alumnos e alumas do C.E.P. Brea Segade
Os alumnos e alumnas das do C.R.A. de Rianxo que o vindeiro curso 09-10, irán
para o Colexio Brea Segade, facerán mañán unha visita a este colexio.
Amáis
de coñecer o colexio, as aulas, a biblioteca e outras dependencias,
tamén coñecerán aos nenos e nenas que o vindeiro curso serán seus
compañeiros/as.
Volverán a ver a nenos e nenas que foron seus compañeiros nas escolas do C.R.A.
Algunhas
das actividades previstas para a visita son: presentación con proxeción
multimedia, actividade de inglés, visita ao museo, conto na biblioteca
e moitas actividades e sorpresas máis.
Foto de nenos e nenas do C.E.P. Brea Segade, que participaron na Carreira das Letras deste curso
Tobías a 28 de Maio de 2.009
- APIs de Blogue
Visita ao Colexio Castelao
Os nenos e nenas de 2º de E.P. das escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza, visitan o colexio Castelao, e conviven unha xornada cos nenos e nenas que o vindeiro curso serán seus compañeiros e compañeiras.
Os nenos e nenas do Castelao visitan as escolas do C.R.A.
Os nenos e nenas de 2 º A e 2ºB do C.E.I.P. do Castelao, visitan as escolas do C.R.A. de Rianxo. Os nenos de 2º A cos nenos de Pazo e de Abuin foron á escola de Rañó e os nenos e nenas de 2º B e os nenos de Quintáns foron á escola de Vacariza.
NEREA que é unha nena de 2º B, e que visitou a escola de Vacariza dixo:paseino moi ben
NOELA que tamén é unha nena de 2º B e que tamén estivo na escola de Vacariza: Gustáronme moito os xogos
LETRAS GALEGAS 2009
As primeiras mostras literarias en galego datan do século XII
Entre este século e o s. XIV o galego convértese na lingua por excelencia de toda a lírica da península ibérica. Deste período datan as cantigas de amigo, de amor e de escarnio.
Neste ano de 2009, xa no século XXI, seguimos facendo posible (na escola, na casa, na rúa,...) que o galego sexa a nosa lingua.
E para seguir celebrando as Letras Galegas 09, nada mellor que facerse acompañar da lectura dalgún libro.
Deixovos aquí recomendados algúns para os máis pequechos da casa...
e outros para os maiores...
O voso amigo
Daniel.
- APIs de Blogue
HANSEL E GRETHEL
´
" ... De súpeto abriuse a porta e saiu coxeando unha vella revella que se apoiaba nunha muleta. Hansel e Grethel asustáronse tanto que deixaron caer o que tiñan nas mans.
Pero a vella só meneou a cabeza e lles dixo:
- Ai, queridos nenos , quen vos trouxo ata aquí ?. Entrade e quedade comigo; non vos farei ningún dano .
Tomounos da man e levounos dentro. Preparoulles unha cea deliciosa, con tortas e azucre, leite, mazás e noces... "
♥
Parecía unha velliña cariñosa, pero vos sabedes que en realidade era unha vella bruxa malvada, non si?
Acompañade unha vez máis a Hansel e á súa irmá Grethel, non os deixedes sós no bosque. Vixiade cos ollos moi atentos para que a bruxa non sexa quen de comelos. Axudádeos a atopar de novo a casa do seu pai e disfrutade con eles o fin da súa pobreza.
Acompañádeos. Como fixeron antes os nosos pais. E aínda antes, os nosos avós. E moito antes, os novos bisavós, os nosos tataravós, os tatatataravós,... E así dende que os irmáns GRIMM, Jacob e Wilhelm, se esforzaron por conservar a tradición dos contos populares alemáns.
E moito antes diso, xa dende os tempos en que a bruxa levantou a súa casa de pastel e azucre para enganar ós nenos perdidos.
Xa dende aqueles tempos lonxanos, nenos e nenas, nais e pais, avós e avoas acompañamos ós dous pequenos irmáns.
Daniel.
- APIs de Blogue
A ESCOLA DE RAÑÓ NA REDE
Visitade a folla da Escola de Rañó, pois xa ten operativa a conexión a internet e xa teñen creados algúns contidos e novas.
- APIs de Blogue
MAIO
Colocar ramos o primeiro de maio nas portas das casas, cortes, carros e agora coches, ven de moi antigo ( segundo nos contan foi prohibido no Concilio de Braga no ano 570 ).
Un ano máis moitas familias de Rianxo manteñen esta antiga tradición de poñer os maios nas súas casas, nos seus coches e tamén nas escolas dos seus fillos.
Noraboa por manter vivo este tesouro da nosa cultura e ... de hoxe nun ano!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- seguinte ›
- última »