VISITA Ó CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA

O VENRES 6 OS NOSOS COMPAÑEIROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA REALIZARÁN UNHA VISITA GUIADA Ó CENTRO ARQUEOLÓXICO DE BARBANZA E CASTROS DE NEIXÓN.

ACCEDE DENDE ESTES ENLACES ÁS NOVAS COLGADAS POLAS ESCOLAS:

escola do pazo

AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL

OLA AMIGOS, OLA AMIGAS.

SON DANIEL

TIÑA XA GAÑAS DE VOS ESCRIBIR E QUE SOUBÉRADES NOVAS DE MIN.

ATA HOXE ESTIVEN BASTANTE OCUPADO.

ESTIVEN A LER.

(LIN UN CARRO CHEO DE LIBROS NOVOS E VELLOS)

E A DEBUXAR. E A PINTAR. E A FACER TEATROS...

VÓS XA SABEREDES...

PERO TAMÉN LLE ESTIVEN A AXUDAR ÁS PROFESORAS A TER TODO PREPARADO NA BIBLIOTECA DE ASADOS PARA PODER CONVIDARVOS UNHA VEZ MÁIS.

LEMBRADES CANTAS HISTORIAS COMPARTIMOS DURANTE O PASADO CURSO?

FALÁSTESLLES ÓS NOVOS COMPAÑEIROS DELAS?

E FALÁSTESLLES DE MÍN ?

ESPERTADE NESTES DÍAS OS RECORDOS ADORMECIDOS, AFIADE A IMAXINACIÓN, RENOVADE O PRACER DE ESCOITAR E COMPARTIR HISTORIAS...

...PORQUE A PARTIR DE NOVEMBRO O NOSO CLUB REINICIARÁ A SÚA AVENTURA.

A AVENTURA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL!!

(VÉMONOS NA BIBLIOTECA DE ASADOS!!!!)

SAMAÍN

 " EU SON O CABAZO DO SAMAÍN.

   SE NON TES MEDO...

   MIRA PARA MIN!!"

(ESCOLA DO CRUCEIRO)

 

O CASTELO DA ROCHA VELLA

 

OS DÍAS 21, 22 E 23 DE OUTUBRO OS NENOS, NENAS E PROFES DO C.R.A. IMOS IR A SANTIAGO PARA  VER E ESCOITAR NO AUDITORIO O CONCERTO 

 " O CASTELO DA ROCHA VELLA".

 

SE QUERES VER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA NOVA PREME AQUÍ

CONVIDACIÓN

 

A Banda da Escola de Música de Rianxo,

a Asociación Cultural-Musical
Solfa,

a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia,

a Banda
Infantil de Merza e a Banda de Música de Arca

teñen o pracer de
convidarvos ao

Concerto da Banda Xuvenil e da Banda Sinfónica de
Musigalizando
:

•Día 17 de outubro ás 20h00 no Auditorio de Rianxo

" CONTA COMIGO "

 
   
O xoves día 1 de outubro realizouse na Biblioteca Municipal de Rianxo unha sesión de dinamización lingüística dirixida ás familias.
A actividade, enmarcada dentro da campaña "O mundo en galego" da Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora, tivo tanto éxito que se chegou a abrir unha lista de espera entre as familias solicitantes.
   

Se estás interesado nesta nova pincha aquí

"ANIMAR A LER DESDE A CASA"

O mércores 30 de setembro desenvolveuse na Biblioteca Municipal de Rianxo a sesión " Animar a ler desde a casa " dentro da campaña " O mundo en galego " promocionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora.

Un bo grupo de mamás, algún papá e tamén algunhas profes ( na imaxe podedes ver a "delegación" do C.R.A. ) achegámonos ata alí para disfrutar coa maxia da palabra.

Escoitamos,cantamos, contamos,... 

Marchamos co sorriso prendido nos beizos e a ilusión na mirada.

...E levámolos para casa.

 

OS MÁIS MADRUGADORES

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DO PAZO FORON OS MAIS "MADRUGADORES" NA UTILIZACIÓN DO PORTAL DO C.R.A.

SE QUEREDES VER O QUE PUBLICARON FACEDE CLIC AQUÍ

O MUNDO EN GALEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora traen a Rianxo a campaña:     

" O mundo en galego".

O mércores, xoves e venres desta semana pais e nais , nenos e nenas, mestres e bibliotecarios estamos convidados a mergullarnos nos costumes, linguas e culturas doutros pobos sen necesidade de saír da Biblioteca Municipal

Menuda viaxe nos espera!!!

( se queres ter máis información pincha aquí )

Adquisición de libros de texto

A Consellería de Educación ven de abrir un enderezo electrónico con información da nova campaña " Gratuidade solidaria" para a adquisición de libros de texto para o presente curso escolar.

Se queredes consultalo pinchade neste enlace:

Enderezo "Gratuidade solidaria"

Distribuir contido