Instruccións antroido 2.009
No seguinte enlace ubicado en /Taboleiro/, insertaronse as instruccións para o Antroido 2009
- APIs de Blogue
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
Semana Polideportivo
SEMANA POLIDEPORTIVO
2 AO 5 DE FEBREIRO
Luns 2: Capela e Outeiro
Martes 3 Quintáns, Rañó e Abuin
Mércores 4 Cuvide e Cruceiro
Xoves 5 Vacariza e Pazo.
Recollida na 1ª escola ás 9.00 e recollida no poli ás 13.10 (hai que ser moi puntuais).
A profesora de Educación Física
- APIs de Blogue
Aula de música e visita á Biblioteca
(Luns 19de xaneiro de 2.009)
Hoxe tal e como estaba previsto, nenos e nenas do C.R.A., asistiron na sede do C.R.A. en Atalaia - Asados as actividades da Aula de Música e da Biblioteca "Os amigos e amigas de Daniel".
Ao longo de toda a semana e como estaba previsto continuarán as visitas dos alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo.
Momento da aula de música (190109)
Momento de lectura na Biblioteca (190109)
CONVIDACIÓN DE ANO NOVO
Calendario de Actividades complementarias 2º trimestre
No menú Actividades Complementarias está insertado o novo calendario de actividades.
- APIs de Blogue
Axudas immersión lingüísitica
A consellería de Educación ven de convocar axudas para inmersión lingüística para o presente curso 08-09, para alumnos e alumnas de Educación Secundaria e 6º de E. Primaria.
- APIs de Blogue
Presentación do Portal do C.R.A. de Rianxo na Escola de Cruceiro
O día 17 de Decembro as profesoras Paula e Sol, presentaron aos pais e nais da Escola de Cruceiro o Portal do Centro. Sol comentou a configuración xeral do Portal e logo pasou a comentar os contidos da páxina correspondente á Escola de Cruceiro.
A presentación na que estiveron tamén os nenos e nenas que axudaron a Sol na presentación dos contidos resultou un encontro moi agradable e entrañable, no repaso que a profesora fixo polas actividades relfectidas nos contidos da páxina.
A reunión rematou cunha convidación aos pais e nais a participar e a colaborar na páxina, aportando comentarios e suxerencias que axuden a mellorar a páxina, e o Portal do C.R.A. de Rianxo.
Tobías Betanzos Rego
- APIs de Blogue
CONTACONTOS
OLA AMIGOS E AMIGAS:
VIÑERONNOS AVISAR DO CONCELLO QUE ESTE SÁBADO DÍA 13 DE DECEMBRO HABERÁ DÚAS SESIÓNS DE CONTACONTOS, ÁS DEZ E MEDIA E AS DOCE E MEDIA DA MAÑÁN, A CARGO DE CARME DOMECH ( POR CERTO, A CREADORA DA EXPOSICIÓN " BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS ").
OS QUE XA TIVEMOS O PRACER DE VER E ESCOITAR A CARMEN SABEMOS QUE MAÑÁ OFRECERANOS UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA DISFUTAR DOS CONTOS.
NON DEIXEDES DE IR!!
DANIEL.
- APIs de Blogue
" BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS"
ACABO DE RECIBIR A NOVA DE QUE NO RECÉN ESTREADO AUDITORIO DE RIANXO VAISE REALIZAR A EXPOSICIÓN
" BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS "
PROMOVIDA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE.
A EXPOSICIÓN PODERÉMOLA VISITAR DENDE O 1 Ó 29 DE DECEMBRO, DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 10 A 14 H E DE 17 A 20 HORAS.
ISTO SÍ QUE É FANTÁSTICO!!
UNHA APERTA, DANIEL.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- seguinte ›
- última »