CONCERTO
DKD Dúo, formado polos mozos rianxeiros Iago Hermo (Piano) e Antón Alcalde (Percusións) inaugura os concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010 organizados pola Escola de Música de Rianxo.
O concerto de DKD Dúo terá lugar o domingo 7 de marzo ás 19:30 no Auditorio de Rianxo.
- APIs de Blogue
AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS:
SEI QUE LEVADES TRABALLADO MOITO NOS VOSOS CADERNOS DA BIBLIOTECA!!
SEI DOS CONTOS QUE VOS FIXERON RIR, E DOS QUE VOS ASUSTARON, DOS QUE VOS EMOCIONARON E DOS QUE VOS SORPRENDERON...
SEI ISTO POLO QUE ME CONTAN AS VOSAS MESTRAS E MÁIS POLO QUE VEXO NESTE, O NOSO PORTAL.
PERO CHEGOU XA O MOMENTO DE QUE AS PORTAS DA NOSA BIBLIOTECA EN ASADOS VOLVAN ABRIR PARA QUE SEXADES VÓS, COS VOSOS CARNÉS E CADERNOS, QUEN POIDADES CONTÁRNOLO...
...E NÓS ESCOITARÉMOSVOS.
E , UNHA VEZ MÁIS, TODOS XUNTOS DESCUBRIREMOS A MAXIA DOS CONTOS.
(COMO XA LLE PASOU A NOSA PROFESORA E AMIGA ADRIANA.
MIRADE, MIRADE AQUÍ ...)
UNHA APERTA DO VOSO AMIGO
DANIEL
AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA
DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE MARZO, TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. DESPLAZARANSE Á SEDE DO CENTRO ( EN ATALAIA, ASADOS ) PARA REALIZAR AS SESIÓNS TRIMESTRAIS DE MÚSICA E BIBLIOTECA.
- APIs de Blogue
SUSPENSIÓN DA SAÍDA A SANTIAGO
Seguindo indicacións da Consellería de Educación, procedeuse á suspensión da saída dos alumnos e alumnas de primaria a Santiago.
As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorológicos adversos.
Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursaron, entre outras, a seguinte instrución:
Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos
- APIs de Blogue
MUSEO DO POBO GALEGO E CGAC.
O MÉRCORES 24 DE FEBREIRO OS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA DAS ESCOLAS DO C.R.A. FARÁN UNHA VISITA DIDÁCTICA Ó MUSEO DO POBO GALEGO E O CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO, ÁMBOLOS DOUS UBICADOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
- APIs de Blogue
TRONADA
- APIs de Blogue
O TORIBIÑO DI
O TORIBIÑO DI:
O LUNS HABERÁ QUE IR Á ESCOLA CUN MANDIL VESTIDO
O MARTES, TRAER TAMÉN ALGO NO PESCOZO
O MÉRCORES HAI QUE PÓR ADEMAIS ALGO NA CABEZA
O XOVES ENGADIMOS UN POUCO DE PINTURA NA CARA
E O VENRES, TODOS DE CHOQUEIROS !!!
E O QUE DI O TOBIBIÑO,
DITO ESTÁ!
- APIs de Blogue
MIGALLAS
O xoves 4 de febreiro tódalas aulas do C.R.A. de Rianxo desprazaránse ata o Auditorio Municipal para asistir a unha representación teatral.
A compañía pontevedresa "MIGALLAS TEATRO" porá en escena para elas un espectáculo de teatro e cancións baseado no seu disco "¡Canta connosco!"
- APIs de Blogue
A CANDELORIA
En Galicia, a data da candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.
Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
- APIs de Blogue
LIBROS PARA A PAZ
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS
UN ANO MÁIS, NAS ESCOLAS, IMOS CELEBRAR O DÍA DA PAZ.
PARA QUE VOS ACOMPAÑEN NESTAS DATAS TAN IMPORTANTES OFRÉCEVOS ESTA SELECCIÓN DE CONTOS.
|
|
|
|
ESPERO QUE NOS CONTEDES A TODOS SE VOS GUSTARON!
UNHA APERTA DO VOSO AMIGO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- …
- seguinte ›
- última »